Tordoia - Ordenanza fiscal núm. 13, reguladora do prezo público pola prestación do servicio público da piscina municipal

Publicación provisional: 24/06/1999 BOP Nº: 00
Publicación definitiva: 24/06/1999 BOP Nº: 00
Aplicable dende: 19/06/2018

Artigo 1º.- Concepto.

De conformidade co previsto no artigo 117, en relación co artigo 41.b), ámbolos da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, o concello de Tordoia establece o prezo público pola prestación do servicio público pola utilización da piscina municipal, que se rexerá pola presente ordenanza.

Artigo 2º.- Obrigados ao pago.

Están obrigados ao pago do prezo público regulado nesta ordenanza os que se beneficien dos servicios ou actividades prestados ou realizados por este Concello, a que se refire o artigo anterior.

Artigo 3º.- Contía.

A contía do prezo público regulado nesta ordenanza será fixada na tarifa expresada no apratado seguinte:

1) NON ABONADOS:

- Prezo de entrada na piscina...3,00€

2) BONO INDIVIDUAL (tempada):

a) Residentes no Concello:

Adultos:........................ 6,00€

Nenos ata 12 anos:....... 3,00€

b) Non residentes no Concello:

Adultos:...................... 40,00€

Nenos ata 12 anos:..... 40,00€

3) BONO FAMILIAR: tempada e só para as persoas que estean empadroadas no Concello de Tordoia:................ 10,00€

A condición de abonado adquirirase tras o pagamento do prezo correspondente e a acreditación de estar empadroado no Concello de Tordoia.

Artigo 4º.- Obriga do pago.

1) A obriga do pago do prezo público regulado nesta ordenanza nace dende que se presta ou realice calquera dos servicios ou actividades especificados nos artigos anteriores.

2) O pago do prezo efectuaranse no momento de entrar no recinto da piscina municipal.

DISPOSICIÓN FINAL.-

 A presente ordenanza foi aprobada polo Pleno en sesión celebrada o día 24 de Xuño de 1999 e entrará en vigor o día da súa publicación no boletín oficial da provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.