Arteixo - ORDENANZA FISCAL N.º 7, REGULADORA DA TAXA POLA INTERVENCIÓN MUNICIPAL NAS COMUNICACIÓNS PREVIAS, DECLARACIÓNS RESPONSÁBEIS E NO OUTORGAMENTO DE LICENZAS URBANÍSTICAS

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 29/06/2021 BOP Nº: 120
Aplicable dende: 30/06/2021

ARTIGO 1.-Fundamento e natureza.

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 ao 19 do R.D. lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, este Concello establece a exacción da taxa pola intervención municipal nas comunicacións previas, declaracións responsábeis e no outorgamento de licenzas urbanísticas, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, cuxas normas atenden ao disposto no artigo 57 do devandito R.D.lexislativo.

ARTIGO 2.-Feito impoñible.

Constitúe o feito impoñible da presente taxa a actividade municipal, técnica e administrativa derivada da presentación das comunicacións previas e declaracións responsábeis así como a tendente a verificar se os actos de edificación e uso do solo á que se refiren os artigos 194 e 198 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e que se vaian realizar dentro do termo municipal, se axustan ás normas urbanísticas vixentes.

ARTIGO 3.-Suxeito pasivo.

1.-Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 36 da Lei Xeral Tributaria, que sexan solicitantes da licenza, que presenten as comunicacións previas e declaracións responsábeis derivadas da vixente normativa e as que executen as instalacións, obras ou construcións sen obte-la receptiva autorización.

2.-En todo caso, terán a condición de substitutos do contribuínte os construtores e contratistas das obras.

ARTIGO 4.-Responsables.

1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas, e xurídicas ás que se refiren os artigos 42 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

2.-Serán responsables subsidiarios os/as administradores/as das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

ARTIGO 5.-Base impoñible.

1.-Constitúe a base impoñible da taxa:

a) Nos servizos urbanísticos, o número de servizos prestados.

b) Nas obras de nova planta e reconstrución, reforma e derrubamento, a superficie expresada en metros cadrados.

c) Nos pechamentos de fincas e solares, a lonxitude expresada en metros lineais.

d) Nas obras ou instalacións na vía pública, a lonxitude ou a superficie afectada pola obra ou instalacións, expresada en metros lineais ou cadrados, respectivamente, ou o número de unidades, segundo as características dos mesmos.

e) Nas instalacións industriais de maquinaria e análogos, a potencia dos aparatos ou o número de unidades, segundo as características dos mesmos.

ARTIGO 6.-Cota tributaria.

1

Informes técnicos e outros servizos urbanísticos

 

1.1.

Por cada aliñación realizada sobre o terreo

 

 

1.1.1.

Até 100 metros

15,47 €

 

 

1.1.2.

Por cada metro lineal ou fracción en exceso

0,13 €

 

1.2

 

Proxectos de compensación, reparcelación ou segregación, incluídas as licenzas de parcelación, por cada m2 de superficie

0,13 €

 

1.3.

 

Expedientes de declaración de ruína, tramitados a instancia de parte

458,09 €

2

Obras de nova planta e reconstrución

 

2.1

Até 200 m2 de superficie a construír, por m2 ou fracción

1,35 €

 

2.2

De máis de 200 m2 de superficie a construír, por m2 ou fracción

1,41 €

 

2.3

Construcións destinadas a oficinas, despachos, almacéns, comercios e outros usos de negocio, por m2 ou fracción de superficie a construír

1,50 €

 

2.4

Construcións destinadas a actividades industriais e fabrís, por m2 ou fracción de superficie a construír

1,53 €

 

2.5

Alpendres, alboios, hórreos, invernadoiros, cobertizos sen pechar e construcións similares, por m2 ou fracción de superficie a construír

2.5.1. Invernadoiros que sexan unidades constructivas e funcionais independentes, en todos os casos e por cada unidade

1,21 €

36,97 €

 

2.6

Piscinas, por m3 ou fracción de capacidade

1,50 €

 

2.7

Outras instalacións deportivas, por m2 de superficie

1,50 €

 

2.8

En todos os supostos deste apartado, a cota tributaria nunca poderá ser inferior a

36,97 €

3

Obras de reforma

 

3.1

Por reforma de fachadas sen afectar ao interior do edificio, por cada m2 ou fracción de superficie.

0,83 €

 

3.2

Por reparación de cubertas de edificios sen afectar ao interior nin á estrutura dos mesmos, por cada m2 ou fracción.

0,83 €

 

3.3

Obras de reforma interior de edificios, por m2 ou fracción de superficie afecta á obra

1,01 €

 

3.4

Obras de reforma e adaptación de locais para a realización de actividades económicas (comercio, industria, profesionais, artistas, espectáculos, etc), por m2 ou fracción

1,31 €

 

3.5

En todos os supostos deste apartado, a cota tributaria nunca poderá ser inferior á

37,70 €

4

Derrubas, desmontes e explanacións

 

4.1

Obras de derruba de edificios e construcións, por cada m2 ou fracción de superficie a derrubar.

0,38 €

 

4.2

Obras consistentes en desmontes, escavacións, movementos de terras ou explanación de terreos, por m3 ou fracción de terra movida, agás pozos, que serán gravados segundo o disposto no apartado 4.3.

0,19 €

 

4.3

Pozos.

110,68 €

 

4.4

En todos os supostos deste apartado, a cota tributaria nunca poderá ser inferior a

18,88 €

5

Pechamento de solares e terreos

 

5.1

En solo urbano, por metro lineal (m/l) ou fracción de cerca ou muro.

0,77 €

 

5.2

En zona rural ou industrial, por m/l ou fracción de peche con muro ou de obra.

0,72 €

 

5.3

En zona rural ou industrial, por m/l ou fracción de pechamento con postes e enreixado metálico

0,34 €

 

5.4

En todos os supostos deste apartado, a cota tributaria nunca poderá ser inferior a

18,88 €

6

Licenzas de primeira ocupación

 

6.1

De inmóbeis destinados a vivendas unifamiliares e plurifamiliares

 

 

 

6.1.1.

Por cada m2 ou fracción de superficie construída

0,77 €

 

6.2

 

De naves e instalacións industriais e comerciais

 

 

 

6.2.1.

Até 200 m2 de superficie

232,19 €

 

 

6.2.2

Por cada m2 ou fracción adicional

0,25 €

7

Obras no solo, subsolo e voo realizadas en terreos públicos e privados.

 

7.1.

Colocación de cables ou entubado no subsolo, solo e voo da vía públicas e privadas, por m/l ou fracción

0,25 €

 

7.2.

Colocación de postes, por unidade

18,88 €

 

7.3

Colocación de roscas de ás, por unidade

1,13 €

 

7.4

Instalación ou construción de galerías, terrazas, miradoiros ou balcóns que voen sobre a vía pública, por cada m2 ou fracción de superficie

13,96 €

 

7.5

Carteis de propaganda visíbeis desde a vía pública (rótulos, anuncios e similares), por cada m2 ou fracción de superficie

13,96 €

 

7.6

Colocación de quioscos na vía pública, por m2 ou fracción de superficie ocupada

13,96 €

 

7.7

Colocación de toldos que voen sobre a vía pública, por m2 ou fracción

6,97 €

 

7.8

Formación de viais, soleiras e beirarrúas en terreos particulares, por cada m2 ou fracción a construír.

0,49 €

 

7.9

Formación de gabias, por cada m2 ou fracción a construír.

0,21 €

 

7.10

En todos os supostos contemplados neste apartado, as cantidades a liquidar non poderán ser inferiores

37,70 €

 

8

Instalacións industriais

 

8.1

Instalacións de GLP ou similares

 

 

8.1.1

Vivendas unifamiliares

75,42 €

 

 

8.1.2

Vivendas plurifamiliares, por cada 100 m2 ou fracción, construídos

15,07 €

 

 

8.1.3.

Instalacións industriais, por cada 100 m2 ou fracción, construídos

16,31 €

 

8.2

 

Instalación de aparatos de calefacción e xeradores de vapor, cámaras frigoríficas de fornos industriais, por unidade

15,07 €

 

8.3

 

Instalación de ascensores e montacargas, por unidade

10,57 €

 

8.4

 

Instalación de depósitos combustíbeis líquidos, etc. por m3 ou fracción

1,88 €

 

8.5

 

Instalación de transformadores, por kw

0,22 €

 

8.6

 

Instalación de motores, por HP ou fracción de potencia

0,22 €

 

8.7

 

Instalación de antenas de telefonía movil

603,77 €

 

8.8

 

Instalacións que incorporen sistemas para o aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía solar, por m2 ou fracción

1,50 €

 

8.9

 

En todos os supostos contemplados neste apartado, as cantidades a liquidar non poderán ser inferiores

37,70 €

9

Outras actuacións urbanísticas

 

9.1.

Para o non contemplado nos apartados anteriores, aplicarase unha taxa fixa de

110,68 €

ARTIGO 7.-Beneficios fiscais.

Non se concederá exención nin bonificación ningunha na exacción da taxa, agás aqueles expresamente recollidos nas normas ou os derivados da aplicación de Tratados Internacionais.

ARTIGO 8.-Supostos especiais de non suxeción.

Non estarán suxeitos ao pagamento da taxa, pero si da obriga de solicita- la oportuna licenza, a comunicación previa ou declaración responsable:

a) As obras que deban efectuar os particulares nas vías públicas ou na fachada dos pisos baixos e que sexan consecuencia directa das modificacións de aliñacións ou rasantes, canalizacións ou sumidoiros que faga o Concello de Arteixo.

b) O branqueo ou pintado de fachadas e muros.

c) Os derrubamentos ou demolicións que se produzan como consecuencia de declaracións de ruína inminente e que foran ordenados polo Concello.

d) Os derrubamentos ou demolicións daqueles inmobles que de acordo coa actual regulamentación urbanística do Concello se atopen fóra de ordenación.

e) As obras necesarias para a eliminación de barreiras arquitectónicas, sempre e cando non impliquen incremento de volume da edificación nin cambio de uso de ela.

ARTIGO 9.-Devengo.

1. Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se inicie a actividade municipal que constitúe o seu feito impoñible. A estes efectos, entenderase iniciada dita actividade na data de presentación da oportuna solicitude de licenza urbanística, da comunicación previa ou declaración responsábel.

2. Cando as obras foran iniciadas ou executadas sen obter a oportuna licenza, ou presentar a correspondente declaración previa ou comunicación responsable, a taxa cobrarase cando se inicie a actividade municipal conducente a determinar se a obra en cuestión é ou non autorizable.

ARTIGO 10.-Autoliquidación.

1. Sen prexuízo do establecido no artigo anterior e a teor do conferido no artigo 27 do R.D. lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, o solicitante da licenza, quen presente a comunicación previa ou a declaración responsable procederá a autoliquidar o seu importe e ingresar a cota tributaria resultante en concepto de depósito previo, non tramitándose o expediente se non chegara a abonarse a taxa. A referida autoliquidación é un acto do obrigado tributario, cuxo importe será reintegrado ao contribuínte, se por causas non imputables ao mesmo non chegara a prestarse o servizo.

2. Se unha vez autoliquidada a taxa, resultara unha cota superior ou inferior as especificadas na presente ordenanza fiscal, procederase, no primeiro caso, a requirir o ingreso da diferenza antes de resolver o expediente, e no segundo, á devolución do exceso.

ARTIGO 11.-Desestimento, caducidade e duración das licenzas.

1. Antes de que sexa ditado o acto administrativo sobre concesión da licenza, ou no seu caso, dentro dos tres meses seguintes á presentación da comunicación previa ou declaración responsábel, os interesados poderán desistir expresamente das solicitudes. Dito desistimento xerará a devolución do 50% das taxas abonadas, sempre que se realizara no prazo de tres meses desde a presentación da solicitude de licenza urbanística ou dentro dos tres meses seguintes á presentación da comunicación previa ou declaración responsábel e as obras non se tiveran iniciadas.

2. A caducidade, como un dos xeitos de rematar o procedemento administrativo e tramitada de oficio, non xerará dereitos económicos a favor dos contribuíntes.

3. Todas as licenzas, delcaracións responsables e comunicacións previas terán un prazo máximo para a execución das obras. Rematado o prazo quedará caducada e sen valor nin efecto ningún a autorización obtida, salvo que, anticipadamente, se solicite e obteña, no seu caso, a prórroga regulamentaria. Os dereitos pola concesión da prórroga fíxanse no 1% da parte da obra pendente de executar.

ARTIGO 12.-Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas corresponden en cada caso, estarase o disposto nos artigos 183 e seguintes da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

DISPOSICIÓN ADICIONAL

As cotas tributarias establecidas na presente ordenanza incrementaranse anualmente segundo o IPC.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente Ordenanza fiscal foi aprobada polo Concello Pleno en sesión realizada o día 29 de setembro de 2011.

A presente modificación, Pleno de 29 de abril de 2021, entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor até a súa modificación ou derrogación expresas.