Irixoa - ORDENANZA FISCAL Nº 3 REGULADORA DA TAXA POR EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS ADMINISTRATIVOS
Artigo 1-Fundamento e natureza
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, do Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, este concello establece a taxa por expedición de documentos administrativos que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, cuxas normas atenden ao previsto no artigo 57 do citado texto refundido.
Artigo 2-Feito impoñible
1. Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade administrativa desenrolada co motivo da tramitación, a instancia de parte, de todas clases de documentos que expida e de expedientes de que entenda a administración ou as autoridades municipais.
2. A estes efectos, entenderase tramitada a instancia de parte calquera documentación administrativa que fose provocada polo particular ou redunde no seu beneficio, aínda que non mediase solicitude expresa do interesado.
3. Non estará suxeita a esta taxa a tramitación de documentos e expedientes necesarios para o cumprimento de obrigas fiscais, así como as consultas tributarias, os expedientes de devolución de ingresos indebidos, os recursos administrativos contra resolucións municipais de calquera índole e os relativos á prestación de servizos ou realización de actividades de competencia municipal e a utilización privativa ou o aproveitamento especial de bens do dominio público municipal, que estean gravados por outra taxa municipal ou polos que se esixa un prezo público por este concello.
Artigo 3-Suxeito pasivo
Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 35 da Lei Xeral Tributaria que soliciten, provoquen ou en cuxo interese redunde a tramitación do documento ou expediente de que se trate.
Artigo 4-Responsables
1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 41 e 42 da Lei Xeral Tributaria.
2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades ou entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5-Exencións subxectivas
Gozarán de exención aqueles contribuíntes nos que concorra algunha das seguintes circunstancias:
1ª.- Ter sido declaradas pobres por precepto legal.
2ª.- Estar inscritos no padrón da beneficencia como pobres de solemnidade.
3ª.- Ter obtido o beneficio xudicial de pobreza, respecto aos expedientes que deben xurdir efecto precisamente, no proceso xudicial no que fosen declarados pobres.
Artigo 6- Cota Tributaria
1.- A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza dos documentos ou expedientes a tramitar, de acordo coa tarifa que contén o artigo seguinte.
2.- A cota de tarifa corresponde á tramitación completa, en cada instancia, do documento ou expediente de que se trate, desde a súa iniciación ata a súa resolución final, incluída a certificación e notificación ao interesado do acordo recaído.
3.- As cotas resultantes por aplicación das anteriores tarifas incrementaranse nun 50% cando os solicitados solicitasen con carácter de urxencia a tramitación dos expedientes que motivases o devengo.
Artigo 7- Tarifas
A tarifa a que se refire o artigo anterior estructúrase nos seguintes epígrafes:
Epígrafe primeiro: poboación e estatística.
1. Certificados de empadroamento (individuais, colectivos, etc.): 3 euros.
2. Certificados de residencia: 3 euros.
3. Informes de convivencia: 3 euros.
4. Outros documentos certificantes ou informantes sobre o tema: 3 euros.
Epígrafe segundo: documentos de expedientes administrativos, fotocopias e compulsas.
1. Comparecencias e certificados testificais: 5 euros.
2. Fotocopia ordinaria, por páxina: 0,10 euros en A4 e 0,15 € en A3.
3. Fotocopia de documento existente no arquivo histórico, por páxina: 0,15 euros.
4. Instancias que impliquen resposta administrativa a remitir por correo (e non comporten outro tipo de taxa, que anularía a deste epígrafe): 1 euro.
5. Compulsa dunha páxina ordinaria fotocopiada: 2,4 euros (agás cando a fotocopia sexa de documentación relativa ó saneamento gandeiro, que queda exenta de tributación).
6. Compulsa dunha páxina fotocopiada do arquivo histórico: 3 euros.
7. Compulsa conxunta de 2-9 páxinas: 3 euros.
8. Compulsa conxunta de 10 ou máis páxinas: 4 euros.
9. Documentos expedidos a interesados particulares, mediando tramitación de informe técnico ou da Alcaldía: 5 €.
10. Expedición doutro tipo de documentos non especificados nos epígrafes anteriores: 3 euros
Epígrafe terceiro: concesións e licenzas.
1. Autorización de substitución de vehículos de autoturismo (taxi): 10 euros
2. Permisos de festas, por día: 5 euros
3. Outros non especificados (e sen taxa específica): 3 euros
Epígrafe cuarto: urbanismo (independente e compatible coa taxa por licenzas).
1. Por cada licenza planeada sobre o terreo: 15 euros.
2. Informe sobre réxime urbanístico de terreo, por unidade catastral: 10 euros.
3. Certificación de antigüidade de vivenda e non existencia de expedientes de infracción urbanística: 25 euros.
4. Expediente de ruína: 50 €.
5. Recoñecemento de edificación previsto na disp. Transitoria 3ª da Lei 2/2010 (Instrucción 2/2011, do 12 de abril - DOG do 11-5-2011): 200 €.
6. Outros informes ou certificados urbanísticos: 20 €.
Epígrafe quinto: documentación catastral
1. Copia de cartografía en papel: 1 € en A4 e 2 € en A3.
2. Copia de información non gráfica de expediente: 0,30 €/ páxina.
3. Certificacións catastrais PIC:
a)- descritiva e gráfica individual inicial (acceso aplicación): 5 € ata 5 lindeiros e 8 € con máis de 5 lindeiros.
b)- descritiva e gráfica individual sucesiva de varios bens: 5 € cada unha.
c) - certificación agrupada de varios bens: 10 € ata 10 bens e 15 € máis de 10 bens
d)- literais de inmobles únicos (urbanos, rústicos ou C.E.): 3 €.
4. Outros documentos expedidos no PIC: 3 €.
Artigo 8-Bonificacións da cota
Non se concederá bonificación algunha dos importes das cotas tributarias sinaladas na tarifa desta taxa.
Artigo 9-Devengo
1. Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se presente a solicitude que inicia a tramitación dos documentos e expedientes suxeitos ao tributo.
2. Nos casos aos que se refire o número 2, o devengo prodúcese cando teñan lugar as circunstancias que provexan a actuación municipal de oficio ou cando esta se inicie sen previa solicitude do interesado mais redunde no seu beneficio.
Artigo 10-Declaración e ingreso
1. A taxa esixirase en réxime de autoliquidación polo procedemento de selo municipal estampado tanto no escrito de solicitude de tramitación do documento ou expediente como nos propios documentos.
2. Os escritos recibidos polos conductos aos que fai referencia o artigo 66 da Lei de Procedemento Administrativo, que non veñan debidamente reintegrados, serán admitidos provisionalmente, mais non poderá dárselles curso sen que se subsane a deficiencia, a cuxo fin se requirirá ao interesado para que, no prazo de dez días aboe as cotas correspondentes, co apercibimento de que, transcorrido dito prazo sen efectualo, se terán os escritos por non presentados e será arquivada a solicitude.
3. As certificacións ou documentos que expida a administración municipal en virtude de oficio de xulgados ou tribunais para toda clase de preitos non se entregarán nin remitirán sen que previamente fose satisfeito a correspondente cota tributaria.
Artigo 11-Infraccións e sancións
En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias, así como das sancións que as mesmas correspondan en cada caso, estarase ao disposto nos artigos 191-206 e concordantes da Lei Xeral Tributaria.
Disposición final
A presente ordenanza fiscal, aprobada orixinariamente por acordo plenario do 7-9-1989, modificada por acordos do 29-10-2004, do 20-12-2007 e na presente modificación por acordo plenario do 31-10-2012, entrará en vigor e será de plena aplicación, en canto a tal modificación, con data do 1-1-2013, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.