Cambre - ORDENANZA REGULADORA DA PRESTACIÓN DOS SERVIZOS CONTIDOS NO PROGRAMA MAÑANCEIRO, INSCRICIÓN E SELECCIÓN DOS SOLICITANTES.

Publicación provisional: 31/08/2004 BOP Nº: 201
Publicación definitiva: 23/10/2004 BOP Nº: 270
Aplicable dende: 17/09/2020

INTRODUCIÓN

Ao longo do curso 2003 - 2004 xurdiu a idea de crear un servizo de apertura do colexio antes do comezo das clases a primeira hora da mañá, idea que estivo apoiada polas diversas peticións de pais e nais de escolares de Cambre, como medida conciliadora da vida familiar e laboral de moitas familias do noso municipio. Por iso a área de Cultura e Benestar Social, por medio da Concellaría de Educación, comezou a traballar nesta idea para poñer en marcha un novo programa de protección, vixilancia e almorzo dos escolares dos centros públicos de Educación Infantil e Primaria do municipio de Cambre que se denominou "Mañanceiro" .

O artigo 25.2 k) da Lei 7/ 1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e o artigo 80.2 k) da Lei 5/ 1997, de 22 de xullo, de administración local de Galicia establecen que o municipio exercerá, en todo caso, competencias nos termos da lexislación do Estado e da Comunidade Autónoma en materia de prestación dos Servizos Sociais, e o artigo 26.1 c) da Lei 7/ 85 atribúe aos municipios con poboación superior a 20.000 habitantes a prestación de servizos sociais con carácter obrigatorio.

O artigo 5.3 b) da Lei 4/ 1993, do 14 de abril, de Servizos Sociais de Galicia establece entre as áreas de actuación nas que se estructura o sistema de servizos sociais, as dirixidas á familia, infancia e mocidade, incluíndo estes sectores de poboación dentro da sección II de Servizos Sociais de atención especializada definidos no artigo 12. Pola súa parte, o artigo 20 do citado texto normativo atribúe competencias en materia de Servizos Sociais a Concellos, Diputacións Provinciais e Comunidade Autónoma, e o artigo 21 establece que corresponden ós Concellos, de conformidade co previsto na Lei 7/ 85, as competencias relativas á creación e xestión de Servizos Sociais especializados de ámbito local, entendendo por tales aqueles nos que os usuarios sexan predominantemente residentes do respectivo municipio.

En virtude do exposto, e de conformidade coas competencias que en materia de prestación de Servizos Sociais teñen atribuídas as Corporacións Locais, regúlanse os servizos incluídos no denominado "Programa Mañanceiro".

Art. 1.- Obxecto

O Programa Mañanceiro ten como obxectivo principal responder ás necesidades familiares derivadas do desfase existente entre os horarios escolares e laborais, garantindo a atención dos nenos e nenas por persoas debidamente cualificadas que lles ofrezan actividades encamiñadas a fomentar a súa creatividade, autonomía e interese por coñecer e desfrutar o seu contorno, cubrindo a necesidade de atención a nenos e nenas antes do inicio das clases pola mañá, así como ofrecer o servizo dun almorzo equilibrado que os pais ou familiares, en moitos casos como consecuencia das súas actividades profesionais e de traballo, vense imposibilitados de prestar axeitadamente, máxime se se ten en conta a importancia que ten o almorzo para o rendemento do neno/a durante a xornada escolar.

Os obxectivos específicos son:

1. Aproveitar o tempo para facer actividades lúdicas e de recreación.

2. Colaborar coas familias e o profesorado na adquisición, por parte dos escolares, de hábitos saudables de vida, consumo, alimentación e utilización do tempo de lecer.

3. Brindar unha metodoloxía de traballo que contribúa ao desenvolvemento global dos nenos/as, fomentando a súa creatividade, autonomía, comunicación e socialización.

4. Facilitar o apoio técnico necesario para a posta en marcha, nos centros que o soliciten.

5. Garantir a atención dos escolares por persoal debidamente cualificado durante o tempo previo á xornada lectiva.

6. Controlar a calidade e coherencia do prestado a través do seguimento continuado por parte do equipo supervisor do programa.

Art. 2.- Prestación dos servizos

1.- Os servizos que comprende o ¿Programa Mañanceiro" prestaranse, de luns a venres, en días lectivos durante o curso escolar correspondente, nos seguintes centros escolares do municipio de Cambre:

- Escola de Educación Infantil San Bartolomeu de Pravio.

- CEIP Gonzalo Torrente Ballester de Sigrás.

- CEIP Wenceslao Fernández Flórez de Cambre.

- CEIP Emilio González López de Brexo-Lema.

- CEIP Portofaro.

- CEIP Plurilingüe Graxal.

2.- Comezará a partires das 7:30 horas da mañá, coa apertura do centro escolar, e rematará co comezo do horario escolar establecido en cada un.

3.- O número mínimo de solicitudes necesarias para poñer en marcha o servizo (sen almorzo e con almorzo) será nos centros escolares de dúas liñas por curso dunha media de 13 escolares para a modalidade de mes completo e no caso dos centros escolares dunha liña por curso o número mínimo de solicitudes necesarias para poñelo en marcha será de 6 escolares para a modalidade de mes completo (sen almorzo e con almorzo).

Este nª mínimo pode verse modificado, se xorden circunstancias alleas á vontade do Concello de Cambre que obriguen a cambialo, o que se aprobará por Resolución do Alcalde ou do Concelleiro Delegado da Área.

O número máximo de prazas dispoñibles para cada centro será de 26 escolares. Non obstante, establecerase en función da demanda real para cada curso, limitado polo espazo que cada centro destine para realizar este programa e polo presuposto total do contrato. Dita cantidade máxima pactarase coa empresa concesionaria en cada momento segundo xurda a necesidade.

Unha vez rematado o prazo inicial de solicitude de inscrición no programa, determinarase en función da demanda en que centro levarase a cabo o servizo e en que modalidades. Unha vez determinado isto e ao longo do curso escolar poderase modificar se hai crédito suficiente para facelo e espacio no centro.

4.- Os servizos serán prestados polo seguinte persoal:

- Para a organización do almorzo en cada centro escolar: Un/unha monitor/a por cada grupo de ata 35 escolares participantes que soliciten o almorzo, 2 de 36 a 71 e 3 de 72 a 104 (nos centros escolares dunha soa liña por curso será necesario a partir de 13 escolares participantes que soliciten o servizo de almorzo. Entre 6 e 12 escolares participantes non será necesario).

- Para a realización de actividades en cada centro escolar: Dous/ dúas monitores/as por cada grupo de ata 26 escolares participantes, 3 de 27 a 40, 4 de 41 a 65 e 5 de 66 a 104.

- Para o desenvolvemento do programa e común a todos os centros: Un/unha coordinador/ a do programa.

- No suposto de ter un escolar participante con necesidades educativas especiais e como consecuencia dunha valoración técnica municipal, existirá un/ unha monitor/a de apoio especializado.

A ratio monitor/a alumno/a pode verse modificada, se xorden circunstancias extraordinarias alleas á vontade do Concello de Cambre que obriguen a cambiala, o que se aprobará por Resolución do Alcalde ou do Concelleiro Delegado da Área.

Art. 3.- Servizos que comprende o Programa Mañanceiro.

1.- Servizos de acollida, protección e vixilancia de escolares participantes e organización de actividades de ocio.

Respecto da realización de actividades lúdicas e de recreación as propostas de actividades que se formulan no Programa Mañanceiro deberán estar relacionadas co fomento de hábitos saudables de vida, consumo, alimentación e utilización do tempo de lecer e estarán adaptadas ao grupo de idade co que se vaia a traballar.

No deseño das propostas dos contidos das actividades de ocio utilizarase unha temática transversal, que deberá ter en conta os medios rural e urbano que se mesturan e caracterizan ao municipio de Cambre, así como impartir ensinanzas relacionadas coa educación para a paz, educación para a tolerancia e solidariedade, educación medioambiental, coeducación.... En todo caso, deberán contemplar: actividade motriz, plástica, música, animación teatral, animación á lectura, e medios audiovisuais.

2.- Servizo de almorzo.

Art. 4.- Beneficiarios do Programa Mañanceiro.

O ¿Programa Mañanceiro" está dirixido a todo o alumnado dos centros escolares públicos de Educación Infantil e de Educación Infantil e Primaria do municipio de Cambre, polo que son requisitos:

- Estar empadroados/as no Concello de Cambre. Só en caso de que haxan prazas valeiras poderanse admitir participantes que non estean empadroados/as.

- Estar matriculados/as nun centro escolar de Educación Infantil ou de Educación Infantil e Primaria do municipio de Cambre.

A integración de alumnado con discapacidade estará supeditado para cada curso escolar á existencia de persoal cualificado e en número suficiente. Aínda así, solicitarase informe médico que acredite o nivel de autonomía e así poder valorar a posibilidade de integralo/a no programa.

Art. 5.- Tramitación de acceso aos servizos.

1.- Os servizos do programa serán prestados polo Concello de Cambre por instancia dos interesados, e establécese un prazo de inscrición dun mes. As datas concretas fixaranse anualmente por Resolución do Alcalde ou do Concelleiro Delegado da Área.

Non obstante, poderá presentarse solicitude con posterioridade a ese prazo de inscrición ao longo do curso escolar, tendo en conta que, no suposto de que o grupo xa contara co máximo de escolares o solicitante sería incluído na lista de espera.

En cada curso escolar deberase solicitar de novo a praza para participar no programa.

2.- As solicitudes presentaranse a través da sede electrónica da web municipal ou en calquera dos Rexistros de Entrada do Concello de Cambre (con cita previa, se fose necesario) segundo o modelo establecido, modelo que se achega como ANEXO II, achegando con ela a seguinte documentación:

a) Xunto coa solicitude e se se dese o caso:

o Documentación necesaria para xustificar a redución solicitada sobre a tarifa establecida.

o Informe médico onde se recolla a intolerancia alimenticia que presente o/a alumno/a ou calquera outra particularidade.

b) No suposto de que haxa máis solicitudes que prazas, e logo do requirimento dende o Concello de Cambre:

o Libro de familia ou documento que o substitúa.

o Volante de empadroamento colectivo da unidade familiar (solicitar no Rexistro municipal).

o Vida laboral do pai, nai e/ ou titor legal ou tarxeta de demanda de emprego, segundo o caso.

o Sentencia de separación ou divorcio ou xustificante de viuvez.

o Xustificación de ingresos económicos: Autorización asinada para que o Concello solicite os datos da renda á Axencia Tributaria (IRPF) do ano que corresponda, segundo modelo normalizado.

o Se non tivo que facer declaración da renda:

- Certificado da Axencia Tributaria onde figure que non fixo declaración.

- Certificado de Bases Impoñibles.

- Certificado expedido polo órgano competente (Xunta, Seguridade Social...) se percibe algunha prestación ou pensión.

o Se se vese modificada a situación económica dalgún dos cónxuxes (con respecto ao ano da declaración da renda):

o No caso de separación ou divorcio: certificado da vida laboral, achegando copia das nóminas da empresa liquidadas no exercicio do ano de presentación da solicitude, ou certificado da empresa cos importes percibidos ata a data.

o No caso de desemprego: se é demandante de emprego con prestación, certificado de prestación do SEPE cos importes recibidos. Se non ten prestación, certificado do SEPE e vida laboral.

o No caso de viuvez, xustificante da pensión e/ou certificado da vida laboral xunto coas nóminas da empresa liquidadas no ano en curso.

o No caso de ERTE: documentación que acredite a situación e na que se reflicten os ingresos percibidos nese período e resto de ingresos percibidos fóra dese período no ano en curso ata a data de presentación da solicitude.

- Outros documentos, se procede, nos que consten incidencias familiares, económicas e sociais puntuábeis no baremo.

- Declaración xurada de situacións que non poidan ser documentadas de forma oficial.

(Esta documentación será actualizada cada ano se fose necesario).

Para tal efecto, rematado o prazo de recepción de solicitudes procederase ao exame da documentación presentada e no suposto de que se presentasen máis solicitudes que prazas, requiriráselles aos interesados para que no prazo de 10 días presenten a documentación á que se fai referencia no punto dous b, do presente artigo coa indicación de que, se así non se fixese, terase por desistido da súa petición, logo da resolución en tal sentido.

Art. 6.- Baremo de admisión.

1.- Admitiranse logo da resolución adoptada para o efecto a todos os solicitantes sempre e cando non haxa máis solicitudes ca prazas.

2.- E de non ser así, a selección dos participantes efectuarase en función da puntuación conseguida segundo o baremo estabelecido no Anexo I, mediante o que se avaliarán os factores socioeconómicos, familiares e laborábeis da unidade familiar.

No caso de obter a mesma puntuación darase prioridade á renda per cápita máis baixa. Se continuara o empate, fariase sorteo entre estes.

Enténdese por unidade familiar o conxunto de persoas unidas polo vínculo de matrimonio ou parentesco, ou as unidades de convivencia cando constitúa núcleos estables de vida en común.


Art 7.- Comisión de Baremación.

A todas as solicitudes recibidas aplicarase un procedemento de estimación. Para tal fín constituirase unha comisión de seguimento composta por:

- O/ A concelleiro/a da área de quen dependa o Programa Mañanceiro.

- O/A concelleiro/a de quen dependa o Programa Mañanceiro.

- O/A director/a do Centro Escolar de Educación Infantil e Primaria correspondente.

- O/A presidente/ a da ANPA ou membro en quen delegue.

- O/ A funcionario/a responsable do programa.

Os acordos tomaránse por maioría simple e resolverá, en caso de empate, o Concelleiro da Área

Art. 8.- Relación de admitidos, excluídos e lista de espera.

Unha vez estudadas todas as solicitudes presentadas e unha vez resoltas, publicarase a relación de admitidos, excluídos e lista de espera no taboleiro de anuncios.

As vacantes que se vaian producindo serán cubertas polos/ as nenos/as que estean en lista de espera.

Art. 9.- Extinción dos servizos.

1.- Serán causas de baixas nos servizos:

- O incumprimento dos requisitos establecidos.

- A solicitude dos pais ou representantes legais.

- O non pagamento da cota establecida.

- A comprobación de falsedade nos documentos ou datos achegados.

- A falta de asistencia continuada durante un mes sen causa xustificada.

2.- Se houbese máis solicitudes ca prazas no prazo de 10 días deberá presentar a documentación que mostramos a continuación, segundo o estabelecido no artigo 5 da ordenanza reguladora do Programa Mañanceiro.

- Libro de familia.

- Certificado de minusvalía do participante, se se dese o caso, e informe médico.

- Aqueles participantes que teñan problemas alimentarios (celíaco, diabético...) achegarán informe médico onde se recollan.

- Vida laboral do pai, nai e/ou titor legal.

- Tarxeta de demanda de emprego.

- Sentencia de separación ou divorcio ou xustificante de viuvez.

- Xustificación de ingresos económicos:

- Se tivo que facer declaración do IRPF:

* Declaración do IRPF, de cada membro da unidade familiar computábel para efectos económicos, do ano anterior.

- Se non tivo obriga de presentar declaración:

* Certificado da Axencia Tributaria, do ano anterior, onde figure que non fixo a declaración do IRPF.

* Certificado de Bases Impoñíbeis, do ano anterior.

* Certificación expedida polo organismo competente (INEM, Xunta, Seguridade Social...) se percibise algunha prestación ou pensión (RISGA, PNC, viuvez, orfandade, xubilación...).

- Outros documentos se procede nos que consten incidencias familiares, económicas e sociais puntuábeis no baremo.

Cambre, ...... de ..............de 200.... Sinatura (pai /nai /titor)

Disposición adicional única.

A xestión dos servizos comprendidos no "Programa Mañanceiro", como servizos públicos en canto tenden á consecución dos fins sinalados como da competencia municipal, e tendo en conta o establecido nos artigos 22.2 f) e 85 da Lei 7/85, xestionaranse de forma indirecta, mediante concesión.

Disposición final.

A presente ordenanza entrará en vigor unha vez publicado integramente o seu texto no Boletín Oficial da Provincia e transcorra o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/ 85, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

ANEXO I

Baremo de aplicación ás solicitudes de admisión no Programa Mañanceiro:

1º .- Situación socio - familiar:

 

SITUACIÓNPUNTOS
Familia monoparental ( pai, nai, ou titor legal)6
Familia numerosa:4
Por discapacidade física, psíquica ou sensorial do participante.3
Familia formada por pai e nai.2
Calquera outra situación socio-familiar que sexa susceptible de valoración.1

 

2º Situación laboral-familiar:
SITUACIÓN
PUNTOS
Familia monoparental en situación de desemprego ou emprego
7
Pai ou nai en situación de emprego (cada un)
3
Pai e/ou nai en situación de desemprego sen prestación económica (cada un)
3
Pai e/ou nai en situación de desemprego sen prestación económica (cada un)
3
3º.- Situación económica, tendo en conta a renda anual da unidade familiar:
SITUACIÓN
PUNTOS
Ingresos iguais ou inferiores ao indicador público de renda de efectos múltiples (iprem).
8
Ingresos superiores ao iprem e inferiores ao duplo deste indicador
7
Ingresos superiores ao duplo do iprem e inferiores ao triplo deste indicador.
6
Ingresos iguais ou superiores ao triplo do iprem.
5

4º - Permanencia no programa:

 

SITUACIÓNPUNTOS
Por permanencia do alumno/a no programa no curso anterior (todos os meses e días da duración do programa)2

 

ANEXO II

1.- DATOS DO/ A ALUMNO/A:

Apelidos...............................................................................................................Nome ¿....................................

Centro Escolar.................................................................Curso...............Data de nacemento .................................

2.- DATOS FAMILIARES:

Pai, Nai ou titor/a................................................................................ DNI .......¿¿¿..........................................

Rúa .........................................................................................................................Nº.......... Piso.........................

Municipio...............................C.P................Teléfono............................... Outros teléfonos ......................................

Correo electrónico...................................................................................................................................................

3.- DATOS DO PROGRAMA MAÑANCEIRO:

- Horario de entrada aproximada: 7:30 horas ____

8:00 horas ____

8:30 horas ____

- Tempo de solicitude:

Mes completo: Todo o curso escolar ____; No mes de _______________________

Días soltos: Todo o curso escolar ____; No mes de _______________________

- Almorzo: Si_____. Non _____

¿Ten algunha intolerancia alimenticia? ______________________________________

- Solicita reducción en función dunha das seguintes situacións:

_ Familia monoparental: ____

_ Discapacidade do/a fillo/ a: ____

_ Familia numerosa: ___ Número de membros da familia numerosa: ___

_ Situación de desemprego dun cónxuxe: ___ Situación de desemprego dous cónxuxes: ____

_ Con informe de Servizos Sociais municipal: ____

(En todo caso, estableceráse as reducións que se aproben polo Pleno da Corporación no momento de aprobar as tarifas trata sinatura do contrato con empresa concesionaria que corresponda).

Tarifas:

CENTRO

CON ALMORZO

SEN ALMORZO

Mes completo

Días soltos*

Mes completo

Días soltos*

W.FDEZ. FLÓREZ CAMBRE

GONZALO T. BALLESTER DE SIGRÁS

PLURILINGÜE GRAXAL

PORTOFARO

EMILIO G. LÓPEZ DE BREXO-LEMA

ESCOLA DE EDUCACIÓN INFANTIL SAN BARTOLOMEU DE PRAVIO

* Os días soltos contabilízanse ata____ días.

As solicitudes presentaranse a través da sede electrónica da web municipal ou en calquera dos Rexistros de Entrada do Concello de Cambre (con cita previa, se fose necesario) segundo o modelo establecido, modelo que se achega como ANEXO II, achegando con ela a seguinte documentación:

a) Xunto coa solicitude e se se dese o caso:

o Documentación necesaria para xustificar a redución solicitada sobre a tarifa estabrecida.

o Informe médico onde se recolla a intolerancia alimenticia que presente o/a alumno/a ou calquera outra particularidade.

b) No suposto de que haxa máis solicitudes que prazas, e logo do requerimento dende o Concello de Cambre:

o Libro de familia ou documento que o substitúa.

o Volante de empadroamento colectivo da unidade familiar (solicitar no Rexistro municipal).

o Vida laboral do pai, nai e/ ou titor legal ou tarxeta de demanda de emprego, segundo o caso.

o Sentencia de separación ou divorcio ou xustificante de viuvez.

o Xustificación de ingresos económicos: Autorización asinada para que o Concello solicite os datos da renda á Axencia Tributaria (IRPF) do ano que corresponda, segundo modelo normalizado.

o Se non tivo que facer declaración da renda:

- Certificado da Axencia Tributaria onde figure que non fixo declaración.

- Certificado de Bases Impoñibles.

- Certificado expedido polo órgano competente (Xunta, Seguridade Social...) se percibe algunha prestación ou pensión.

o Se se vese modificada a situación económica dalgún dos cónxuxes (con respecto ao ano da declaración da renda):

- No caso de separación ou divorcio: certificado da vida laboral, achegando copia das nóminas da empresa liquidadas no exercicio do ano de presentación da solicitude, ou certificado da empresa cos importes percibidos ata a data.

- No caso de desemprego: se é demandante de emprego con prestación, certificado de prestación do SEPE cos importes recibidos. Se non ten prestación, certificado do SEPE e vida laboral.

- No caso de viuvez, xustificante da pensión e/ou certificado da vida laboral xunto coas nóminas da empresa liquidadas no ano en curso.

- No caso de ERTE: documentación que acredite a situación e na que se reflicten os ingresos percibidos nese período e resto de ingresos percibidos fóra dese período no ano en curso ata a data de presentación da solicitude.

o Outros documentos, se procede, nos que consten incidencias familiares, económicas e sociais puntuábeis no baremo.

o Declaración xurada de situacións que non poidan ser documentadas de forma oficial.

(Esta documentación será actualizada cada ano se fose necesario).

Para tal efecto, rematado o prazo de recepción de solicitudes procederase ao exame da documentación presentada e no suposto de que se presentasen máis solicitudes que prazas, requiriráselles aos interesados para que no prazo de 10 días presenten a documentación á que se fai referencia no punto dous b, do presente artigo coa indicación de que, se así non se fixese, terase por desistido da súa petición, logo da resolución en tal sentido.

____________________________________________________________

AUTORIZACIÓN BANCARIA

D./ Dna.: ______________________________________con DNI: ______________ como titular da conta bancaria número:

IBAN __________/ ___________/ _____/ ___________________________________

autorizo a domiciliación dos recibos do Programa Mañanceiro para o curso escolar 20__-20__ do Concello de Cambre.

Asinado:_____________________

____________________________________________________________

Cambre,¿¿de¿....¿¿.. de 20......

Sinatura (pai/ nai/titor/a)