Arteixo - ORDENANZA FISCAL Nº 7 .-TAXA POR EXPEDICIÓN DE LICENCIAS URBANÍSTICAS.
ARTIGO 1. Fundamento e Natureza.
ARTIGO 2. Feito Impoñible
ARTIGO 3. Suxeito Pasivo
1.- Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 36 da Lei Xeral Tributaria, que sexan solicitantes da licencia ou que se executen as instalacións, obras o construccións sen obte-la receptiva licencia.
2.- En todo caso, terán a condición de substitutos do contribuínte os constructores e contratistas das obras.
ARTIGO 4. Responsables.
1.- Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas, e xurídicas ás que se refiren os artigos 42 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.
2.- Serán responsables subsidiarios os/as administradores/as das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.
ARTIGO 5. Base Impoñible
1.- Constitúe a base impoñible da taxa:
a) Nos servicios urbanísticos, o número de servicios prestados.
b) Nas obras de nova planta e reconstrucción, reforma e derrubamento, a superficie expresada en metros cadrados.
c) Nos pechamentos de fincas e solares, a lonxitude expresada en metros lineais.
d) Nas obras ou instalacións na vía pública, a lonxitude ou a superficie afectada pola obra ou instalacións, expresada en metros lineais ou cadrados, respectivamente, ou o número de unidades, segundo as características dos mesmos.
e) Nas instalacions industriais de maquinaria e análogos, a potencia dos aparatos ou o número de unidades, segundo as características dos mesmos.
ARTIGO 6. Cota Tributaria.
1 | Informes técnicos e outros servizos urbanísticos | |||
1.1. | Por cada aliñación realizada sobre o terreo | |||
1.1.1. | Até 100 metros | 15,47 € | ||
1.1.2. | Por cada metro lineal ou fracción en exceso | 0,13 € | ||
1.2 | Proxectos de compensación, reparcelación ou segregación, incluídas as licenzas de parcelación, por cada m2 de superficie urbanizada | 0,13 € | ||
1.3. | Expedientes de declaración de ruína, tramitados a instancia de parte | 458,09 € | ||
2 | Obras de nova planta e reconstrución | |||
2.1 | Até 200 m2 de superficie a construír, por m2 ou fracción | 1,35 € | ||
2.2 | De máis de 200 m2 de superficie a construír, por m2 ou fracción | 1,41 € | ||
2.3 | Construcións destinadas a oficinas, despachos, almacéns, comercios e outros usos de negocio, por m2 ou fracción de superficie a construír | 1,50 € | ||
2.4 | Construcións destinadas a actividades industriais e frabrís, por m2 ou fracción de superficie a construír | 1,53 € | ||
2.5 | Alpendres, alboios, hórreos, invernadoiros, cobertizos sen pechar e construccións similares, por m2 ou fracción de superficie a construír | 1,21 € | ||
2.6 | Piscinas, por m3 ou fracción de capacidade | 1,50 € | ||
2.7 | Outras instalacións deportivas, por m2 de superficie | 1,50 € | ||
2.8 | Formación de viais, soleiras e beirarrúas en terreos particulares, por cada m2 ou fracción a construír. | 0,49 € | ||
2.9 | Formación de gabias en terreos particulares, por cada m2 ou fracción a construír. | 0,21 € | ||
2.10 | En todos os supostos deste apartado, a cota tributaria nunca poderá ser inferior a | 36,97 € | ||
3 | Obras de reforma | |||
3.1 | Por reforma de fachadas sen afectar ao interior do edificio, por cada m2 ou fracción de superficie. | 0,83 € | ||
3.2 | Por reparación de cubertas de edificios sen afectar ao interior nin á estrutura dos mesmos, por cada m2 ou fracción. | 0,83 € | ||
3.3 | Obras de reforma interior de edificios, por m2 ou fracción de superficie afecta á obra | 1,01 € | ||
3.4 | Obras de reforma e adaptación de locais para a realización de actividades económicas (comercio, industria, profesionais, artistas, espectáculos, etc), por m2 ou fracción | 1,31 € | ||
3.5 | En todos os supostos deste apartado, a cota tributaria nunca poderá ser inferior á | 37,70 € | ||
4 | Derrubas, desmontes e explanacións | |||
4.1 | Obras de derruba de edificios e construcións, por cada m2 ou fracción de superficie a derrubar. | 0,38€ | ||
4.2 | Obras consistenes en desmontes, escavacións, movementos de terras ou explanación de terreos, por m3 ou fracción de terra movida, agás pozos, que serán gravados segundo o disposto no apartado 4.3. | 0,19 € | ||
4.3 | Pozos. | 110,68 € | ||
4.4 | En todos os supostos deste apartado, a cota tributaria nunca poderá ser inferior a | 18,88 € | ||
5 | Pechamento de solares e terreos. | |||
5.1 | En solo urbano, por metro lineal (m/l) ou fracción de cerca ou muro. | 0,77 € | ||
5.2 | En zona rural ou industrial, por m/l ou fracción de peche con muro ou de obra. | 0,72 € | ||
5.3 | En zona rural ou industrial, por m/l ou fracción de pechamento con postes e enreixado metálico | 0,34 € | ||
5.4 | En todos os supostos deste apartado, a cota tributaria nunca poderá ser inferior a | 18,88 € | ||
6 | Licenzas de primeira ocupación | |||
6.1 | De inmóbeis destinados a vivendas unifamiliares e plurifamiliares | |||
6.1.1. | Por cada m2 ou fracción de superficie construída | 0,77 € | ||
6.2 | De naves e instalacións industriais e comerciais | |||
6.2.1. | Até 200 m2 de superficie | 232,19 € | ||
6.2.2 | Por cada m2 ou fracción adicional | 0,25 € | ||
7 | Obras no solo, subsolo e voo da vía pública | |||
7.1. | Colocación de cables ou entubado no subsolo, solo e voo da vía pública, por m/l ou fracción | 0,25 € | ||
7.2. | Colocación de postes na vía pública, por unidade | 18,88 € | ||
7.3 | Colocación de roscas de ás na vía pública, por unidade | 1,13 € | ||
7.4 | Instalación ou construción de galerías, terrazas, miradoiros ou balcóns que voen sobre a vía pública, así como rótulos e anuncios (fixos ou permanentes), por cada m2 ou fracción de superficie | 13,96 € | ||
7.5 | Colocación de quioscos na vía pública, por m2 ou fracción de superficie ocupada | 13,96 € | ||
7.6 | Colocación de toldos que voen sobre a vía pública, por m2 ou fracción | 6,97 € | ||
7.7 | En todos os supostos contemplados neste apartado, as cantidades a liquidar non poderán ser inferiores | 37,70 € | ||
8 | Instalacións industriais | |||
8.1 | Instalacions de GLP ou similares | |||
8.1.1 | Vivendas unifamiliares | 75,42 € | ||
8.1.2 | Vivendas plurifamiliares, por cada 100 m2 ou fracción, construídos | 15,07 € | ||
8.1.3. | Instalacións industriais, por cada 100 m2 ou fracción, construídos | 16,31 € | ||
8.2 | Instalación de aparatos de calefacción e xeradores de vapor, cámaras frigoríficas de fornos industriais, por unidade | 15,07 € | ||
8.3 | Instalación de ascensores e montacargas, por unidade | 10,57 € | ||
8.4 | Instalación de depósitos combustíbeis líquidos, etc. por m3 ou fracción | 1,88 € | ||
8.5 | Instalación de transformadores, por kw | 0,22 € | ||
8.6 | Instalación de motores, por HP ou fracción de potencia | 0,22 € | ||
8.7 | Instalación de antenas de telefonía movil | 603,77 € | ||
8.8 | Instalacións que incorporen sistemas para o aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía solar, por m2 ou fracción | 37,73 € | ||
8.9 | En todos os supostos contemplados neste apartado, as cantidades a liquidar non poderán ser inferiores | 37,70 € | ||
9 | Outras actuacións urbanísticas | |||
9.1. | Para o non contemplado nos apartados anteriores, aplicarase unha taxa fixa de | 110,68 € |
ARTIGO 7. Beneficios Fiscais
ARTIGO 8. Supostos Especiais de non Suxeición.
Non estarán suxeitos ó pagamento da taxa , pero si da obriga de solicita- la oportuna licencia:
a) As obras que deban efectuar os particulares nas vías públicas ou na fachada dos pisos baixos e que sexan consecuencia directa das modificiacións de aliñacións ou rasantes, canalizacións ou sumidoiros que faga o Concello de Arteixo.
b) O blanqueo ou pintado de fachadas e muros.
c) Os derrubamentos ou demolicións que se produzan como consecuencia de declaracións de ruina inminente e que foran ordenados polo Concello.
d) Os derrubamentos ou demolicións daqueles inmobles que de acordo coa actual regulamentación urbanística do Concello se atopen fóra de ordenación.
e) As obras necesarias para a eliminación de barreiras arquitectónicas, sempre e cando non impliquen incremento de volume da edificación nin cambio de uso de ela.
ARTIGO 9. Cobramento
1. Cóbrase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se inicie a actividade municipal que constitúe o seu feito impoñible. A estes efectos, entenderase iniciada dita actividade na data de presentación da oportuna solicitude de licencia urbanística, se o suxeito pasivo formulara expresamente ésta.
2. Cando as obras foran iniciadas ou executadas sen obter a oportuna licencia, a taxa cobrarase cando se inicie a actividade municipal conducente a determinar se na obra en cuestión é ou non autorizable , con independencia da iniciación do expediente administrativo que se poida instruír para a autorización desas obras ou a súa derruba se non foran autorizables.
ARTIGO 10. Autoliquidación..
1. Sen prexuízo do establecido no artigo anterior e a teor do conferido no artigo 27 do R.D. lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, o solicitante da licencia procederá a autoliquidar o seu importe e ingresar a cota tributaria resultante. A referida autoliquidación e un acto do obrigado tributario, cuxo importe será reintegrado ao contribuinte, se por causas non imputables ao mesmo non chegara a prestarse o servicio.
2. Se unha vez autoliquidada a taxa, resultara unha cota superior ou inferior as especificadas na presente ordenanza fiscal, procederase a requirir o ingreso da diferencia antes de expedir a licencia, no primeiro caso, e a devolución do exceso, no segundo.
3. Independentemente do sinalado no parágrafo anterior, a Administración tributaria poderá comprobar os actos realizados polos obrigados tributarios, aos que se refire o artigo 10 da presente ordenanza fiscal, ben por medio de procedementos de xestión ou de inspección, segundo os criterios ou normas estabelecidos na Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.
ARTIGO 11. Normas de xestión
1. As licencias para construccións, obras e instalacións, solicitaranse por medio de instancia dirixida o Sr. Alcalde, en exemplar triplicado, segundo modelo oficial, no que se determinarán os documentos que haberá de aportar o interesado. Nos supostos de falla de calquera dos documentos esixidos actuarase segundo o previsto no artigo 71 da lei 30/92, de 26 de novembro.
2. Se despois de formulada a solicitude de licencia, se modificara ou ampliara o proxecto, deberase poñer en coñecemento da Administración Municipal, acompañado o novo orzamento reformado e, no seu caso, planos e memorias da modificación ou amplición. Se se trata da ampliación na obra xa autorizada, deberase tramitar en igual forma que se de nova construcción se tratara, e con aboamento de novos dereitos. No suposto de reformas sen ampliación da superficie da obra, tramitarase e exaccionarase coma obra de reforma.
ARTIGO 12. Tramitación
1. Recibida a solicitude de licencia, procederase a recabar nun só acto, os informes regulamentarios sobre a procedencia da concesión da licencia solicitada.
2. Evacuados os informes, formularase proposta de resolución, que deberá ser motivada nos supostos en que fose denegatoria.
3. Previamente ó outorgamento da licencia, practicarase liquidación definitiva dos dereitos ou taxas que procedan, procedéndose á fiscalización correspondente pola Intervención Municipal.
ARTIGO 13. Resolución
ARTIGO 14. Notificacións
1. Adoptada a resolución que proceda, polo órgano correspondente practicarase a corrrespondente notificación os/as interesados/as e comunicarase dita resolución ós servicios municipais responsbles da execución do acordo municipal.
2. Nos supostos de resolución denegada da pretensión formulada, procederase, de oficio, á devolución do depósito constituido, seguindo o procedemento que rexe a devolución de ingresos indebidos, sempre que o/a intersado/a non realizara as obras ou fixera ouso das instalacións solicitadas, todo iso, sen prexuízo das sancións previstas no ordenamento xurídico.
3. Remitirase á Unidade de Rendas e Exaccións copia dos actos de concesión da licencia, a fin de que se comprobe o estricto cumprimento das previsións consignadas nos mesmos en canto teña transcendencia de carácter fiscal.
4. A execución das obras queda suxeita á vixilancia, fiscalizacion e revision do Concello, quen a exercerá a través dos seus técnicos e axentes.
ARTIGO 15. Desestimento, caducidade e duración das licencias.
1. Até tanto non recaia acordo municipal sobre da concesión da licencia, os/as interesados/as poderán desistir ou renunciar expresamente á mesma. No suposto de que calquera dos actos mencionados se formule dentro do prazo de tres meses contados a partir da data de presentación que estabelece o artigo 9 do Regulamento de Servizos das Corporacións Locais, as cotas a liquidar serán 20 por cento das sinaladas na tarifa estabelecida no artigo 6.º sempre que a actividade municipal dera comezo.
2. Consideranse caducadas as licenzas se despois de seren concedidas transcorren máis de seis meses sen dar comezo as obras ou cando, unha vez iniciadas, foran interrompidas durante o devandito prazo, agás nos casos de forza maior, que deberá ser alegada polo titular da licenza antes de que expire o referido prazo, para a súa resolución posterior polo organismo concedente.
3. Todas as licenzas que se conceden terán un prazo para a execución das obras. Rematado o prazo quedará caducada e sen valor nin efecto ningún a autorización obtida, salvo que, anticipadamente, se solicite e obteña, no seu caso, a prórroga regulamentaria. As prórrogas que se concedan levarán igualmente fixado o prazo, que como máximo será o da licenza primitiva. Os dereitos pola concesión da prórroga fíxanse no 1% da parte da obra pendente de executar.