Ordes - ORDENANZA FISCAL Nº 2, REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE ACTIVIDADES ECONÓMICAS

Publicación provisional: 21/12/2007 BOP Nº: 293
Publicación definitiva: 21/12/2007 BOP Nº: 293
Aplicable dende: 01/01/2011

Artigo 1º. Normativa aplicable.

O imposto sobre actividades económicas rexerase neste municipio:
a) Polas normas reguladoras do mesmo, contidas no Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais; e polas demais disposicións legais e regulamentarias que complementen e desenrolen dita Lei.
b) Pola presente ordenanza fiscal.

Artigo 2º. Coeficiente de ponderación

Sobre as cotas municipais, provinciais ou nacionais fixadas nas tarifas do imposto aplicarase, en todo caso, un coeficiente de ponderación, determinado en función do importe neto da cifra de negocios do suxeito pasivo.
O dito coeficiente determinarase de acordo co seguinte cadro:
Importe neto da cifra de negocios (euros)
Coeficiente
Desde 1.000.000,00 até 5.000.000,00
1,29
Desde 5.000.000,01 até 10.000.000,00
1,30
Desde 10.000.000,01 até 50.000.000,00
1,32
Desde 50.000.000,00 até 100.000.000,00
1,33
Máis de 100.000.000,00
1,35
Sen cifra neta de negocio
1,31
Aos efectos da aplicación do coeficiente ao que se refire este artigo, o importe neto da cifra de negocios do suxeito pasivo será o correspondente ao conxunto de actividades económicas exercidas por el e determinarase de acordo co previsto no artigo 82.1.c) do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo.

Artigo 3º. Coeficiente de situación

1. Sobre a cota resultante da aplicación do coeficiente de ponderación previsto no artigo anterior establécese a seguinte escala de coeficientes que ponderan a situación física do local dentro do termo municipal, atendendo á categoría da rúa na que radique a actividade:

Categoría 1ª: 2,04

Categoría 2ª: 1,53

Categoría 3ª: 1,02

2. Para os efectos de aplicación dos coeficientes sinalados no parágrafo anterior, anexo á presente ordenanza fiscal recóllese o índice alfabético das vías públicas deste municipio con cadansúa categoría fiscal.

3. O coeficiente aplicable a cada local, cando sexan varias as vías públicas a que dea a fachada dun establecemento ou local, tomarase o coeficiente que corresponda á vía de categoría superior

Artigo 4º. Bonificacións

Sobre a cota do imposto se aplicarán as seguintes bonificacións:
1. As cooperativas, así como as unións, federacións e confederacións de aquelas e as sociedades agrarias de transformación terán a bonificación do 95% prevista na Lei 20/1990, de 19 de decembro, sobre réxime fiscal de cooperativas.
2. Unha bonificación do 50 % da cota correspondente, para os que inicien o exercicio de calquera actividade profesional, durante os cinco anos de actividade seguintes á conclusión do segundo período impositivo de desenvolvemento de aquela. O período de aplicación da bonificación caducará transcorridos cinco anos desde a finalización da exención prevista no artigo 82.1.b do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo.
3. Os suxeitos pasivos que tributen por cota municipal e teñan incrementado o seu número de traballadores con contrato indefinido medio anual durante o período impositivo inmediato anterior ao da aplicación da bonificación, en relación co período anterior a aquel, gozarán da seguinte bonificación sobre a cota tributaria:
Incremento porcentual do nº de traballadores con contrato indefinido
Bonificación
Maior a 5% até o 10%
5%
Maior do 10% até o 20%
10%
Maior do 20% e inferior ao 30%
15%
Maior do 30% e inferior ao 50%
20%
Maior do 50%
25%
Os suxeitos pasivos que, cumprindo os requisitos que se establecen, poidan gozar desta bonificación, deberán presentar a correspondente solicitude dirixida ao Excmo. Sr. presidente da Deputación da Coruña, antes do 31 de marzo do ano correspondente ao período impositivo no que pretendan que teña efecto, achegando a seguinte documentación:
- Memoria comprensiva dos contratos indefinidos subscritos en cada un dos períodos impositivos anteriores ao que deba xurdir efecto a bonificación, referidos, de ser o caso, a cada centro de traballo ou domicilio de actividade a que se refiren as declaracións tributarias sobre as que versa a solicitude de bonificación.
- Copia dos contratos indefinidos comprendidos na citada memoria.
- Certificado/s da Tesourería Xeral da Seguridade Social acreditativos dos extremos sinalados.
A bonificación regulada neste parágrafo aplicarase á cota resultante de aplicar, de ser o caso, as bonificacións sinaladas nos apartados 1 e 2 do presente artigo.
5. Os suxeitos pasivos que instalen sistemas para o aproveitamento de enerxías renovables no local onde se desenrole a actividade económica poderán beneficiarse dunha bonificación sobre a base do custo efectivo da dita instalación, sempre e cando a súa instalación non sexa obrigatoria a tenor da normativa específica na materia.
Ao obxecto da aplicación desta bonificación consideraranse como instalacións de aproveitamento de enerxías renovables as contempladas e definidas como tales no Plan de fomento das enerxías renovables.
A contía desta bonificación será do 10% do custe real da instalación do sistema de aproveitamento, podéndose repartir ao longo dos cinco anos seguintes aos da súa instalación, respectando, en calquera caso, o límite do 25% da cota anual correspondente. Nos casos de inicio de actividade o período sinalado neste parágrafo poderá estenderse aos cinco exercicios posteriores aos de exención do imposto.
A bonificación deberá solicitarse antes do 31 de marzo do exercicio no que deba xurdir efecto.
Xunto coa solicitude, o suxeito pasivo deberá achegar a correspondente factura detallada da instalación, expedida a nome do titular da actividade, un certificado asinado por técnico competente e visado polo respectivo colexio profesional onde se recolla que a instalación non é obrigatoria pola normativa específica na materia

Artigo 5º. Período impositivo e devengo.

1. O período impositivo coincidirá co ano natural, agás cando se trate de declaracións de alta, caso no que abranguerá dende a data de comezo da actividade ata o final do ano natural.
2. O imposto será esixible dende o primeiro día do período impositivo e as cotas serán irredutibles, agás cando, nos casos de declaración de alta, o día de comezo da actividade non coincida co ano natural. Neste suposto, as cotas calcularanse proporcionalmente ao número de trimestres naturais que resten para finalizar o ano, incluído o do comezo da actividade.
Así mesmo, e no caso de baixa por cese no exercicio da actividade, as cotas serán prorrateables por trimestres naturais, excluído aquel no que se produza o dito cese. A tal fin os suxeitos pasivos poderán solicitar a devolución da parte da cota correspondente aos trimestres naturais nos que non se exercera a actividade.
3. Tratándose de espectáculos, cando as cotas estean establecidas por actuacións illadas, o devengo prodúcese pola realización de cada unha delas, debéndose presentar as correspondentes declaracións na forma que se estableza regulamentariamente.

Artigo 6º. Infraccións e sancións.

Para todo o relativo a cualificación de infraccións tributarias e a imposición das sancións correspondentes, rexerá o disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

Disposición derradeira

A presente ordenanza fiscal que consta de cinco artigos, foi aprobada polo Pleno en sesión celebrada o 29 de outubro de 2007, entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2008, permanecendo en vigor até a súa modificación ou derrogación expresa.

Anexo: categorías fiscais das vías públicas municipais:

1. Rúas de 1ª categoría:
A Abastos, Praza de
Acibro, rúa
Aleixandre Bóveda, rúa
Alfonso Senra, rúa
Alfredo Brañas, rúa
Antonio Concheiro, rúa
B Boavista, rúa
C Camilo José Cela, rúa
Campeiras, rúa de
Campeiras, Travesía de rúa de
Campomaior, rúa
Camposanto, rúa
Canteira, rúa
Carnota, rúa
Casabella, rúa
Casabella, Travesía
Castiñeiro, rúa do
Ceidón, Travesía
Cerceda, rúa de
Ciudad Jardín, rúa
Compostela, rúa
Concepción Arenal, rúa
Coruña, rúa
Coruña, Travesía
Costa, rúa da
Curros Enríquez, rúa
E Eduardo Pondal, rúa
F Fábrica, rúa da
Feira, rúa da
Frades, rúa da
Francisco Asorey, rúa
Fonte, rúa da
Fonte, Travesía da
Fonte Estrei, rúa
Fonteseca, rúa de
Freixo, rúa do
G Galicia, rúa de
García Gerpe, rúa
Grande Cobián, rúa
I Iglesia, rúa da
Iván Raña Fuentes, Paseo
J Juan Díaz Porlier, rúa
Juanjo Liñares, rúa
L Lagartos, rúa dos
Lagartos, Prolongación dos
Lagartos, Travesía dos
Laranxal, rúa
Laxeiro, rúa
M Manuel Murguía, rúa
Maside, rúa
Mediodía, rúa
Mercado, rúa
Mesía, rúa
Mestre Alfonso Lesta, rúa
Mestre Nicolás del Río, rúa
Mina, rúa da
Mina, Travesía da
Mirón, rúa do
Muíño, rúa do
Mundito, rúa
N Nova, rúa
O Oroso, rúa de
P Paraíso, rúa
Parque Municipal, rúa
Pascual Veiga, rúa
Pascual Veiga, Prolongación
Penelas, rúa Travesía de
Piñeiro, rúa
Q Quintas, rúa
Quintas, travesía
R Ramón Ferreiro, rúa
Reconciliación, rúa
Recreo, rúa
Regueiro, rúa travesía do
República Argentina, rúa
Reverencia, rúa
Reverencia, travesía
Rosalía de Castro, rúa
S Severo Ochoa, rúa
T Tordoia, rúa de
Trazo, rúa de
V Vista Alegre, rúa
Vista Alegre, travesía
Viriato Lamas, rúa
Víctor González Faya, rúa
2. Rúas de 2ª categoría
- rúa A Quenlla
- rúa Campo da Feira
- rúa Roberto Forján
- rúa Santiago Apóstol
- Nacional 550.
- rúas que conforman o parque empresarial
3. O resto terán a consideración de rúas de 3ª categoría.