Cambre - ORDENANZA REGULADORA DA PRESTACIÓN DOS SERVIZOS CONTIDOS NO PROGRAMA MAÑANCEIRO, INSCRICIÓN E SELECCIÓN DOS SOLICITANTES.
INTRODUCIÓN
Ao longo do curso 2003 - 2004 xurdiu a idea de crear un servizo de apertura do colexio antes do comezo das clases a primeira hora da mañá, idea que estivo apoiada polas diversas peticións de pais e nais de escolares de Cambre, como medida conciliadora da vida familiar e laboral de moitas familias do noso municipio. Por iso a área de Cultura e Benestar Social, por medio da Concellaría de Educación, comezou a traballar nesta idea para poñer en marcha un novo programa de protección, vixilancia e almorzo dos escolares dos centros públicos de Educación Infantil e Primaria do municipio de Cambre que se denominou "Mañanceiro" .
O artigo 25.2 k) da Lei 7/ 1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e o artigo 80.2 k) da Lei 5/ 1997, de 22 de xullo, de administración local de Galicia establecen que o municipio exercerá, en todo caso, competencias nos termos da lexislación do Estado e da Comunidade Autónoma en materia de prestación dos Servizos Sociais, e o artigo 26.1 c) da Lei 7/ 85 atribúe aos municipios con poboación superior a 20.000 habitantes a prestación de servizos sociais con carácter obrigatorio.
O artigo 5.3 b) da Lei 4/ 1993, do 14 de abril, de Servizos Sociais de Galicia establece entre as áreas de actuación nas que se estructura o sistema de servizos sociais, as dirixidas á familia, infancia e mocidade, incluíndo estes sectores de poboación dentro da sección II de Servizos Sociais de atención especializada definidos no artigo 12. Pola súa parte, o artigo 20 do citado texto normativo atribúe competencias en materia de Servizos Sociais a Concellos, Diputacións Provinciais e Comunidade Autónoma, e o artigo 21 establece que corresponden ós Concellos, de conformidade co previsto na Lei 7/ 85, as competencias relativas á creación e xestión de Servizos Sociais especializados de ámbito local, entendendo por tales aqueles nos que os usuarios sexan predominantemente residentes do respectivo municipio.
En virtude do exposto, e de conformidade coas competencias que en materia de prestación de Servizos Sociais teñen atribuídas as Corporacións Locais, regúlanse os servizos incluídos no denominado "Programa Mañanceiro".
Art. 1.- Obxecto
O Programa Mañanceiro ten como obxectivo principal responder ás necesidades familiares derivadas do desfase existente entre os horarios escolares e laborais, garantindo a atención dos nenos e nenas por persoas debidamente cualificadas que lles ofrezan actividades encamiñadas a fomentar a súa creatividade, autonomía e interese por coñecer e desfrutar o seu contorno, cubrindo a necesidade de atención a nenos e nenas antes do inicio das clases pola mañá, así como ofrecer o servizo dun almorzo equilibrado que os pais ou familiares, en moitos casos como consecuencia das súas actividades profesionais e de traballo, vense imposibilitados de prestar axeitadamente, máxime se se ten en conta a importancia que ten o almorzo para o rendemento do neno/a durante a xornada escolar.
Os obxectivos específicos son:
1. Aproveitar o tempo para facer actividades lúdicas e de recreación.
2. Colaborar coas familias e o profesorado na adquisición, por parte dos escolares, de hábitos saudables de vida, consumo, alimentación e utilización do tempo de lecer.
3. Brindar unha metodoloxía de traballo que contribúa ao desenvolvemento global dos nenos/as, fomentando a súa creatividade, autonomía, comunicación e socialización.
4. Facilitar o apoio técnico necesario para a posta en marcha, nos centros que o soliciten.
5. Garantir a atención dos escolares por persoal debidamente cualificado durante o tempo previo á xornada lectiva.
6. Controlar a calidade e coherencia do prestado a través do seguimento continuado por parte do equipo supervisor do programa.
Art. 2.- Prestación dos servizos
2.- Comezará a partires das 7:30 horas da mañá, coa apertura do centro educativo, e rematará co comezo do horario escolar establecido en cada centro.
3. O número de alumnos/as por grupo en cada centro será unha media de 13 como mínimo e no caso dos centros escolares dunha liña o número mínimo de solicitudes necesarias para poñelo en marcha é de 6."
Art. 3.- Servizos que comprende o Programa Mañanceiro.
1.- Servizos de acollida, protección e vixilancia de escolares participantes e organización de actividades de ocio.
Respecto da realización de actividades lúdicas e de recreación as propostas de actividades que se formulan no Programa Mañanceiro deberán estar relacionadas co fomento de hábitos saudables de vida, consumo, alimentación e utilización do tempo de lecer e estarán adaptadas ao grupo de idade co que se vaia a traballar.
No deseño das propostas dos contidos das actividades de ocio utilizarase unha temática transversal, que deberá ter en conta os medios rural e urbano que se mesturan e caracterizan ao municipio de Cambre, así como impartir ensinanzas relacionadas coa educación para a paz, educación para a tolerancia e solidariedade, educación medioambiental, coeducación.... En todo caso, deberán contemplar: actividade motriz, plástica, música, animación teatral, animación á lectura, e medios audiovisuais.
2.- Servizo de almorzo.
Art. 4.- Beneficiarios do Programa Mañanceiro.
O "Programa Mañanceiro" está dirixido a tódolos alumnos/as dos centros públicos de educación infantil e primaria do municipio de Cambre, polo que son requisitos:
- Estar empadroados no Concello de Cambre. Só en caso de que haxan prazas valeiras poderanse admitir participantes que non estén empadroados.
- Estar matriculados nun centro escolar de educación infantil e primaria do Concello de Cambre.
A integración de nenos/as con discapacidade estará supeditado para cada curso escolar a la existencia de persoal cualificado e en número suficiente. Aún así, solicitarase informe médico que acredite o nivel de autonomía e así poder valorar a posibilidade de integralo no programa.
Art. 5.- Tramitación de acceso aos servizos.
Art. 6.- Baremo de admisión.
1.- Admitiranse logo da resolución adoptada para o efecto a todos os solicitantes sempre e cando non haxa máis solicitudes ca prazas.
2.- E de non ser así, a selección dos participantes efectuarase en función da puntuación conseguida segundo o baremo estabelecido no Anexo I, mediante o que se avaliarán os factores socioeconómicos, familiares e laborábeis da unidade familiar.
No caso de obter a mesma puntuación darase prioridade á renda per cápita máis baixa. Se continuara o empate, fariase sorteo entre estes.
Enténdese por unidade familiar o conxunto de persoas unidas polo vínculo de matrimonio ou parentesco, ou as unidades de convivencia cando constitúa núcleos estables de vida en común.
Art 7.- Comisión de Baremación.
Art. 8.- Relación de admitidos, excluídos e lista de espera.
Unha vez estudadas todas as solicitudes presentadas e unha vez resoltas, publicarase a relación de admitidos, excluídos e lista de espera no taboleiro de anuncios.
As vacantes que se vaian producindo serán cubertas polos/ as nenos/as que estean en lista de espera.
Art. 9.- Extinción dos servizos.
1.- Serán causas de baixas nos servizos:
- O incumprimento dos requisitos establecidos.
- A solicitude dos pais ou representantes legais.
- O non pagamento da cota establecida.
- A comprobación de falsedade nos documentos ou datos achegados.
- A falta de asistencia continuada durante un mes sen causa xustificada.
2.- Se houbese máis solicitudes ca prazas no prazo de 10 días deberá presentar a documentación que mostramos a continuación, segundo o estabelecido no artigo 5 da ordenanza reguladora do Programa Mañanceiro.
- Libro de familia.
- Certificado de minusvalía do participante, se se dese o caso, e informe médico.
- Aqueles participantes que teñan problemas alimentarios (celíaco, diabético...) achegarán informe médico onde se recollan.
- Vida laboral do pai, nai e/ou titor legal.
- Tarxeta de demanda de emprego.
- Sentencia de separación ou divorcio ou xustificante de viuvez.
- Xustificación de ingresos económicos:
- Se tivo que facer declaración do IRPF:
* Declaración do IRPF, de cada membro da unidade familiar computábel para efectos económicos, do ano anterior.
- Se non tivo obriga de presentar declaración:
* Certificado da Axencia Tributaria, do ano anterior, onde figure que non fixo a declaración do IRPF.
* Certificado de Bases Impoñíbeis, do ano anterior.
* Certificación expedida polo organismo competente (INEM, Xunta, Seguridade Social...) se percibise algunha prestación ou pensión (RISGA, PNC, viuvez, orfandade, xubilación...).
- Outros documentos se procede nos que consten incidencias familiares, económicas e sociais puntuábeis no baremo.
Cambre, ...... de ..............de 200.... Sinatura (pai /nai /titor)
Disposición adicional única.
A xestión dos servizos comprendidos no "Programa Mañanceiro", como servizos públicos en canto tenden á consecución dos fins sinalados como da competencia municipal, e tendo en conta o establecido nos artigos 22.2 f) e 85 da Lei 7/85, xestionaranse de forma indirecta, mediante concesión.
Disposición final.
A presente ordenanza entrará en vigor unha vez publicado integramente o seu texto no Boletín Oficial da Provincia e transcorra o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/ 85, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.
ANEXO I
Baremo de aplicación ás solicitudes de admisión no Programa Mañanceiro:
1º .- Situación socio - familiar:
SITUACIÓN | PUNTOS |
Familia monoparental ( pai, nai, ou titor legal) | 6 |
Familia numerosa: | 4 |
Por discapacidade física, psíquica ou sensorial do participante. | 3 |
Familia formada por pai e nai. | 2 |
Calquera outra situación socio-familiar que sexa susceptible de valoración. | 1 |
2º Situación laboral-familiar:
SITUACIÓN PUNTOS Familia monoparental en situación de desemprego ou emprego 7 Pai ou nai en situación de emprego (cada un) 3 Pai e/ou nai en situación de desemprego sen prestación económica (cada un) 3 Pai e/ou nai en situación de desemprego sen prestación económica (cada un) 33º.- Situación económica, tendo en conta a renda anual da unidade familiar:
SITUACIÓN PUNTOS Ingresos iguais ou inferiores ao indicador público de renda de efectos múltiples (iprem). 8 Ingresos superiores ao iprem e inferiores ao duplo deste indicador 7 Ingresos superiores ao duplo do iprem e inferiores ao triplo deste indicador. 6 Ingresos iguais ou superiores ao triplo do iprem. 5
4º - Permanencia no programa:
SITUACIÓN | PUNTOS |
Por permanencia do alumno/a no programa no curso anterior (todos os meses e días da duración do programa) | 2 |
ANEXO II
CENTRO | CON ALMORZO | SEN ALMORZO | ||
Mes completo | Días soltos | Mes completo | Días soltos | |
W.FDEZ. FLÓREZ CAMBRE | ||||
GONZALO T. BALLESTER DE SIGRÁS | ||||
O GRAXAL | ||||
PORTOFARO | ||||
EMILIO G. LÓPEZ DE BREXO-LEMA |