Arteixo - TAXA POR EXPEDICIÓN DE LICENCIAS URBANÍSTICAS.

Publicación provisional: 12/08/2004 BOP Nº: 185
Publicación definitiva: 26/10/2004 BOP Nº: 247
Aplicable dende: 01/01/2005

ARTIGO 1. Fundamento e Natureza.

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 ao 19 do R.D. lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, este Concello establece a exacción da Taxa por licencias urbanísticas, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, da que as normas atenden ó previsto no artigo 57 do devandito R.D.lexislativo.

ARTIGO 2. Feito Impoñible

Constitúe o feito impoñible da Taxa a actividade municipal , técnica e administrativa, tendente a verificar se os actos de edificación e uso do solo á que se refiren os artigos 194 e 198 da Lei 9/2002. de 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia e que se vaian realizar dentro do término municipal, axústandose ás normas urbanísticas, de edificación e policía previstas na devandita Lei e nas Normas Complementarias e Subsidiarias de Planeamento.

ARTIGO 3. Suxeito Pasivo

1.- Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 36 da Lei Xeral Tributaria, que sexan solicitantes da licencia ou que se executen as instalacións, obras o construccións sen obte-la receptiva licencia.

2.- En todo caso, terán a condición de substitutos do contribuínte os constructores e contratistas das obras.

ARTIGO 4. Responsables.

1.- Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas, e xurídicas ás que se refiren os artigos 42 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.

2.- Serán responsables subsidiarios os/as administradores/as das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.

ARTIGO 5. Base Impoñible

1.- Constitúe a base impoñible da taxa:

a) Nos servicios urbanísticos, o número de servicios prestados.

b) Nas obras de nova planta e reconstrucción, reforma e derrubamento, a superficie expresada en metros cadrados.

c) Nos pechamentos de fincas e solares, a lonxitude expresada en metros lineais.

d) Nas obras ou instalacións na vía pública, a lonxitude ou a superficie afectada pola obra ou instalacións, expresada en metros lineais ou cadrados, respectivamente, ou o número de unidades, segundo as características dos mesmos.

e) Nas instalacions industriais de maquinaria e análogos, a potencia dos aparatos ou o número de unidades, segundo as características dos mesmos.

ARTIGO 6. Cota Tributaria.

A cota tributaria dos diferentes servicios a prestar resulta de aplicar as seguintes tarifas:

1. 1.Informes técnicos e outros servicios urbanísticos:

1.1. Por cada aliñación realizada sobre o terreo:

1.1.1. Ata 100 metros: 13,51 euros

1.1.2. Por cada metro lineal ou fracción en exceso: 0,09 euros

1.2. Proxectos de compensación ou reparcelación, incluídas as licencias de parcelación: por cada metro cadrado de superficie urbanizada: 0,09 euros

1.3. Expedientes de declaración de ruina, tramitados a instancia de parte: 400,00 euros

2. Obras de nova planta e reconstrucción

2.1. Ata 200 m2 de superficie a construír, por m2 ou fracción: 1,18 euros

2.2. De máis de 200 m2 de superficie a construír, por m2 ou fracción: 1,22 euros

2.3. Construccións destinadas a oficinas, despachos, almacéns, comercios e outros usos de negocio, por m2 ou fracción de superficie a construír: 1,31 euros

2.4. Construccións destinadas a actividades industriais e fabris, por m2 ou fracción de superficie a construír: 1,34 euros

2.5. Alpendres, alboios, hórreos, invernadoiros ou cobertizos sen pechar, por m2 ou fracción de superficie a construír: 1,06 euros

2.6. Piscinas, por m3 ou fracción de capacidade: 1,31 euros

2.7. Outras instalacións deportivas, por m2 de superficie: 1,31 euros

2.8. Formación de viais ou soleiras en terreos particulares, por cada m2 ou fracción construido: 0,40 euros

2.9. Formación de beirarruas en terreos particulares, por c/ m2 ou fracción construido: 0,43 euros

2.10.Formación de gabias en terreos particulares, por cada m2 ou fracción construido: 0,17 euros

2.11.En todos os supostos deste apartado, a cota tributaria nunca poderá ser inferior a: 32,29 euros

3. Obras de reforma:

3.1. Por reforma de fachadas sen afectar ó interior do edificio, por cada m2 ou fracción de superficie: 0,73 euros

3.2. Por reparación de cubertas de edificios sen afectar ó interior nin á estructura dos mesmos, por cada m2 ou fracción: 0,73 euros

3.3. Obras de reforma interior de edificios, por m2 ou fracción de superficie afecta á obra: 0,88 euros

3.4. Obras de reforma e adaptación de locais para a realización de actividades económicas (comercio, industria, profesionais, artistas, espectáculos, etc), por m2 ou fracción: 1,15 euros

3.5. En todos os supostos deste apartado, a cota tributaria nunca poderá ser inferior a: 32,92 euros

4. Derrumbas, desmontes e explanacións.

4.1. Obras de derruba de edificios e construccións, por cada m2 ou fracción de superficie a derrubar: 0,33 euros

4.2. Obras consistentes en desmontes, excavacións, movementos de terras ou explanación de terreos, por m3 ou fracción de terra movida, agás pozos, que se gravarán segundo o disposto no apartado 4.3: 0,15 euros

4.3. Pozos: 96,65 euros

4.4. Nos supostos contemplados no apartado 4, as cantidades a liquidar non poderán ser inferiores a: 16,48 euros

5. Pechamentos de solares e terreos:

5.1. Obras de pechamento de solares:

5.1.1. Por metro lineal ou fracción de cerca ou muro, en solo urbano: 0,67 euros

5.1.2. En zona rural ou industrial, por m/l ou fracción de peche con muro ou de obra: 0,63 euros

5.1.3. En zona rural ou industrial, por metro lineal ou fracción de pechamento con postes e enreixado metálico: 0,30 euros

5.2. Nos supostos contemplados no apartado 5, as cantidades a liquidar non poderán ser inferiores a: 16,48 euros

6. Licencias de primeira ocupación

6.1. De inmobles destinados a vivendas unifamiliares e plurifamiliares:

6.1.1. Por cada m2 ou fracción de superficie construída: 0,67 euros

6.2. De naves e instalacións industriais e comerciais:

6.2.1. Ata 200 m2 de superficie: 202,74 euros

6.2.2. Por cada m2 ou fracción adicional: 0,21 euros

7. Obras no solo, subsolo e voo da vía pública.

7.1. Colocación de cables ou tubos no subsolo, solo ou voo da vía pública, por m/l ou fracción: 0,21 euros

7.2. Colocación de postes na vía pública, por unidade: 16,48 euros

7.3. Colocación de roscas de as na vía pública, por unidade: 0,98 euros

7.4. Colocación de rótulos e anuncios fixos (permanentes ou temporais), por m2 ou fracción: 12,19 euros

7.5. Instalación ou construcción de galerías, terrazas, miradoiros ou balcóns que voen sobre a vía pública, por cada m2 ou fracción de superficie de tales construccións: 12,19 euros

7.6. Colocación de quioscos na vía pública, por m2 ou fracción de superficie ocupada: 12,19 euros

7.7. Colocación de toldos que voen sobre a vía pública, por m2 ou fracción: 6,09 euros

7.8. En todos os supostos comtemplados no apartado 7, as cantidades a liquidar non poderán ser inferiores a: 32,92 euros

8. Instalacións industriais.

8.1. Instalacións de GLP ou similares:

8.1.1. Vivendas unifamiliares: 65,86 euros

8.1.2. Vivendas plurifamiliares, por cada 100 m2 construídos, ou fracción: 13,16 euros

8.1.3. Instalacións industriais, por cada 100 m2 construídos, ou fracción: 14,24 euros

8.2. Instalación de aparatos de calefacción e xeneradores de vapor, por unidade: 13,16 euros

8.3. Instalación de cámaras frigoríficas, por unidade: 13,16 euros

8.4. Instalación de ascensores e montacargas, por unidade: 9,22 euros

8.5. Instalación de depósitos combustibles, líquidos, etc, por m3 ou fracción: 1,64 euros

8.6. Instalación de transformadores, por Kw: 0,18 euros

8.7. Instalación de fornos industriais, por unidade: 13,16 euros

8.8. Instalación de motores, por HP ou fracción de potencia: 0,18 euros

8.9. En todos os supostos comtemplados no apartado 8, a cota tributaria nunca poderá ser inferior a: 32,92 euros

9. Outras actuacións

9.1. Para o non contemplado nos apartados anteriores, aplicarase unha taxa fixa de: 96,65 euros

ARTIGO 7. Beneficios Fiscais

Non se concederá exención nin bonificación ningunha na exacción da taxa, agás aqueles expresamente recollidos nas normas ou os derivados da aplicación de Tratados Internacionais.

ARTIGO 8. Supostos Especiais de non Suxeición.

Non estarán suxeitos ó pagamento da taxa , pero si da obriga de solicita- la oportuna licencia:

a) As obras que deban efectuar os particulares nas vías públicas ou na fachada dos pisos baixos e que sexan consecuencia directa das modificiacións de aliñacións ou rasantes, canalizacións ou sumidoiros que faga o Concello de Arteixo.

b) O blanqueo ou pintado de fachadas e muros.

c) Os derrubamentos ou demolicións que se produzan como consecuencia de declaracións de ruina inminente e que foran ordenados polo Concello.

d) Os derrubamentos ou demolicións daqueles inmobles que de acordo coa actual regulamentación urbanística do Concello se atopen fóra de ordenación.

e) As obras necesarias para a eliminación de barreiras arquitectónicas, sempre e cando non impliquen incremento de volume da edificación nin cambio de uso de ela.

ARTIGO 9. Cobramento

1. Cóbrase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se inicie a actividade municipal que constitúe o seu feito impoñible. A estes efectos, entenderase iniciada dita actividade na data de presentación da oportuna solicitude de licencia urbanística, se o suxeito pasivo formulara expresamente ésta.

2. Cando as obras foran iniciadas ou executadas sen obter a oportuna licencia, a taxa cobrarase cando se inicie a actividade municipal conducente a determinar se na obra en cuestión é ou non autorizable , con independencia da iniciación do expediente administrativo que se poida instruír para a autorización desas obras ou a súa derruba se non foran autorizables.

ARTIGO 10. Autoliquidación..

1. Sen prexuízo do establecido no artigo anterior e a teor do conferido no artigo 27 do R.D. lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, o solicitante da licencia procederá a autoliquidar o seu importe e ingresar a cota tributaria resultante. A referida autoliquidación e un acto do obrigado tributario, cuxo importe será reintegrado ao contribuinte, se por causas non imputables ao mesmo non chegara a prestarse o servicio.

2. Se unha vez autoliquidada a taxa, resultara unha cota superior ou inferior as especificadas na presente ordenanza fiscal, procederase a requirir o ingreso da diferencia antes de expedir a licencia, no primeiro caso, e a devolución do exceso, no segundo.

3. Independentemente do sinalado no parágrafo anterior, a Administración tributaria poderá comprobar os actos realizados polos obrigados tributarios, aos que se refire o artigo 10 da presente ordenanza fiscal, ben por medio de procedementos de xestión ou de inspección, segundo os criterios ou normas estabelecidos na Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.

ARTIGO 11. Normas de xestión

1. As licencias para construccións, obras e instalacións, solicitaranse por medio de instancia dirixida o Sr. Alcalde, en exemplar triplicado, segundo modelo oficial, no que se determinarán os documentos que haberá de aportar o interesado. Nos supostos de falla de calquera dos documentos esixidos actuarase segundo o previsto no artigo 71 da lei 30/92, de 26 de novembro.

2. Se despois de formulada a solicitude de licencia, se modificara ou ampliara o proxecto, deberase poñer en coñecemento da Administración Municipal, acompañado o novo orzamento reformado e, no seu caso, planos e memorias da modificación ou amplición. Se se trata da ampliación na obra xa autorizada, deberase tramitar en igual forma que se de nova construcción se tratara, e con aboamento de novos dereitos. No suposto de reformas sen ampliación da superficie da obra, tramitarase e exaccionarase coma obra de reforma.

ARTIGO 12. Tramitación

1. Recibida a solicitude de licencia, procederase a recabar nun só acto, os informes regulamentarios sobre a procedencia da concesión da licencia solicitada.

2. Evacuados os informes, formularase proposta de resolución, que deberá ser motivada nos supostos en que fose denegatoria.

3. Previamente ó outorgamento da licencia, practicarase liquidación definitiva dos dereitos ou taxas que procedan, procedéndose á fiscalización correspondente pola Intervención Municipal.

ARTIGO 13. Resolución

A Alcaldía ou a Comisión de Goberno, se tivera delegada tal atribución, adoptará a resolución que procedera en canto ó outorgamento da licencia solicitada.

ARTIGO 14. Notificacións

1. Adoptada a resolución que proceda, polo órgano correspondente practicarase a corrrespondente notificación os/as interesados/as e comunicarase dita resolución ós servicios municipais responsbles da execución do acordo municipal.

2. Nos supostos de resolución denegada da pretensión formulada, procederase, de oficio, á devolución do depósito constituido, seguindo o procedemento que rexe a devolución de ingresos indebidos, sempre que o/a intersado/a non realizara as obras ou fixera ouso das instalacións solicitadas, todo iso, sen prexuízo das sancións previstas no ordenamento xurídico.

3. Remitirase á Unidade de Rendas e Exaccións copia dos actos de concesión da licencia, a fin de que se comprobe o estricto cumprimento das previsións consignadas nos mesmos en canto teña transcendencia de carácter fiscal.

4. A execución das obras queda suxeita á vixilancia, fiscalizacion e revision do Concello, quen a exercerá a través dos seus técnicos e axentes.

ARTIGO 15. Desestimento, caducidade e duración das licencias.

1. Ata tanto no recaia acordo municipal sobre da concesión da licencia, os/as interesados/as poderán desistir ou renunciar expresamente á mesma. No suposto de que calquera dos actos mencionados se formule dentro do prazo de dous meses contados a partir da data de presentación que establece o artigo 9 do Regulamento de Servicios das Corporacións Locais, as cotas a liquidar serán 20 por cento das sinaladas na tarifa establecida no artigo 6º sempre que a actividade municipal dera comezo.

2. Consideranse caducadas as licencias se despois de ser concedidas transcorren máis de seis meses sen dar comezo as obras ou cando, unha vez iniciadas, foran interrompidas durante o devandito prazo, agás nos casos de forza maior, que deberá ser alegada polo titular da licencia antes de que expire o referido prazo, para a súa resolución posterior polo organismo concedente.

3. Tódalas licencias que se conceden terán un prazo para a execución das obras. Rematado o prazo quedará caducada e sen valor nin efecto ningún a autorización obtida, salvo que, anticipadamente, se solicite e obteña, no seu caso, a prórroga regulamentaria. As prórrogas que se concedan levarán igualmente fixado o prazo, que como máximo será o da licencia primitiva. Os dereitos pola concesión da prórroga fíxanse no 1% da parte da obra pendente de executar.

ARTIGO 16. Infraccións e Sancións

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas corresponden en cada caso, estarase o disposto nos artigos 183 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.

DISPOSICIÓN ADICIONAL

As tarifas establecidas na presente ordenanza incrementaranse anualmente segundo o IPC.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente ordenanza fiscal foi aprobada polo Concello Pleno en sesión celebrada o día 20 de novembro de 1989.

Foi modificada segundo acordos plenarios de data 18 de xullo de 1996, 19 de agosto de 1997, 6 de setembro de 2001, 26 de setembro de 2002 e 24 de novembro de 2003.

A presente modificación foi aprobada polo Concello Pleno en sesión celebrada o día 29 de xullo de 2004. Entrará en vigor, logo da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, o día 1 de xaneiro de 2005, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas.