Ordes - ORDENANZA FISCAL Nº 2, REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE ACTIVIDADES ECONÓMICAS
Artigo 1º. Normativa aplicable.
Artigo 2º. Coeficiente de ponderación
Importe neto da cifra de negocios (euros) | Coeficiente |
Desde 1.000.000,00 até 5.000.000,00 | 1,29 |
Desde 5.000.000,01 até 10.000.000,00 | 1,30 |
Desde 10.000.000,01 até 50.000.000,00 | 1,32 |
Desde 50.000.000,00 até 100.000.000,00 | 1,33 |
Máis de 100.000.000,00 | 1,35 |
Sen cifra neta de negocio | 1,31 |
Artigo 3º. Coeficiente de situación
1. Sobre a cota resultante da aplicación do coeficiente de ponderación previsto no artigo anterior establécese a seguinte escala de coeficientes que ponderan a situación física do local dentro do termo municipal, atendendo á categoría da rúa na que radique a actividade:
Categoría 1ª: 2,14
Categoría 2ª: 1,61
Categoría 3ª: 1,07
2. Para os efectos de aplicación dos coeficientes sinalados no parágrafo anterior, anexo á presente ordenanza fiscal recóllese o índice alfabético das vías públicas deste municipio con cadansúa categoría fiscal.
3. O coeficiente aplicable a cada local, cando sexan varias as vías públicas a que dea a fachada dun establecemento ou local, tomarase o coeficiente que corresponda á vía de categoría superior
Artigo 4º. Bonificacións
Incremento porcentual do nº de traballadores con contrato indefinido | Bonificación |
Maior a 5% até o 10% | 5% |
Maior do 10% até o 20% | 10% |
Maior do 20% e inferior ao 30% | 15% |
Maior do 30% e inferior ao 50% | 20% |
Maior do 50% | 25% |
Esta bonificación será de aplicación unicamente a aqueles supostos de implantación dunha nova actividade económica ou empresarial, así como a aqueles outros que consistan nunha ampliación das instalacións sempre e cando impliquen creación de emprego.
A gradación da porcentaxe de bonificación aplicarase do xeito seguinte:
De ata un 95% pola creación de máis de 20 postos de traballo.
Cando menos o 75% pola creación de entre 11 e 20 postos de traballo.
Cando menos o 50% pola creación de ata 10 postos de traballo.
Para o cálculo dos postos de traballo estes deben supoñer a ocupación permanente de postos de traballo de nova creación a tempo completo. No caso de seren a tempo parcial o seu cálculo levarase a cabo mediante a equivalencia destes con postos de traballo a tempo completo.
A creación de novos postos de traballo acreditarase mediante a presentación por parte dos interesados das correspondentes altas da Seguridade Social:
No réxime xeral, cando se trate de contratación por conta allea.
No réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos, cando se trate de autoemprego.
No caso de que a creación de novos postos de traballo non poida xustificarse no momento de alta ou no momento de ampliación da actividade no Imposto sobre Actividades económicas xustificarase no prazo máximo de seis meses dende o devandito feito.
O emprego comprometido deberá manterse, cando menos, un período de tres anos desde o inicio ou ampliación da actividade polo suxeito pasivo. Tal circunstancia deberá ser acreditada por este ante os servizos tributarios do Concello dentro dos 15 días hábiles seguintes ao remate de cada ano natural no que se gozou da bonificación. O incumprimento dos requisitos indicados dará lugar ao inicio do correspondente expediente de reintegro
Considerarase implantación dunha nova actividade aquelas actividades que inicien o exercicio da súa actividade no municipio.
A bonificación empezará a contarse a partires do período impositivo no que se produza a alta da actividade no IAE. No suposto de ampliación das instalacións no período impositivo seguinte. A dita bonificación aplicarase por un período de 3 anos.
A dita bonificación concederase a petición do interesado, a cal poderase efectuar en calquera momento anterior á terminación dos 3 períodos impositivos de duración da mesma, e terá efectos no seu caso, dende o período impositivo no que se solicite.
A bonificación regulada neste apartado non será compatible con calquera outra bonificación no imposto.
Corresponderá ao Pleno da Corporación a dita declaración e se acordará previa solicitude do suxeito pasivo polo voto favorable da maioría simple dos seus membros.