Dodro - ORDENANZA FISCAL Nº 5 REGULADORA DA TAXA POR DOCUMENTOS QUE EXPIDAN OU DE QUE ENTENDAN O CONCELLO OU AS AUTORIDADES LOCAIS, A INSTANCIA DE PARTE

Publicación provisional: 05/03/1999 BOP Nº: 52
Publicación definitiva: 28/04/1999 BOP Nº: 95
Aplicable dende: 21/04/2012

Artigo 1º. Natureza e fundamento

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos do 15 ao 19 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei reguladora das facendas locais, este Concello establece a TAXA POR EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS ADMINISTRATIVOS E OUTROS SERVIZOS MUNICIPAIS, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, atendendo ás súas normas ao prevido no artigo 57 da citada Lei 2/2004.

Artigo 2º. Feito impoñible

1. Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade administrativa desenvolvida con motivo da tramitación, a instancia de parte, de toda clase de documentos que expida e de expedientes de que entende a administración ou as autoridades municipais.

2. Para este efectos, entenderase tramitada a instancia de parte calquera documentación administrativa que fose provocada polo particular ou redunde no seu beneficio, aínda que non mediara solicitude expresa do interesado.

Artigo 3º. Dereito a percepción

1. Adquirirase o dereito a percepción da taxa e nacerá a obriga de contribuír cando se inicie a actividade municipal que constitúe o feito impoñible. Para estes efectos, entenderase iniciada esta actividade na data de presentación da oportuna solicitude.

2. A obriga de contribuír, unha vez nacida, non se verá afectada polo feito de que non se recoñezan as situacións solicitadas polo interesado. Tampouco se verá afectada a obriga de contribuír pola renuncia ou a desistencia do solicitante unha vez transcorridos dez días dende a presentación da correspondente solicitude.

Artigo 4. Suxeito pasivo

Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidade a que se refire o artigo 35.4 da Lei xeral tributaria que soliciten, provoquen ou que no seu interese redunde a tramitación do comento ou expediente de que se trate.

Artigo 5º. Responsables

1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 41 e 42 da Lei xeral tributaria.

2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei xeral tributaria.

Artigo 6º. Supostos de nun suxeición

1. Non estarán suxeitos á taxa aqueles contribuíntes que soliciten compulsa de documentos e certificacións requiridas polos propios Servizos Sociais deste Concello.

2. Non se admitirá nesta taxa beneficio tributario ningún que non veña establecido en tratados e acordos internacionais ou en normas con rango de lei ou os derivados da aplicación de tratados internacionais.

Artigo 7º. Cota tributaria

1. A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza dos documentos ou expedientes a tramitar, de acordo coa tarifa que contén o artigo seguinte.

2. A cota da tarifa corresponde á tramitación completa, en cada instancia, do documento ou expediente de que se trate, dende a súa iniciación ata a súa resolución final, incluída a certificación e notificación ao interesado do acordo recaido.

3. As cotas resultantes por aplicación das anteriores tarifas incrementaranse nun 50% cando os interesados solicitasen con carácter de urxencia a tramitacións dos expedientes, entendendo por urxencia cunha antelación mínima de 24 horas.

Artigo 8º. Tarifa

A tarifa desta taxa será a seguinte:

1. Por certificados de empadroamento do censo de poboación vixente ou de censos anteriores, de convivencia e de residencia: 0,85 euros.

2. Certificación de documentos ou acordos municipais: 12,90 euros.

3. Pola verificación de poderes que teñan que producir efectos nas oficinas municipais: 10,75 euros.

4. Por cada certificación que se expida de servizos urbanísticos solicitada a instancia de parte: 21,50 euros.

5. Por cada informe urbanístico que se expida sobre características de terreo, ou consulta para o efecto, de edificación a instancia de parte: 21,50 euros.

6. Por cada fotocopia en branco e negro de documentos que figuren en expedientes administrativos que consten no Arquivo municipal, a primeira folla: 0,85 euros; cada unha das follas seguintes: 0,15 euros.

7. Por cada fotocopia en branco e negro de documentos que figuren no expediente de contratación de obras, subministracións ou servizos, a primeira folla: 1,70 euros; cada unha das follas seguintes: 0,35 euros.

8. As demais certificacións: 0,85 euros.

9. Taxa por tramitación do expediente necesario para a resolución de declaración de fóra de ordenación de edificacións, construcións e instalacións e, se corresponde, a legalización de usos incompatibles ao abeiro da disposición transitoria 3ª da Lei 2/2010, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002. A cota tributaria a esixir nas solicitudes de declaración de fóra de ordenación de edificacións determinarase en función da superficie construída das edificacións, construcións ou instalacións correspondentes, con arranxo ao seguinte cadro:

SUPERFICIE

TAXA MÁXIMA A IMPOÑER

0 - 100 m2

121,88 €

101 - 200 m2

182,40 €

201 - 500 m2

212,66 €

501 - 1.000 m2

369,04 €

A partir de 1.001 m2

580,86 €

10. Tramitación de denuncias urbanísticas:

TIPO DE LICENZA

TAXA MÁXIMA A IMPOÑER

OBRA MAIOR

81,50 €

OBRA MENOR

46,20 €

11. Taxa por solicitude de licenza urbanística de obra:

TIPO DE LICENZA

TAXA MÁXIMA A IMPOÑER

OBRA MAIOR

157,20 €

OBRA MENOR

61,35 €

12. Taxa por solicitude de licenza de primeira ocupación:

SUPERFICIE

TAXA MÁXIMA A IMPOÑER

0 - 100 m2

121,88 €

101 - 200 m2

182,40 €

201 - 500 m2

212,66 €

501 - 1.000 m2

369,04 €

A partir de 1.001 m2

580,86 €

Artigo 9º. Percepción

1.Percíbese a taxa e nace a obriga de contribuír cando se presente a solicitude que inicie a tramitación dos documentos e expedientes suxeitos ao tributo.

2.Nos casos a que se refire o número 2 do artigo 2º, o dereito á percepción prodúcese cando teñan lugar as circunstancias que provoquen a actuación municipal de oficio ou cando esta se inicie sen previa solicitude do interesado pero redunde no seu beneficio.

Artigo 10º. Declaración e ingreso

1.A taxa esixirase en réxime de autoliquidación, no momento da solicitude, con carácter xeral polo procedemento do selo municipal realizado a través da aplicación do rexistro xeral do Concello (SIGEM), sobre o propio escrito de solicitude da tramitación do documento ou expediente.

2.Os escritos recibidos polos condutos a que fai referencia o artigo 38 da Lei 30/1992, de procedemento administrativo común, que non veñan debidamente reintegrados, serán admitidos provisionalmente, pero non se lle poderá dar curso sen que se emende a deficiencia, e para tal fin se requirirá ao interesado para que, no prazo de dez días, aboe as cotas correspondentes, co apercibimento de que, transcorrido dito prazo sen efectualo, teranse os escritos por non presentados e será arquivada a solicitude.

3.O importe da taxa tamén se poderá esixir mediante o pagamento en efectivo, substituíndose o selo municipal por un recibo duplicado, e un dos exemplares unirase ao escrito e outro á copia que se devolva á persoa interesada.

Artigo 11º. Infraccións e sancións

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que a estas correspondan en cada caso, estarase ao disposto na Lei xeral tributaria.

Disposición final

A presente ordenanza fiscal, cunha redacción definitiva aprobada polo Pleno da Corporación en sesión con data 2 de febreiro de 1999, entrará en vigor ao día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, mantendo a súa vixencia en tanto non sexa modificada ou derrogada expresamente.