Dodro - ORDENANZA FISCAL Nº 5 REGULADORA DA TAXA POR DOCUMENTOS QUE EXPIDAN OU DE QUE ENTENDAN O CONCELLO OU AS AUTORIDADES LOCAIS, A INSTANCIA DE PARTE

Publicación provisional: 05/03/1999 BOP Nº: 52
Publicación definitiva: 28/04/1999 BOP Nº: 95
Aplicable dende: 18/10/2019

Artigo 1.º.-Natureza e fundamento.

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos do 15 ao 19 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei reguladora das facendas locais, este Concello modifica a Ordenanza fiscal da taxa pola expedición de documentos administrativos e outros servizos municipais, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, atendendo ás súas normas ao prevido no artigo 57 da citada Lei 2/2004.

Artigo 2.º.-Feito impoñible.

1. Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade administrativa desenvolvida con motivo da tramitación, a instancia de parte, de toda clase de documentos que expida e de expedientes de que entende a administración ou as autoridades municipais.

2. Para estes efectos, entenderase tramitada a instancia de parte calquera documentación administrativa que fose provocada polo particular ou redunde no seu beneficio, aínda que non mediara solicitude expresa do interesado.

Artigo 3.º.-Dereito a percepción.

1. Adquirirase o dereito a percepción da taxa e nacerá a obriga de contribuír cando se inicie a actividade municipal que constitúe o feito impoñible. Para estes efectos, entenderase iniciada esta actividade na data de presentación da oportuna solicitude.

2. A obriga de contribuír, unha vez nacida, non se verá afectada polo feito de que non se recoñezan as situacións solicitadas polo interesado. Tampouco se verá afectada a obriga de contribuír pola renuncia ou a desistencia do solicitante unha vez transcorridos dez días dende a presentación da correspondente solicitude.

Artigo 4.º.-Suxeito pasivo.

Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidade a que se refire o artigo 35.4 da Lei xeral tributaria que soliciten, provoquen ou que no seu interese redunde a tramitación do documento ou expediente de que se trate.

Artigo 5.º.-Responsables.

1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 41 e 42 da Lei xeral tributaria.

2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei xeral tributaria.

Artigo 6.º.-Supostos de nun suxeición.

1. Non estarán suxeitos á taxa aqueles contribuíntes que soliciten compulsa de documentos e certificacións requiridas polos propios Servizos Sociais deste Concello.

2. Non se admitirá nesta taxa beneficio tributario ningún que non veña establecido en tratados e acordos internacionais ou en normas con rango de lei ou os derivados da aplicación de tratados internacionais.

Artigo 7.º.-Cota tributaria.

1. A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza dos documentos ou expedientes a tramitar, de acordo coa tarifa que contén o artigo seguinte.

2. A cota da tarifa corresponde á tramitación completa, en cada instancia, do documento ou expediente de que se trate, dende a súa iniciación ata a súa resolución final, incluída a certificación e notificación ao interesado do acordo recaído.

Artigo 8.º.-Tarifa.

A tarifa desta taxa será a seguinte:

1. Por certificación de documentos ou acordos municipais: 13 euros.

2. Pola verificación de poderes que teñan que producir efectos nas oficinas municipais: 11 euros.

3. Por cada certificación que se expida de servizos urbanísticos solicitada a instancia de parte: 21,50 euros.

4. Por cada informe urbanístico que se expida sobre características de terreo, ou consulta para o efecto, de edificación a instancia de parte: 21,50 euros.

5. Por cada fotocopia en branco e negro de documentos que figuren en expedientes administrativos que consten no Arquivo municipal, a primeira folla: 0,85 euros; cada unha das follas seguintes: 0,15 euros.

6. Por cada fotocopia en branco e negro de documentos que figuren no expediente de contratación de obras, subministracións ou servizos, a primeira folla: 1,70 euros; cada unha das follas seguintes: 0,35 euros.

7. Taxa por expedición da licenza municipal para a tenza de animais potencialmente perigosos: 10 euros

8. Taxa por dereitos de exame, pola participación en procedementos de concorrencia competitiva de selección de persoal da Corporación, funcionario ou laboral, calquera subgrupo: 20 euros

9. Taxa por tramitación do expediente necesario para a resolución de declaración de fóra de ordenación de edificacións, construcións e instalacións de conformidade con artigo 90 da lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia. A cota tributaria a esixir nas solicitudes de declaración de fóra de ordenación de edificacións determinarase en función da superficie construída das edificacións, construcións ou instalacións correspondentes, con arranxo ao seguinte cadro:

SUPERFICIE

TAXA A IMPOÑER

0 - 100 m2

122 €

101 - 200 m2

182 €

201 - 500 m2

213 €

501 - 1.000 m2

369 €

A partir de 1.001 m2

581 €

 

10. Taxa por solicitude de licenza urbanística de obra ou pola presentación de declaración responsable ou comunicación previa:

TIPO DE LICENZA

TAXA A IMPOÑER

OBRA MAIOR

157 €

PRESENTACIÓN DE DECLARACIÓN RESPONSABLE OU COMUNICACIÓN PREVIA

60 €

 

11. Taxa por solicitude de licenza de primeira ocupación:

SUPERFICIE

TAXA A IMPOÑER

0 - 100 m2

122 €

101 - 200 m2

182 €

201 - 500 m2

213 €

501 - 1.000 m2

369 €

A partir de 1.001 m2

581 €

 

12.Taxa por solicitude de licenza de parcelacións urbanísticas:

 

TAXA A IMPOÑER

Solicitude

100,00 €

Artigo 9.º.-Percepción.

1. Percíbese a taxa e nace a obriga de contribuír cando se presente a solicitude que inicie a tramitación dos documentos e expedientes suxeitos ao tributo.

2. Nos casos a que se refire o número 2 do artigo 2.º, o dereito á percepción prodúcese cando teñan lugar as circunstancias que provoquen a actuación municipal de oficio ou cando esta se inicie sen previa solicitude do interesado pero redunde no seu beneficio.

Artigo 10.º.-Declaración e ingreso.

1. A taxa esixirase en réxime de autoliquidación, no momento da solicitude ou no intre da presentación de declaración responsable ou comunicación previa, con carácter xeral polo procedemento do selo municipal realizado a través da aplicación do rexistro xeral do Concello (SIGEM), sobre o propio escrito de solicitude da tramitación do documento ou expediente.

2. Os escritos recibidos polos condutos a que fai referencia o artigo 38 da Lei 30/1992, de procedemento administrativo común, que non veñan debidamente reintegrados, serán admitidos provisionalmente, pero non se lle poderá dar curso sen que se emende a deficiencia, e para tal fin se requirirá ao interesado para que, no prazo de dez días, aboe as cotas correspondentes, co apercibimento de que, transcorrido dito prazo sen efectualo, teranse os escritos por non presentados e será arquivada a solicitude.

3. O importe da taxa tamén se poderá esixir mediante o pagamento en efectivo, substituíndose o selo municipal por un recibo duplicado, e un dos exemplares unirase ao escrito e outro á copia que se devolva á persoa interesada.

Artigo 11.º.-Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que a estas correspondan en cada caso, estarase ao disposto na Lei xeral tributaria.

Artigo 12.º.-Exencións fiscais.

Non estarán suxeitos á taxa pola solicitude de licenza urbanística de obra ou pola presentación de declaración responsable ou comunicación previa:

- Os autónomos e empresas que soliciten licenza de obra ou verificación ¿a posteriori" de comunicación previa para levar a cabo a súa implantación no termo municipal, así como para a ampliación dun establecemento empresarial xa existente sempre que implique a creación de novos postos de traballo, cando o seu código CNAE corresponda a algunha actividade económica das incluídas no eido da industria 4.0 ou da Ris3.

Artigo 13.- Bonificacións:

Gozarán de bonificación do 50% do importe da taxa correspondente de dereitos de exame, establecida no punto 8 do artigo 8, as persoas que figuren debidamente inscritas como demandantes de emprego cunha antigüidade de polo menos 6 meses.

Deberá acreditarse debidamente que o solicitante posúe a condición que da dereito á bonificación.

Disposición final

A presente ordenanza fiscal cunha redacción definitiva aprobada polo Pleno da Corporación, entrará en vigor ao día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, mantendo a súa vixencia en tanto non sexa modificada ou derrogada expresamente.