Ordes - ORDENANZA FISCAL Nº 2, REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE ACTIVIDADES ECONÓMICAS

Publicación provisional: 21/12/2007 BOP Nº: 293
Publicación definitiva: 21/12/2007 BOP Nº: 293
Aplicable dende: 01/01/2008

Artigo 1º. Normativa aplicable.

O imposto sobre actividades económicas rexerase neste municipio:
a) Polas normas reguladoras do mesmo, contidas no Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais; e polas demais disposicións legais e regulamentarias que complementen e desenrolen dita Lei.
b) Pola presente ordenanza fiscal.

Artigo 2º. Coeficiente de ponderación

Sobre as cotas municipais, provinciais ou nacionais fixadas nas tarifas do imposto aplicarase, en todo caso, un coeficiente de ponderación, determinado en función do importe neto da cifra de negocios do suxeito pasivo.
O dito coeficiente determinarase de acordo co seguinte cadro:
Importe neto da cifra de negocios (euros)
Coeficiente
Desde 1.000.000,00 até 5.000.000,00
1,29
Desde 5.000.000,01 até 10.000.000,00
1,30
Desde 10.000.000,01 até 50.000.000,00
1,32
Desde 50.000.000,00 até 100.000.000,00
1,33
Máis de 100.000.000,00
1,35
Sen cifra neta de negocio
1,31
Aos efectos da aplicación do coeficiente ao que se refire este artigo, o importe neto da cifra de negocios do suxeito pasivo será o correspondente ao conxunto de actividades económicas exercidas por el e determinarase de acordo co previsto no artigo 82.1.c) do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo.

Artigo 3º. Coeficiente de situación

Sobre a cota resultante da aplicación do coeficiente de ponderación previsto no artigo anterior non se aplicará coeficiente de situación.

Artigo 4º. Período impositivo e devengo.

1. O período impositivo coincidirá co ano natural, agás cando se trate de declaracións de alta, caso no que abranguerá dende a data de comezo da actividade ata o final do ano natural.
2. O imposto será esixible dende o primeiro día do período impositivo e as cotas serán irredutibles, agás cando, nos casos de declaración de alta, o día de comezo da actividade non coincida co ano natural. Neste suposto, as cotas calcularanse proporcionalmente ao número de trimestres naturais que resten para finalizar o ano, incluído o do comezo da actividade.
Así mesmo, e no caso de baixa por cese no exercicio da actividade, as cotas serán prorrateables por trimestres naturais, excluído aquel no que se produza o dito cese. A tal fin os suxeitos pasivos poderán solicitar a devolución da parte da cota correspondente aos trimestres naturais nos que non se exercera a actividade.
3. Tratándose de espectáculos, cando as cotas estean establecidas por actuacións illadas, o devengo prodúcese pola realización de cada unha delas, debéndose presentar as correspondentes declaracións na forma que se estableza regulamentariamente.

Artigo 5º. Infraccións e sancións.

Para todo o relativo a cualificación de infraccións tributarias e a imposición das sancións correspondentes, rexerá o disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

Disposición derradeira

A presente ordenanza fiscal que consta de cinco artigos, foi aprobada polo Pleno en sesión celebrada o 29 de outubro de 2007, entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2008, permanecendo en vigor até a súa modificación ou derrogación expresa.