Irixoa - ORDENANZA FISCAL Nº 3 REGULADORA DA TAXA POR EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS ADMINISTRATIVOS
Artigo 1-Fundamento e Natureza
No uso das faculdades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos
Artigo 2-Feito impoñíbel
1. Constitúe o feito impoñíbel da Taxa a actividade administrativa desarrollada co motivo da tramitación, a instancia de parte, de todas clases de documentos que expida e de expedientes de que entenda a Administración ou as Autoridades Municipais.
3. Non estará suxeita a esta Taxa a tramitación de documentos e expedientes necesarios para o cumprimento de obrigas fiscais, así como as consultas tributarias, os expedientes de devolución de ingresos indebidos, os recursos administrativos contra resolucións municipais de calquera índole e os relativos á prestación de servizos ou realización de actividades de competencia municipal e a utilización privativa ou o aproveitamento especial de bens do dominio público municipal, que estean grabados por outra Taxa Municipal ou polos que se exixa un prezo público por este Concello.
Artigo 3-Suxeito pasivo
Artigo 4-Responsábeis
1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
2. Serán responsábeis subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades ou entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5-Exencións subxectivas
Gozarán de exención aqueles contribuíntes nos que concurra algunha das seguintes circunstancias:
1ª.- Ter sido declaradas pobres por precepto legal.
2ª.- Estar inscritos no Padrón da Beneficencia como pobres de solemnidade.
3ª.- Ter obtido o beneficio xudicial de pobreza, respecto aos expedientes que deben surxir efecto precisamente, no proceso xudicial no que fosen declarados pobres.
Artigo 6- Cota Tributaria
1.- A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza dos documentos ou expedientes a tramitar, de acordo coa Tarifa que contén o artigo seguinte.
2.- A cota de Tarifa corresponde á tramitación completa, en cada instancia, do documento ou expediente de que se trate, desde a súa iniciación ata a súa resolución final, incluída a certificación e notificación ao interesado do acordo recaído.
3.- As cotas resultantes por aplicación das anteriores tarifas incrementaranse nun 50% cando os solicitados solicitasen con carácter de urxencia a tramitación dos expedientes que motivases o devengo.
Artigo 7- Tarifas
A tarifa a que se refire o artigo anterior estructúrase nos seguintes epígrafes:
Epígrafe primeiro: poboación e estatística.
1. Certificados de empadroamento (individuais, colectivos, etc.): 3 euros.
2. Certificados de residencia: 3 euros.
3. Informes de convivencia: 3 euros.
4. Outros documentos certificantes ou informantes sobre o tema: 3 euros.
Epígrafe segundo: documentos de expedientes administrativos, fotocopias e compulsas.
1. Comparecencias e certificados testificais: 5 euros.
2. Fotocopia ordinaria, por páxina: 0.06 euros.
3. Fotocopia de documento existente no arquivo histórico, por páxina: 0,09 euros.
4. Instancias que impliquen resposta administrativa a remitir por correo (e non comporten outro tipo de taxa, que anularía a deste epígrafe): 1 euro.
5. Compulsa dunha páxina ordinaria fotocopiada: 2,4 euros (agás cando a fotocopia sexa de documentación relativa ó saneamento gandeiro, que queda exenta de tributación).
6. Compulsa dunha páxina fotocopiada do arquivo histórico: 3 euros.
7. Compulsa conxunta de 2-9 páxinas: 3 euros.
8. Compulsa conxunta de 10 ou máis páxinas: 4 euros.
9. Documentos expedidos a interesados particulares, mediando tramitación de informe técnico o da Alcaldía: 5 €.
10. Expedición doutro tipo de documentos non especificados nos epígrafes anteriores: 3 euros
Epígrafe terceiro: concesións e licenzas.
1. Autorización de substitución de vehículos de autoturismo (taxi): 10 euros
2. Permisos de festas, por día: 5 euros
3. Outros non especificados (e sen taxa específica): 3 euros
Epígrafe cuarto: urbanismo (independente e compatible coa taxa por licenzas).
1. Por cada licenza planeada sobre o terreo: 10 euros.
2. Informe sobre réxime urbanístico de terreo, por unidade catastral: 10 euros.
3. Certificación de antigüidade de vivenda e non existencia de expedientes de infracción urbanística: 8 euros.
Artigo 8-Bonificacións da cota
Non se concederá bonificación algunha dos importes das cotas tributarias sinaladas na Tarifa desta Taxa.
Artigo 9-Devengo
1. Devéngase a Taxa e nace a obriga de contribuír cando se presente a solicitude que inicia a tramitación dos documentos e expedientes suxeitos ao tributo.
2. Nos casos aos que se refire o número 2, o devengo prodúcese cando teñan lugar as circunstancias que provexan a actuación municipal de oficio ou cando esta se inicie sen previa solicitude do interesado mais redunde no seu beneficio.
Artigo 10-Declaración e ingreso
2. Os escritos recibidos pols condutos aos que fai referencia o artigo 66 da Lei de Procedemento Administrativo, que non veñan debidamente reintegrados, serán admitidos provisionalmente mais non poderá dárselles curso sen que se subsane a deficiencia, a cuxo fin se requerirá ao interesado para que, no prazo de dez días aboe as cotas correspondentes, co apercibimento de que, transcorrido dito prazo sen efectualo, se terán os escritos por non presentados e será arquivada a solicitude.
3. As certificacións ou documentos que expida a Administración Municipal en virtude de oficio de Xulgados ou Tribunais para toda clase de pleitos non se entregarán nin remitirán sen que previamente fose satisfeito a correspondente cota tributaria.
Artigo 11-Infraccións e sancións
En todo o relactivo á calificación de infraccións tributarias, así como das sancións que as mesmas correspondan en cada caso, estarase ao disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.
Disposición final
A presente ordenanza fiscal, aprobada orixinariamente por acordo plenario do 7-9-1989, modificada por acordo do 29-10-2004 e na presente modificación por acordo plenario do 28-12-2007, entrará en vigor e será de plena aplicación, en canto a tal modificación, no día seguinte ao da súa publicación no BOP, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.