Irixoa - ORDENANZA FISCAL Nº 3 REGULADORA DA TAXA POR EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS ADMINISTRATIVOS

Publicación provisional: 21/11/1989 BOP Nº: 267
Publicación definitiva: 21/11/1989 BOP Nº: 267
Aplicable dende: 20/02/2021

Artigo 1. Fundamento e natureza

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, do Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, este concello establece a taxa por expedición de documentos administrativos que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, cuxas normas atenden ao previsto no artigo 57 do citado texto refundido.

Artigo 2. Feito impoñible

1. Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade administrativa desenrolada co motivo da tramitación, a instancia de parte, de todas clases de documentos que expida e de expedientes de que entenda a administración ou as autoridades municipais.

2. A estes efectos, entenderase tramitada a instancia de parte calquera documentación administrativa que fose provocada polo particular ou redunde no seu beneficio, aínda que non mediase solicitude expresa do interesado.

3. Non estará suxeita a esta taxa a tramitación de documentos e expedientes necesarios para o cumprimento de obrigas fiscais, así como as consultas tributarias, os expedientes de devolución de ingresos indebidos, os recursos administrativos contra resolucións municipais de calquera índole e os relativos á prestación de servizos ou realización de actividades de competencia municipal e a utilización privativa ou o aproveitamento especial de bens do dominio público municipal, que estean gravados por outra taxa municipal ou polos que se esixa un prezo público por este concello.

4. Non estará suxeita a esta taxa a tramitación de documentos e expedientes na sede electrónica do concello, agás que polo seu contido teñan aparellada unha taxa ou tarifa específica, en especial non estarán suxeitos a tributación os seguintes trámites:

- certificados e volantes de empadroamento.

- certificados e informes de datos individualizados dos padróns, matrículas, censos e outros documentos tributarios e de ingresos públicos.

- recibos de presentación no rexistro electrónico da Administración.

- certificados de actas e acordos municipais, así como a notificación dos mesmos.

- actos de trámite e administrativos sobre requirimento de emenda de defectos, así como información relativa á duración do procedemento e o sentido do silencio administrativo.

- intercambio de información, documentación e certificación con outras administracións, entidades e institucións públicas.

- outros de carácter similar.

Artigo 3. Suxeito pasivo

Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 35 da Lei Xeral Tributaria que soliciten, provoquen ou en cuxo interese redunde a tramitación do documento ou expediente de que se trate.

Artigo 4. Responsables

1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 41 e 42 da Lei Xeral Tributaria.

2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades ou entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei Xeral Tributaria.

Artigo 5. Exencións subxectivas

Non se establecen exencións subxectivas, agás as establecidas por normativa estatal ou autonómica.

Artigo 6. Cota Tributaria

1.- A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza dos documentos ou expedientes a tramitar, de acordo coa tarifa que contén o artigo seguinte.

2.- A cota de tarifa corresponde á tramitación completa, en cada instancia, do documento ou expediente de que se trate, desde a súa iniciación ata a súa resolución final, incluída a certificación e notificación ao interesado do acordo recaído.

3.- As cotas resultantes por aplicación das anteriores tarifas incrementaranse nun 50% cando os solicitados solicitasen con carácter de urxencia a tramitación dos expedientes que motivases o devengo.

Artigo 7. Tarifas

A tarifa á que se refire o artigo anterior estrutúrase nos seguintes epígrafes:

Epígrafe primeiro: poboación e estatística.

1. Certificados de empadroamento (individuais, colectivos, etc.): 2 euros.

2. Certificados de residencia: 2 euros.

3. Informes de convivencia: 2 euros.

4. Outros documentos certificantes ou informantes sobre o tema: 2 euros.

Epígrafe segundo: documentos de expedientes administrativos, fotocopias e compulsas.

1. Comparecencias e certificados testificais: 5 euros.

2. Fotocopia ordinaria, por páxina: 0,10 euros en A4 e 0,15 € en A3.

3. Fotocopia de documento existente no arquivo histórico, por páxina: 0,15 euros.

4. Instancias que impliquen resposta administrativa a remitir por correo (e non comporten outro tipo de taxa, que anularía a deste epígrafe): 1 euro; cando a instancia implique denuncia de terceiros: 60 €.

5. Compulsa dunha páxina ordinaria fotocopiada: 1 euro (agás cando a fotocopia sexa de documentación relativa ó saneamento gandeiro, que queda exenta de tributación).

6. Compulsa dunha páxina fotocopiada do arquivo histórico: 3 euros.

7. Compulsa conxunta de 2-9 páxinas: 2 euros.

8. Compulsa conxunta de 10 ou máis páxinas: 3 euros, máis 0,10 euros por páxina engadida.

9. Documentos expedidos a interesados particulares, mediando tramitación de informe técnico ou da Alcaldía: 5 €.

10. Expedición doutro tipo de documentos non especificados nos epígrafes anteriores: 3 euros

Epígrafe terceiro: concesións e licenzas.

1. Autorización de substitución de vehículos de autoturismo (taxi): 10 euros

2. Permisos de festas, por día: 5 euros

3. Outros non especificados (e sen taxa específica): 3 euros

Epígrafe cuarto: urbanismo (independente e compatible coa taxa por licenzas).

1. Por cada licenza planeada sobre o terreo: 15 euros.

2. Informe sobre réxime urbanístico de terreo, por unidade catastral: 10 euros.

3. Certificación de antigüidade de vivenda e non existencia de expedientes de infracción urbanística: 25 euros.

4. Expediente de ruína: 50 €.

5. Prorroga da vixencia de licenzas, comunicacións previas ou declaracións responsables : 15 €.

6. Outros informes ou certificados urbanísticos: 20 €.

A tributación por licenzas, comunicacións previas e declaracións responsables de tipo urbanístico ou ambiental están suxeitas en ordenanza fiscal específica.

Epígrafe quinto: documentación catastral

1. Copia de cartografía en papel: 1 € en A4 e 2 € en A3.

2. Copia de información non gráfica de expediente: 0,30 €/ páxina.

3. Certificacións catastrais PIC:

a)- descritiva e gráfica individual inicial (acceso aplicación): 5 € ata 5 lindeiros e 8 € con máis de 5 lindeiros cando se refiran a inmobles situados no municipio de Irixoa; 10 € e 15 €, respectivamente, cando os inmobles se sitúen fóra de Irixoa.

b)- descritiva e gráfica individual sucesiva de varios bens: 5 € cada unha cando se refiran a inmobles situados no municipio de Irixoa; 10 € cando os inmobles se sitúen fóra de Irixoa.

c) - certificación agrupada de todos os bens: 10 € ata 10 bens e 15 € máis de 10 bens cando o interesado sexa residente en Irixoa; 15 € ata 10 bens e 20 € máis de 10 bens cando o interesado non sexa residente en Irixoa.

d)- literais de inmobles únicos (urbanos, rústicos ou C.E.): 5 €.

4. Outros documentos expedidos no PIC: 5 €.

Epígrafe sexto: dereitos de exame selección de persoal

1. Dereitos de exame de persoal funcionario de carreira ou laboral fixo nivel equivalente:

Subgrupo ou nivel

IMPORTE €

1.1 A1

45

1.2 A2

40

1.3 B

35

1.4 C1

30

1.5 C2

25

1.6 Agrupacións profesionais

20

2. Dereitos de exame de persoal funcionario interino ou laboral temporal nivel equivalente:

Subgrupo ou nivel

IMPORTE €

= ou superior 12 meses

inferior 12 meses

2.1 A1

35

30

2.2 A2

30

28

2.3 B

25

23

2.4 C1

20

18

2.5 C2

20

18

2.6 Agrupacións profesionais

18

16

Artigo 8. Bonificacións da cota

Como regra xeral non se concederá bonificación algunha dos importes das cotas tributarias sinaladas na tarifa desta taxa; en relación aos dereitos de exame, as persoas paradas que acrediten a súa condición de desempregadas nos últimos 12 meses, así como a non percepción de prestacións por tal concepto, referidas á data de solicitude, terán unha bonificación da cota do 50%.

Artigo 9. Devengo

1. Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se presente a solicitude que inicia a tramitación dos documentos e expedientes suxeitos ao tributo.

2. Nos casos aos que se refire o número 2, o devengo prodúcese cando teñan lugar as circunstancias que provexan a actuación municipal de oficio ou cando esta se inicie sen previa solicitude do interesado mais redunde no seu beneficio.

Artigo 10. Declaración e ingreso

1. A taxa esixirase en réxime de autoliquidación polo procedemento de selo municipal estampado tanto no escrito de solicitude de tramitación do documento ou expediente como nos propios documentos.

2. Os escritos recibidos polos condutos aos que fai referencia o artigo 66 da Lei de Procedemento Administrativo, que non veñan debidamente reintegrados, serán admitidos provisionalmente, mais non poderá dárselles curso sen que se subsane a deficiencia, a cuxo fin se requirirá ao interesado para que, no prazo de dez días aboe as cotas correspondentes, co apercibimento de que, transcorrido dito prazo sen efectualo, se terán os escritos por non presentados e será arquivada a solicitude.

3. As certificacións ou documentos que expida a administración municipal en virtude de oficio de xulgados ou tribunais para toda clase de preitos non se entregarán nin remitirán sen que previamente fose satisfeito a correspondente cota tributaria.

Artigo 11. Infraccións e sancións

En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias, así como das sancións que as mesmas correspondan en cada caso, estarase ao disposto nos artigos 191-206 e concordantes da Lei Xeral Tributaria.

Disposición final

A presente ordenanza fiscal, aprobada orixinariamente por acordo plenario do 7-9-1989, modificada por acordos do 29-10-2004, do 20-12-2007, do 31-10-2012, do 31-5-2013, do 18-10-2019, e na presente modificación por acordo plenario do 11-12-2020, entrará en vigor e será de plena aplicación, en canto a tal modificación, con data do día seguinte ao da súa publicación no BOP, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.