Tordoia - Ordenanza fiscal núm. 13, reguladora do prezo público pola prestación do servicio público da piscina municipal
Artigo 1º.- Concepto.
De conformidade co previsto no artigo 117, en relación co artigo 41.b), ámbolos da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, o concello de Tordoia establece o prezo público pola prestación do servicio público pola utilización da piscina municipal, que se rexerá pola presente ordenanza.
Artigo 2º.- Obrigados ao pago.
Están obrigados ao pago do prezo público regulado nesta ordenanza os que se beneficien dos servicios ou actividades prestados ou realizados por este Concello, a que se refire o artigo anterior.
Artigo 3º.- Contía.
A contía do prezo público regulado nesta ordenanza será fixada na tarifa expresada no apartado seguinte:
1) NON ABONADOS:
Prezo da entrada na piscina ¿¿¿¿ 2,40 €
2) BONO INDIVIDUAL: mensual
a) Residentes no Concello:
Adultos ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿ 18 €
b) Non residentes no Concello:
Nenos ata 16 anos ¿¿¿¿¿ 9 €Adultos ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿ 30 €
Nenos ata 16 anos ¿¿¿¿¿ 30 €
3) BONO FAMILIAR: (mensual e só para as persoas que estean
empadroadas no Concello de Tordoia):
a) Bono pai ou nai ¿¿¿¿¿¿¿¿. 15 €
b) Cota 1º fillo/a ¿¿¿¿¿¿¿¿¿. 9 €
c) Cota 2º fillo/a ¿¿¿¿¿¿¿¿¿. 6 €
d) Cota 3º fillo/a ( ou máis) ¿¿¿¿.. 0 €
A condición de abonado adquirirase tras o pagamento do prezo correspondente e a acreditación de estar empadroado no Concello de Tordoia.
4) CURSOS DE NATACIÓN: (é obrigatorio estar abonado).
Cursos en xeral ata un máximo de 2 días á semana:
a) Nenos/as ata 16 anos ¿¿¿¿¿.. 6 €/mes
b) Adultos ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿ 12 €/mes.
5) CARNÉ XOVE:
Tódolos xoves que acrediten estar en posesión do carné xove terán un desconto do 25%.
Artigo 4º.- Obriga do pago.
1) A obriga do pago do prezo público regulado nesta ordenanza nace dende que se presta ou realice calquera dos servicios ou actividades especificados nos artigos anteriores.
2) O pago do prezo efectuaranse no momento de entrar no recinto da piscina municipal.