Índice
Cerceda - ORDENANZA FISCAL Nº22 REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACION DO SERVICIO DA ESCOLA INFANTIL.
Publicación provisional:
09/10/2008
BOP Nº:
233
Publicación definitiva:
12/12/2008
BOP Nº:
285
Aplicable dende:
01/09/2012
Artigo 1.- Fundamento legal.
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106, da Lei 7/1985, Reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19, en relación co artigo 20 do Real Decreto 2/2004, de 5 de marzo polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora Das Facendas Locais, o Concello de Cerceda establece a taxa pola prestación do servicio da escola infantil municipal que se rexerá pola presente ordenanza fiscal.
Artigo 2.- Feito imponible.
Constitúe o feito imponible da taxa a prestación do servicio da escola infantil municipal.
Artigo 3.- Suxeitos pasivos.
Son suxeitos pasivos da taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas que resulten beneficiadas ou afectadas pola actividade administrativa ou servicio que constitúe o feito imponible desta taxa.
Tendo en conta que os usuarios do servicio gravado por esta taxa son menores de idade que non teñen capacidade de obrar, actuarán no seu nome, cos efectos previstos na Lei Xeral Tributaria, os seus pais, titores, ou calqueira outro representante legal.
Artigo 4.-Responsables.
Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas ou xurídicas que son causantes ou colaboran na realización dunha infracción tributaria.
Artigo 5.- Estimación das rendas, tarifas, descontos e exencións.
Este baremo adáptase ó publicado pola consellería de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude a través do Decreto 70/2002, de 28 de febreiro, polo que se aproba o réxime de prezos dos centros de atención á primeira infancia dependentes de dita Consellería (DOG número 52, de 13 de marzo de 2002), que rexerán mentres que non existan modificacións posteriores
Artigo 6.- Base impoñible.
6.1 A base impoñible virá determinada pola renda per cápita mensual, entendendo por tal o resultado de dividir polo número de persoans que compoñen a unidade familiar o cociente resultante de dividir por doce a suma dos ingresos totais da unidade failiar.
Enténdese por unidade familiar a formada polos pais e fillos menores de dezaoito anos ou fillos maiores de dezaoito anos, cunha minusvalía superior ó 33 por cento. No caso de familias monoparentais, e para os efctos do cálculo da renda per cápita, incrementaranse nun 0,8 ó número real de membros que compoñen a unidade familiar.
Para os efectos, ten a consideración de ingresos a suma da parte xeral mais a parte especial da base impoñible, previas á aplicación do mínimo personal e familiar do impoto sobre a renda das persoas físicas.
6.2 Para os efectos deste regulamento, ten a consideración de ingresos a suma da parte xeral máis a parte especial da base impoñible, previas á aplicación do mínimo persoal e familiar do imposto sobre a renda das persoas físicas.
Para as persoas non obrigadas a declarar, as bases impoñibles a que se fai referencia obteranse como resultado de lles aplicar ós datos existentes na Administración os criterios da lexislación do imposto sobre a renda das persoas físicas.
Para as persoas non obrigadas a declarar, as bases impoñibles a que se fai referencia obteranse como resultado de lles aplicar ós datos existentes na Administración os criterios da lexislación do imposto sobre a renda das persoas físicas.
Artigo 7. Tarifas
7.1. Tarifas
Ingresos | Asistencia | Xantar | Almorzo | Merenda | Hora ampliada | Matricula* | |
Xornada partida/horario intensivo | Media Xornada maña/tarde | ||||||
- 30 % IPREM | 0,00 | 0,00 | 0,00 | 0,00 | 0,00 | 0,00 | Só seguro escolar |
30% a 50 % IPREM | 0,00 | 10,00 | 16,50 | 4,00 | 4,00 | 6,87 | 15,00 |
50% a 75 % IPREM | 33,00 | 25,00 | 16,50 | 4,00 | 4,00 | 6,87 | 20,00 |
75% ao 100% do IPREM | 66,00 | 55,00 | 16.50 | 6,00 | 6,00 | 6,87 | 30,00 |
100 % ao 150 % do IPREM | 99,00 | 80,00 | 33,00 | 8,00 | 8,00 | 13,75 | 50,00 |
+150 % do IPREM | 110,00 | 95,00 | 33,00 | 8,00 | 8,00 | 13,75 | 50,00 |
7.2. Situacións especiais
- Para os nenos e nenas que non empreguen habitualmente o servizo de xantar e que desexen utilizalo algún día con carácter solto o prezo será:
- 2,00 euros/día, no caso duns ingresos superiores ao 100 % do IPREM
- 1,00 euros/día, no caso dun ingreso superiores ao 30 % do IPREM e inferiores ao 100 % do IPREM.
- 0,00 euros/día, no caso dun ingreso inferior ao 30 % do IPREM.
- Para os nenos e nenas que non empreguen habitualmente o servizo de almorzo ou merenda e que desexen utilizalo algún día con carácter solto o prezo será:
- 0,00 euros/día, no caso dun ingreso inferioes ao 30 % do IPREM .
- 0,50 euros/día, no caso dun ingreso superiores ao 30 % do IPREM ata o 100 % do IPREM.
- 1,00 euros/día, no caso dun ingreso superiores ao 100 % do IPREM.
- Por uso de ¿horas extraordinarias" non contempladas na matricula, será de:
- 0,00 €/hora, para ingresos inferiores ao 30 % do IPREM.
- 1,00 €/hora, para ingresos superiores ao 30 % do IPREM e inferiores ao 100 % do IPREM.
- 2,00 €/hora, para ingresos superiores ao 100 % do IPREM.
7.3. Descontos
Segundo as características sociofamiliares aplicarasen os seguintes descontos sobre as tarifas contempladas no apartado 6.1:
7.3.1. Nenos/as pertencentes a familia numerosas: desconto do 20 %
7.3.2. Nenos/as pertencentes a familia monoparentais: desconto do 20 %
7.3.3. Cando asistan ao centro varios irmáns, desconto dun 20 % por cada neno/a atendido/a. No caso de que estes irmáns nacesen en parto múltiple, o desconto será dun 30% por cada neno/a.
Os descontos anteriores, cando se dean nunha mesma persoa, serán acumulables.
Cando por circunstancias sobrevidas (solicitude fóra de prazo, traslado de residencia...), o neno/a ingrese no centro con posterioridade ó día 15 de mes, a cota que corresponda pagar polo dito mes terá un desconto dun 50 %.
Cando por circunstancias alleas ao usuario non se presten os servizos, descontarase do recibo seguinte a contía correspondente aos días no que os ditos servizos non se prestaron. Non se entenden aquí incluídos os días festivos e/ou non lectivos.
Artigo 8. Obrigado/as ó pagamento.
Están obrigados ó pagamento das cantidades que se establecen como prezo os pais/nais dos/as menores en situación de alta na escola infantil municipal de Cerceda ¿Os Pillabáns", no seu defecto, os/as familiares ou titores/as legais a quen corresponda o exercicio da patria potestade.
Artigo 9.-Pagamento.
9.1. O pagamento das cotas realizarase mensualmente nos dez primeiros días do mes a que correspondan. Nos casos en que o ingreso no centro se produza con posterioridade ó día primeiro do mes, a cota correspondente ó dito mes ingresarase nos dez días seguintes ó da data de ingreso.
9.2. No caso de utilización do servicio de comedor por días soltos, realizarase o pagamento deste servicio xunto coa cota do mes seguinte.
9.3. A falta de asistencia do neno/a ó centro non supón reducción nin exención da cota mentres non se formalice a baixa correspondente.
9.4. A falta de pagamento de dúas mensualidades consecutivas ou tres alternas orixinará a perda do dereito á praza.
Artigo 10.Suspensión temporal da cota.
Os/as suxeitos/as obrigados ós que fai referencia o artigo 8 non terán a obriga de aboar a cota durante os seguintes períodos:
a) O mes de vacacións anual do neno/a.
b) Cando, por calquera motivo distinto ó período de vacacións anuais, o centro permaneza pechado un período superior a quince días.
c) Cando, por causa debidamente xustificada, o neno/a deixe de asistir temporalmente ó centro. Neste caso, o/a suxeito obrigado/a estará exento de aboa-la cota mensual desde o primeiro día do segundo mes natural seguinte ó da data de ausencia ó centro. A suspensión da cota durará ata o día primeiro do mes natural en que teña lugar a reincorporación do neno/a ó centro. Non obstante, se a reincorporación se produce con posterioridade ó día 15 do mes, a cota correspondente ó dito mes reducirase nun 50 por cento.
A solicitude de suspensión de cota, xunto coa acreditación documental da circunstancia que a motiva, deberá presentarse no rexistro do Concello de Cerceda, que resolverá sobre a procedencia da suspensión.
Nos casos de suspensión temporal da cota, o pagamento correspondente ó mes de reincorporación realizarase no prazo de dez días seguintes ó da data de reincorporación. Así mesmo, nos casos en que a Comisión de Valoración acorde a non procedencia da suspensión solicitada, o/a suxeito/a obrigado/adeberá ingresa-las cotas atrasadas no prazo de dez días seguintes ó da notificación da resolución denegatoria.
Artigo 11.- Infraccións e sancións.
En materia de infraccións e sancións estarase ó disposto na Lei Xeral Tributaria e nas disposicións que a complementen e desenvolva.
Disposición final.
A presente ordenenza fiscal entrará en vigor unha vez publicada no Boletín Oficial da Provincia e comezará a aplicarse a partir do día seguinte, permanecendo vixente ata que se acorde asúa derogación ou modificación expresa.