Cerceda - ORDENANZA FISCAL Nº22 REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACION DO SERVICIO DA ESCOLA INFANTIL.

Publicación provisional: 09/10/2008 BOP Nº: 233
Publicación definitiva: 12/12/2008 BOP Nº: 285
Aplicable dende: 05/10/2020

Artigo 1 Obxecto

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, Reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 41 a 44, en relación co artigo 20 do Real Decreto 2/2004, do 5 de marzo polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, o Concello de Cerceda establece a taxa pola prestación do servizo da escola infantil municipal que se rexerá pola seguinte ordenanza fiscal.

Artigo 2. Suxeitos obrigados/as

Están obrigados ao pagamento das cantidades que se establecen como taxa as/os nais/pais dos menores matriculados na escola infantil Os Pillabáns, no seu defecto, os/as familiares ou titores/as legais a quen corresponda o exercicio da patria potestade.

Artigo 3.- Pagamento

1. O pagamento das cotas, sen prexuízo do establecido no recollido na suspensión temporal da cota, realizarase mensualmente nos dez primeiros días naturais do mes a que correspondan. Nos casos en que o ingreso no centro se produza con posterioridade ao día primeiro do mes, a cota correspondente ao dito mes ingresarase nos dez días naturais seguintes á data de ingreso. Cando por circunstancias sobrevidas (solicitude fóra de prazo, traslado de residencia, etc.), o/a neno/a ingrese no centro con posterioridade ao día 15 do mes, a cota que corresponda pagar polo dito mes pro ratearase nun 50 por cento.

2. No caso de utilizar o servizo de comedor por días soltos, realizarase o pagamento deste servizo xunto coa cota do mes seguinte.

3. Salvo o disposto no artigo 6 desta ordenanza, a falta de asistencia da nena ou do neno ao centro non supón redución nin exención da cota mentres non se formalice a baixa correspondente.

4. A falta de pagamento de dúas mensualidades consecutivas ou tres alternas, sen prexuízo da súa exixencia polo procedemento administrativo de constrinximento, orixinará a perda do dereito á praza.

Artigo 4.- Regras e definicións para a determinación do importe que se vai a pagar.

Para a determinación do importe mensual que van pagar as persoas obrigadas ao pagamento da taxa determinados no anexo desta ordenanza fiscal, teranse en conta as especificacións recollidas no dito anexo. Para os efectos da aplicación do anexo, a renda per cápita mensual da unidade familiar computarase segundo as seguintes regras:

a) Entenderase por unidade familiar a formada polos cónxuxes non separados legalmente e:

i. Os/as fillos/as menores, con excepción dos que, con consentimento dos/as pais/nais, vivan independentes destes/as.

ii. Os/as fillos/as maiores de idade incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

iii. Os/as fillos/as maiores de dezaoito anos cun grao de discapacidade superior ao 33 por cento.

A determinación dos membros da unidade familiar realizarase atendendo á situación existente a data 31 de decembro do ano a que se refiran os datos económicos a que se refiren as seguintes regras.

b) Tomarase o importe dos ingresos totais da unidade familiar, que será o resultado da agregación das rendas que consten na Axencia Tributaria no exercicio anterior a aquel en que dea comezo o curso escolar, de cada un dos membros da unidade familiar, calculadas por agregación da base impoñible xeral coa base impoñible do aforro, calculadas segundo os criterios establecidos na normativa do imposto sobre a renda das persoas físicas.

O importe dos ingresos totais da unidade familiar será acreditado, mediante a autorización ó Concello de Cerceda para recadar os datos da Axencia Tributaria, no caso de non prestar autorización, a persoa interesada achegará xunto coa solicitude a copia cotexada da declaración do IRPF ou o certificado emitido pola Axencia Tributaria relativo ás rendas do exercicio anterior a aquel en que dea comezo o curso escolar.

Cando se produzan causas sobrevidas que afecten aos recursos poderán presentarse outros documentos que acrediten oficialmente a situación económica, sempre que cando as variacións de ingresos supoña unha diminución ou incremento de mais do 20 % no cómputo anual fronte aos que figuren na declaración do IRPF correspondente ao exercicio económico, ditas variacións deberán ter unha duración mínima de 4 meses para ser tomadas en consideración.

c) O importe anterior dividirase polo número de membros computables da unidade familiar.

No caso de familias monoparentais, incrementarase nun 0,8 o número real de membros que compoñen a unidade familiar. Entenderase por familia monoparental a unidade familiar a que se refire a letra a) cando formase parte dela un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa con que manteña unha relación análoga á conxugal e sempre que o outro proxenitor ou proxenitora non contribúa economicamente ao seu sustento.

d) A renda per cápita mensual será o resultado de dividir o importe anterior entre doce.

Artigo 5.- Suspensión temporal da cota

1. Os suxeitos obrigados a que fai referencia o artigo 2 non terán a obriga de aboar a cota correspondente á atención educativa e ao servizo de comedor, almorzo e merenda, durante os seguintes períodos

a) O mes de vacacións anual da/o nena/o, sempre que o/a menor esta matriculado no curso completo.

No caso de que se soliciten vacacións partidas a exención aplacaráselle ao cumprir o requisito dun mes completo, entendendo por mes 30 días naturais. En caso comunicado, xustificado e aceptado polo departamento de servizos sociais de non coller o mes de vacacións, implica a non suspensión da cota.

A estes efectos, por curso completo entenderase o desfrutado polos nenos e nenas que estean matriculados dende setembro ata agosto.

b) Cando por calquera motivo distinto ao período de vacacións anuais o centro permaneza pechado por un período superior a quince días naturais.

En ambos os dous casos a suspensión realizarase de oficio.

2. Os suxeitos obrigados a que fai referencia o artigo 3 non terán a obriga de aboar a cota correspondente ao servizo de comedor, almorzo e merenda, cando por causa debidamente comunicada, xustificada e aceptada polo departamento de servizos sociais a/o nena/o deixe de asistir temporalmente ao centro. Neste caso, a suspensión da cota terá lugar desde o primeiro día do mes natural seguinte á data da falta de asistencia ao centro e durará ata o día primeiro do mes natural en que teña lugar a reincorporación da/o nena/o ao centro.

Non obstante, se a reincorporación se produce con posterioridade ao día 15 do mes, a cota do comedor correspondente ao dito mes reducirase nun 50 por cento.

A solicitude de suspensión da cota correspondente a este servizo, xunto coa acreditación documental da circunstancia que a motiva, deberá presentarse no Rexistro Xeral do Concello ,e resolverase sobre a procedencia da exención.

Nestes casos de suspensión temporal, o pagamento correspondente ao mes de reincorporación realizarase no prazo dos dez días naturais seguintes á data de reincorporación. Así mesmo, nos casos en que o órgano competente acorde a non procedencia da suspensión solicitada, o suxeito obrigado deberá ingresar as cotas atrasadas no prazo dos dez días naturais seguintes á notificación da resolución denegatoria.

Artigo 6.- Revisión de prezos

Ao longo do curso poderase proceder á revisión do prezo inicialmente, cando concorran e se xustifiquen variacións socioeconómicas na unidade familiar referidas aos seguintes casos:

- A modificación das circunstancias que determinan os descontos recollidos nesta normativa.

- As variacións nos seus ingresos que impliquen unha modificación substancial na súa capacidade económica actual.

Soamente se terán en conta as variacións que supoñan unha diminución ou incremento de máis dun 20 % no computo anual fronte os ingresos declarados na solicitude de praza ou, de ser o caso, nunha variación posterior. Estas variacións deberán ter unha duración como mínimo de 4 meses para ser tomadas en consideración e xustificaranse por medio da declaración do IRPF, dun certificado emitido pola AEAT ou por calquera outro documento, que a xuízo do órgano competente xustifique e permita un novo cálculo da renda per cápita da unidade familiar.

- A variación do número de membros da unidade familiar.

Neste sentido a persoa beneficiaria queda obrigada a comunicar calquera variación que se produza ao respecto.

A modificación da taxa de ser o caso, será resolta polo órgano competente, e aplicarase a partir do primeiro día do mes natural seguinte ao data correspondente de solicitude.

ANEXO

1. Prezo da atención educativa.

O prezo pola atención educativa en xornada completa na escola infantil fíxase en 169,26 € mensuais.

Segundo a renda per cápita mensual da unidade familiar, sobre este prezo aplicaranse as reducións que se especifican no número 3 deste anexo.

Cando o alumno ou alumna teña solicitada e concedida unha praza en réxime de media xornada, o prezo da atención educativa reducirase no trinta por cento do prezo que lle corresponda aboar por matricula en xornada completa, de acordo coa renda per cápita da unidade familiar.

No caso de que a matriculación, en número de horas, sexa superior a media xornada e inferior a xornada completa. O prezo será o correspondente a suma da media xornada e as horas extras.

2. Prezo por servizos complementarios.

a) Servizo de comedor.

O prezo por este servizo fíxase en 74,05 € mensuais.

Segundo a renda per cápita mensual da unidade familiar, sobre este prezo aplicaranse as reducións que se especifican no número 3 deste anexo.

No caso de nenos/as que non utilicen habitualmente o servizo de comedor e que excepcionalmente e por motivos xustificados desexen utilizalo algún día solto, o prezo será de 4,23 € por día.

O prezo de comedor por días soltos non estará suxeito a ningunha redución.

b) Servizo de almorzo.

O prezo por este servizo fíxase en 8,25 € mensuais.

Segundo a renda per cápita mensual da unidade familiar, sobre este prezo aplicaranse as reducións que se especifican no número 3 deste anexo.

No caso de nenos/as que non utilicen habitualmente o servizo de almorzo e que excepcionalmente e por motivos xustificados desexen utilizalo algún día solto, o prezo será de 1,03 € por día.

O prezo de almorzo por días soltos non estará suxeito a ningunha redución.

c) Servizo de merenda.

O prezo por este servizo fíxase en 8,25 € mensuais.

Segundo a renda per cápita mensual da unidade familiar, sobre este prezo aplicaranse as reducións que se especifican no número 3 deste anexo.

No caso de nenos/as que non utilicen habitualmente o servizo de merenda e que excepcionalmente por motivos xustificados desexen utilizalo algún día solto, o prezo será de 1,03 € por día.

O prezo de merenda por días soltos non estará suxeito a ningunha redución.

d) Horario amplo.

Enténdese por horario amplo a atención dos nenos e nenas por parte do centro polo menos durante 10 horas diarias ininterrompidas, sen embargo, evitarase que a nena/o prolongue a súa estancia no centro máis de 8 horas diarias, salvo en circunstancias excepcionais, que deberán ser xustificadas.

O prezo mensual de cada hora en que se incremente o horario da atención educativa, adxudicado ao usuario ou usuaria será de 21,16 € por hora engadida por mes, tanto a media xornada como a xornada completa.

O prezo do horario amplo non estará suxeito a ningunha redución.

e) Hora extra.

Entendendo por tal aquela que non está recollida na matrícula. O prezo de cada hora extraordinaria é de 3,20 euros, non estará suxeito a ningunha redución.

3. Aplicación das taxas mensuais segundo os tramos de renda per cápita da unidade familiar:

 

Atención educativa

€/mes

Xantar

€/mes

Almorzo

€/mes

Merenda

€/mes

Rendas < 30% IPREM

0,00

0,00

0,00

0,00

Rendas entre o 30 % e o 50 % do IPREM

0,00

17,45

2,11

2,11

Rendas entre o 50 % e o 75 % do IPREM

34,91

17,45

3,18

3,18

Rendas entre o 75 % e o 100 % do IPREM

69,81

26,45

4,23

4,23

Rendas entre o 100 % e o 125 % do IPREM

112,13

37,25

5,29

5,29

Rendas entre o 125 % e o 150 % do IPREM

133,29

52,89

6,34

6,34

Rendas entre o 150 % e o 200 % do IPREM

147,05

63,47

7,40

7,40

Rendas superior ó 200 % IPREM

169,26

74,05

8,47

8,47

4. Descontos.

1. Pola matriculación do segundo fillo/a e sucesivos/as da unidade familiar aplicarase un desconto do 100% sobre a tarifa correspondente da atención educativa.

2. Segundo as circunstancias da unidade familiar, sobre o prezo que resulte de aplicar polo uso do servizo do comedor, aplicaranse os seguintes descontos que non son acumulables entre si:

a) Familias numerosas, desconto do 20 %

b) Familias monoparentais, desconto do 20 %.

c) Cando asistan ao mesmo centro varios irmáns, o segundo e sucesivos terán un desconto dun 20 %.

d) As familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 7.500,00 €, terán unha exención total da cota a partir do segundo/a fillo/a e sucesivos/as que acudan a mesma escola infantil.

e) As familias acolledoras con medida de tutela ou garda, terán unha exención total da cota.

3. Para a aplicación dos descontos teranse en conta as circunstancias concorrentes no momento de presentación da solicitude de praza na escola infantil 0-3, que deberán ser xustificadas documentalmente