Arteixo - ORDENANZA FISCAL Nº 8, REGULADORA DA TAXA POR PRESTACIÓN DO SERVIZO PÚBLICO DO COMPLEXO DEPORTIVO MUNICIPAL DE ARTEIXO, PRESTACIÓN DE SERVIZOS NOUTRAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS E OUTROS SERVIZOS ANÁLOGOS

Publicación provisional: 27/12/2004 BOP Nº: 296
Publicación definitiva: 30/08/2005 BOP Nº: 198
Aplicable dende: 01/01/2020

ARTIGO 1. Fundamento e natureza

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 141 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigo 15 a 19 do R.D.lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, este Concello estabelece a Taxa por prestación do servizo publico municipal de piscina, instalacións deportivas e outros servizos análogos, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, atendendo as súas normas ao disposto no artigo 57 do R.D. lexislativo.

ARTIGO 2. Feito impoñíbel

Constitúe o feito impoñíbel da presente taxa a utilización das instalacións deportivas municipais, prestación de servizos nas referidas instalacións así como a prestación de calquera outro servizo relacionado coa actividade deportiva ou análoga.

ARTIGO 3. Suxeitos pasivos

Son suxeitos pasivos desta taxa, a título de contribuínte, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 36 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria e 23 do R.D. lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, usuarias dos servizos descritos anteriormente.

ARTIGO 4. Responsábeis

1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas a que se refire o artigo 42 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.

2. Serán responsábeis subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.

ARTIGO 5. Cota tributaria

Establécense as seguintes tarifas (importes con base impoñible):

 

A. Uso de pavillón polideportivo ou ximnasio (por hora ou fracción)

21,51 €

B. Uso de campo de fútbol (por hora ou fracción)

26,11 €

 

Gozarán dunha bonificación do 100% do importe da cota tributaria sinalada no artigo 5A e 5B as entidades deportivas sen ánimo de lucro que desenvolvan actividade deportiva regular en Arteixo e que estean incluídas no Rexistro Municipal de Entidades con baixa capacidade económica.

Este beneficio fiscal terá un carácter rogado a solicitude da entidade interesada e con carácter anual nas datas que determine o Servizo Municipal de Deportes. Someterase a informe do Servizo Municipal de Deportes que prestará conformidade se procede, Ao beneficio fiscal que aquí se regula. O informe do Servizo Municipal de Deportes terá en conta a capacidade económica da entidade solicitante, tendo en conta a simulación do pago anual das taxas pola utilizacións das instalacións deportivas municipais, comparando este importe das taxas co resultado económico da súa actividade global no exercicio anterior.

Considerarase que a entidade cumpre co requisito da baixa capacidade económica, se como resultado da simulación do pago anual das taxas pola utilizacións das instalacións deportivas municipais, sae un importe maior que o resultado económico da súa actividade global no exercicio anterior ao da solicitude.

C. COMPLEXO DEPORTIVO MUNICIPAL DE ARTEIXO

* Os importes das taxas pertencentes a complexo deportivo municipal de Arteixo verán incrementada a base impoñible no IVE vixente en cada momento.

 

1. ABONADOS

BASE IMPOÑIBLE

1.1. Matrícula

22,63 €

1.2. Abonado Individual

22,63 €

1.3. Abonado familiar 2 membros

22,63 €

1.4. Abonado familiar 3 membros

26,40 €

1.5. Abonado familiar 4 membros o máis

30,16 €

1.6. Abonado 3ª idade

15,09 €

1.7. Abonado xoven

17,82 €

1.8. Abonado social

10,44 €

1.9. Abonado matinal

15,09 €

 

2. ENTRADAS PUNTUAIS NON ABONADOS

BASE IMPOÑIBLE

2.1. Entrada adulto/a

4,35 €

2.2. Entrada neno/a

1,74 €

 

3. ACTIVIDADES ACUÁTICAS (€/MES POR UNHA SESIÓN SEMANAL)

BASE IMPOÑIBLE

ABONADOS

NON ABONADOS

3.1. Nenos/as

5,22 €

10,44 €

3.2. Persoas adultas

6,09 €

12,18 €

3.3. Bebés

10,44 €

20,87 €

3.4. Terapéutica e 3ª idade

3,48 €

6,96 €

3.5. Grupos

2,61 €

5,22 €

 

As cuotas indicadas son mensuais e corresponden a unha frecuencia de unha sesión semanal. As actividades de frecuencia superior terán o custe proporcional ao número de sesións semanais de impartición da actividade.

4. ALUGUER PISTAS EXTERIORES (1 HORA)

BASE IMPOÑIBLE

SOCIOS OU ABONADOS

NON ABONADOS

4.1. Con luz

9,57 €

*

4.2. Sen luz

6,96 €

*

 

5. CURSOS DE PÁDEL (€/MES)

BASE IMPOÑIBLE

SOCIOS OU ABONADOS

NON ABONADOS

5.1. Grupos de 1 neno/a

34,80 €

*

5.2. Grupos de 2 nenos/as

26,09 €

*

5.3. Grupos de 3 nenos/as

21,75 €

*

5.4. Grupos de 4 ou máis nenos/as

13,05 €

*

5.5. Grupos de 1 persoa adulta

52,20 €

*

5.6. Grupos de 2 persoas adultas

39,14 €

*

5.7. Grupos de 3 persoas adultas

32,62 €

*

5.8. Grupos de 4 ou máis persoas adultas

19,58 €

*

 

*As tarifas propostas corresponden a usuarios abonados. Aquelas persoas que non ostenten a condición de abonados e queiran alugar ou participar en cursos de pádel, deben efectuar previamente o pago da entrada ás instalacións cada vez que se acceda para recibir a clase.

6. OUTRAS ACTIVIDADES

BASE IMPOÑIBLE

ABONADOS

NON ABONADOS

6.1. Adestramentos individualizados (prezo monitor / hora)

19,14 €

23,48 €

6.2. Aqueróbic e outras actividades de fitness de grupos reducidos e/ou personalizados (prezo / mes)

10,44 €

20,87 €

6.3. Campamentos (prezo/día de actividade)

3,48 €

5,22 €

6.4. Aluguer de calles (prezo/45 minutos)

12,18 €

12,18 €

 

7. SOCIOS

BASE IMPOÑIBLE

7.1. Matrícula

21,75 €

7.2. Socio individual

27,84 €

7.3. Socio familiar (todos os fillos ata 17 anos incluídos)

34,80 €

7.4. Suplemento socio familiar por fillo entre 18 e 24 anos incluídos

6,96 €

7.5. Suplemento socio familiar por avó / avoa

8,69 €

 

8.      OUTRAS TARIFAS

BASE IMPOÑIBLE

8.1.     Excedencia matrícula para socios

13,05 €

8.2.     Devolución de recibo bancario

1,74 €

8.3.     Reposición de carnet de acceso

2,61 €

8.4.     Sesión de fisioterapia 50 minutos

24,36 €

8.5.     Sesión de fisioterapia 25 minutos

13,05 €

8.6.     Adestramento de triatlón por sesión á semana para socios (pago mensual)

8,69 €

8.7.     Adestramento de triatlón por sesión á semana para non socios (pago mensual)

13,05 €

ARTIGO 6. Período impositivo e devengo.

O período impositivo coincidirá, nos abonados á piscina municipal, co mes natural, devengándose o primeiro día do período impositivo, sendo as cotas irreducibeis por dito período.

As tarifas que deban satisfacer os non abonados á piscina municipal devengaranse instantaneamente no momento de acceder ás instalacións ou de formular a solicitude, se de actividades se tratara.

O período impositivo, nos cursos impartidos na piscina municipal, e naqueloutros impartidos pola entidade xestora da piscina municipal, coincidirá co período de desenvolvemento do curso, devengándose o primeiro día do período impositivo, sendo as cotas irreducibeis por dito período.

Nas restantes instalacións deportivas e pola prestación de servizos sinalados na presente ordenanza, o período impositivo coincidirá co período solicitado polo suxeito pasivo para a utilización da instalación deportiva, devengándose a taxa no momento de formalizar a solicitude.

ARTIGO 7. Normas de xestión

1. Mensualmente, polos servizos encargados da xestión do Complexo Deportivo Municipal de Arteixo, elaborarase un padrón municipal de aboados para o cobro mensual das correspondentes cotas tributarias. O impago das mesmas ocasionará a imposibilidade de acceso á Piscina. Acumulados tres recibos pendentes de cobro, o aboado causará baixa no Padrón, debendo, no caso de nova solicitude de aboado á piscina, aboar a cota de entrada correspondente.

2. Nas restantes instalacións e prestación de servizos, esixirase a autoliquidación do importe da taxa. As devolución que procedan por falta de prestación do servizo por causas non imputábeis ao contribuínte, tramitaranse polo procedemento que rexe o reintegro de pagos indebidos. Prestado o servizo, a cantidade ingresada en concepto de autoliquidación será aplicada ao importe definitivo da taxa, esixíndose, no seu caso, a maior contía que resulte.

3. A utilización das instalacións referidas nesta ordenanza, solicitaranse por escrito dirixido ao Servizo Municipal de Deportes, cos datos do solicitante, así como da persoa, equipa, entidade ou asociación que vaia facer uso das instalacións. Na mesma sinalarase, ademais, a persoa responsábel do bo uso destas e a data e tempo da utilización do servizo de que se trate. Presentada a instancia, resolverase sobre a procedencia da utilización, que deberá ser motivada, no suposto que fora denegatoria.

4. No caso de tratarse de actos ou actuacións extradeportivas por sociedades, partidos políticos ou outros espectáculos artísticos de índole non deportiva, serán resoltos pola Alcaldía, que en todo caso poderá solicitar os informes correspondentes do Servizo Municipal de Deportes. Dita resolución sobre a procedencia ou improcedencia de conceder a autorización para usar as instalacións, será notificada aos interesados e aos servizos encargados da súa execución.

5. O Concello de Arteixo, previo informe do Servizo Municipal de Deportes, poderá esixir unha fianza para responder dos posíbeis desperfectos que se poidan producir nas instalacións deportivas, agás cando se trata da Complexo Deportivo Municipal de Arteixo ou das escolas deportivo municipais. A devolución da anterior garantía resolverase, previo informe do Servizo Municipal de Deportes, acreditativo de que non foron causados danos nas instalacións municipais ou se estes foran causados, que xa se teñan reparados.

ARTIGO 8. Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan, estarase ao disposto nos artigos 183 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.

DISPOSICION ADICIONAL

As tarifas anteriores serán incrementadas anualmente no IPC.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente Ordenanza Fiscal, que consta de oito artigos,unha disposición adicional e unha disposición final.

A presente modificación foi aprobada polo Concello Pleno en sesión celebrada o dia . Entrará en vigor, ao día seguinte da súa publicación integra no Boletín Oficial da Provincia, e comenzará a aplicarse o día 1 de xaneiro de 2020, permanecendo en vigor ate a súa modificación ou derogación expresas.