Cambre - ORDENANZA REGULADORA DA PRESTACIÓN DOS SERVIZOS CONTIDOS NO PROGRAMA MAÑANCEIRO, INSCRICIÓN E SELECCIÓN DOS SOLICITANTES.
INTRODUCIÓN
Ao longo do curso 2003 - 2004 xurdiu a idea de crear un servizo de apertura do colexio antes do comezo das clases a primeira hora da mañá, idea que estivo apoiada polas diversas peticións de pais e nais de escolares de Cambre, como medida conciliadora da vida familiar e laboral de moitas familias do noso municipio. Por iso a área de Cultura e Benestar Social, por medio da Concellaría de Educación, comezou a traballar nesta idea para poñer en marcha un novo programa de protección, vixilancia e almorzo dos escolares dos centros públicos de Educación Infantil e Primaria do municipio de Cambre que se denominou "Mañanceiro" .
O artigo 25.2 k) da Lei 7/ 1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e o artigo 80.2 k) da Lei 5/ 1997, de 22 de xullo, de administración local de Galicia establecen que o municipio exercerá, en todo caso, competencias nos termos da lexislación do Estado e da Comunidade Autónoma en materia de prestación dos Servizos Sociais, e o artigo 26.1 c) da Lei 7/ 85 atribúe aos municipios con poboación superior a 20.000 habitantes a prestación de servizos sociais con carácter obrigatorio.
O artigo 5.3 b) da Lei 4/ 1993, do 14 de abril, de Servizos Sociais de Galicia establece entre as áreas de actuación nas que se estructura o sistema de servizos sociais, as dirixidas á familia, infancia e mocidade, incluíndo estes sectores de poboación dentro da sección II de Servizos Sociais de atención especializada definidos no artigo 12. Pola súa parte, o artigo 20 do citado texto normativo atribúe competencias en materia de Servizos Sociais a Concellos, Diputacións Provinciais e Comunidade Autónoma, e o artigo 21 establece que corresponden ós Concellos, de conformidade co previsto na Lei 7/ 85, as competencias relativas á creación e xestión de Servizos Sociais especializados de ámbito local, entendendo por tales aqueles nos que os usuarios sexan predominantemente residentes do respectivo municipio.
En virtude do exposto, e de conformidade coas competencias que en materia de prestación de Servizos Sociais teñen atribuídas as Corporacións Locais, regúlanse os servizos incluídos no denominado "Programa Mañanceiro".
Art. 1.- Obxecto
O Programa Mañanceiro ten como obxectivo principal responder ás necesidades familiares derivadas do desfase existente entre os horarios escolares e laborais, garantindo a atención dos nenos e nenas por persoas debidamente cualificadas que lles ofrezan actividades encamiñadas a fomentar a súa creatividade, autonomía e interese por coñecer e desfrutar o seu contorno, cubrindo a necesidade de atención a nenos e nenas antes do inicio das clases pola mañá, así como ofrecer o servizo dun almorzo equilibrado que os pais ou familiares, en moitos casos como consecuencia das súas actividades profesionais e de traballo, vense imposibilitados de prestar axeitadamente, máxime se se ten en conta a importancia que ten o almorzo para o rendemento do neno/a durante a xornada escolar.
Os obxectivos específicos son:
1. Aproveitar o tempo para facer actividades lúdicas e de recreación.
2. Colaborar coas familias e o profesorado na adquisición, por parte dos escolares, de hábitos saudables de vida, consumo, alimentación e utilización do tempo de lecer.
3. Brindar unha metodoloxía de traballo que contribúa ao desenvolvemento global dos nenos/as, fomentando a súa creatividade, autonomía, comunicación e socialización.
4. Facilitar o apoio técnico necesario para a posta en marcha, nos centros que o soliciten.
5. Garantir a atención dos escolares por persoal debidamente cualificado durante o tempo previo á xornada lectiva.
6. Controlar a calidade e coherencia do prestado a través do seguimento continuado por parte do equipo supervisor do programa.
Art. 2.- Prestación dos servizos
1.- Os servizos que comprende o "Programa Mañanceiro" prestaranse, de luns a venres, en días lectivos, nos seguintes centros:
- CEIP. Gonzalo Torrente Ballester de Sigrás: un grupo de escolares, en un período de estancia de 2,5 horas antes do comezo do horario escolar.
- CEIP. Wenceslao Fernández Flórez: un grupo de escolares, nun período de estancia de 2 horas antes do comezo do horario escolar.
- CEIP. Graxal: un grupo de escolares nun período de 1,5 horas antes do comezo do horario escolar.
- CEIP. Graxal II: un grupo de escolares en un período de 1,5 horas antes do comezo do horario escolar.
2.- Comezará a partires das 7:30 horas da mañá, coa apertura do centro educativo, e rematará co comezo do horario escolar establecido en cada centro.
3.- O número mínimo por centro será de 15 escolares e o número máximo será de 22 escolares. Non obstante, se nun centro houbera máis demanda, e existiran posibilidades económicas por non levarse a cabo o programa nalgún centro dos previstos, poderíase aumentar este número máximo de alumnos.
4.- Os servizos serán prestados polo seguinte persoal:
- Un camareiro/ a por cada grupo de 40 alumnos/ as.
- Un monitor/a por cada grupo de hasta 22 alumnos/as e dous monitores/as de 23 a 40 alumnos/as.
- Un coordinador/a do programa.
- No suposto de ter un alumno/ a con necesidades educativas especiais e como consecuencia dunha valoración técnica municipal, existirá un monitor de apoio especializado.
Art. 3.- Servizos que comprende o Programa Mañanceiro.
1.- Servizos de acollida, protección e vixilancia de escolares participantes e organización de actividades de ocio.
Respecto da realización de actividades lúdicas e de recreación as propostas de actividades que se formulan no Programa Mañanceiro deberán estar relacionadas co fomento de hábitos saudables de vida, consumo, alimentación e utilización do tempo de lecer e estarán adaptadas ao grupo de idade co que se vaia a traballar.
No deseño das propostas dos contidos das actividades de ocio utilizarase unha temática transversal, que deberá ter en conta os medios rural e urbano que se mesturan e caracterizan ao municipio de Cambre, así como impartir ensinanzas relacionadas coa educación para a paz, educación para a tolerancia e solidariedade, educación medioambiental, coeducación.... En todo caso, deberán contemplar: actividade motriz, plástica, música, animación teatral, animación á lectura, e medios audiovisuais.
2.- Servizo de almorzo.
Art. 4.- Beneficiarios do Programa Mañanceiro.
O "Programa Mañanceiro" está dirixido a tódolos alumnos/as dos centros públicos de educación infantil e primaria do municipio de Cambre, polo que son requisitos:
- Estar empadroados no Concello de Cambre. Só en caso de que haxan prazas valeiras poderanse admitir participantes que non estén empadroados.
- Estar matriculados nun centro escolar de educación infantil e primaria do Concello de Cambre.
A integración de nenos/as con discapacidade estará supeditado para cada curso escolar a la existencia de persoal cualificado e en número suficiente. Aún así, solicitarase informe médico que acredite o nivel de autonomía e así poder valorar a posibilidade de integralo no programa.
Art. 5.- Tramitación de acceso aos servizos.
1.- Os servizos do programa serán prestados polo Concello de Cambre por instancia dos interesados, e estabelécese un prazo de inscrición que será dende a segunda quincena do mes de xuño ata a primeira quincena do mes de xullo do curso escolar anterior ao da posta en marcha do novo servizo.
Non obstante, poderá presentarse a solicitude con posterioridade, durante a duración do curso escolar, tendo en conta que, no suposto de que o grupo xa contara co máximo de 22 alumnos/ as, o solicitante sería incluido na lista de espera.
En cada curso escolar deberase solicitar de novo a praza para participar no programa.
2.- As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello segundo o modelo estabelecido, modelo que se achega como ANEXO II, xuntando con ela fotocopia da seguinte documentación:
a) No suposto de que haxa menos solicitudes ca prazas e nun primeiro momento:
* Resgardo da matrícula escolar.
* Título de familia numerosa (se se dese o caso).
b) No suposto de que haxa máis solicitudes ca prazas:
* Libro de familia.
* Resgardo de matrícula escolar.
* Certificado de minusvalía do participante, se se dese o caso, e informe médico.
* Aqueles participantes que teñan problemas alimentarios (celíaco, diabético...) achegarán informe médico onde se recollan.
* Vida laboral do pai, nai e/ ou titor legal.
* Tarxeta de demanda de emprego.
* Sentencia de separación ou divorcio ou xustificante de viuvez.
* Xustificación de ingresos económicos:
- Se tivo que facer declaración do IRPF:
* Declaración do IRPF de cada membro da unidade familiar computábel para efectos económicos, do ano anterior.
- Se non tivo obriga de presentar declaración do IRPF:
* Certificado da Axencia Tributaria, do ano anterior, onde figure que non fixo a declaración do IRPF, ou
* Certificado de bases impoñíbeis, do ano anterior, ou
* Certificación expedida polo organismo competente (INEM, Xunta, Seguridade Social...) se percibise algunha prestación ou pensión (RISGA, PNC, viuvez, orfandade, xubilación...)
* Outros documentos, se procede, nos que consten incidencias familiares, económicas e sociais puntuábeis no baremo.
Para tal efecto, rematado o prazo de recepción de solicitudes procederase ao exame da documentación presentada e no suposto de que se presentasen máis solicitudes ca prazas, requiriráselles aos interesados para que no prazo de 10 días presenten a documentación á que se fai referencia no punto dous b, do presente artigo coa indicación de que, se así non se fixese, terase por desistido da súa petición, logo da resolución en tal sentido.
Art. 6.- Baremo de admisión.
1.- Admitiranse logo da resolución adoptada para o efecto a todos os solicitantes sempre e cando non haxa máis solicitudes ca prazas.
2.- E de non ser así, a selección dos participantes efectuarase en función da puntuación conseguida segundo o baremo estabelecido no Anexo I, mediante o que se avaliarán os factores socioeconómicos, familiares e laborábeis da unidade familiar.
No caso de obter a mesma puntuación darase prioridade á renda per cápita máis baixa. Se continuara o empate, fariase sorteo entre estes.
Enténdese por unidade familiar o conxunto de persoas unidas polo vínculo de matrimonio ou parentesco, ou as unidades de convivencia cando constitúa núcleos estables de vida en común.
Art 7.- Comisión de Baremación.
Cando non haxa máis solicitudes ca prazas serán valoradas polo/a técnico/a responsábel do programa sen ter que se reunir a comisión de baremo para todas as solicitudes presentadas. No caso contrario, aplicarase un procedemento de estimación. Para tal fin constituirase unha comisión de seguimento composta por:
* O concelleiro delegado da Área de Cultura e Benestar Social ou concelleiro/a en quen delegue.
* A concelleira de Educación, Muller, e Normalización Lingüística.
* O director do Centro Escolar de Educación Infantil e Primaria.
* O presidente da ANPA ou membro en quen delegue.
* O/A técnico/a de Educación.
Os acordos tomaranse por maioría simple e resolverá, en caso de empate, o concelleiro delegado da Área de Cultura e Benestar Social.
Art. 8.- Relación de admitidos, excluídos e lista de espera.
Unha vez estudadas todas as solicitudes presentadas e unha vez resoltas, publicarase a relación de admitidos, excluídos e lista de espera no taboleiro de anuncios.
As vacantes que se vaian producindo serán cubertas polos/ as nenos/as que estean en lista de espera.
Art. 9.- Extinción dos servizos.
1.- Serán causas de baixas nos servizos:
- O incumprimento dos requisitos establecidos.
- A solicitude dos pais ou representantes legais.
- O non pagamento da cota establecida.
- A comprobación de falsedade nos documentos ou datos achegados.
- A falta de asistencia continuada durante un mes sen causa xustificada.
2.- Se houbese máis solicitudes ca prazas no prazo de 10 días deberá presentar a documentación que mostramos a continuación, segundo o estabelecido no artigo 5 da ordenanza reguladora do Programa Mañanceiro.
- Libro de familia.
- Certificado de minusvalía do participante, se se dese o caso, e informe médico.
- Aqueles participantes que teñan problemas alimentarios (celíaco, diabético...) achegarán informe médico onde se recollan.
- Vida laboral do pai, nai e/ou titor legal.
- Tarxeta de demanda de emprego.
- Sentencia de separación ou divorcio ou xustificante de viuvez.
- Xustificación de ingresos económicos:
- Se tivo que facer declaración do IRPF:
* Declaración do IRPF, de cada membro da unidade familiar computábel para efectos económicos, do ano anterior.
- Se non tivo obriga de presentar declaración:
* Certificado da Axencia Tributaria, do ano anterior, onde figure que non fixo a declaración do IRPF.
* Certificado de Bases Impoñíbeis, do ano anterior.
* Certificación expedida polo organismo competente (INEM, Xunta, Seguridade Social...) se percibise algunha prestación ou pensión (RISGA, PNC, viuvez, orfandade, xubilación...).
- Outros documentos se procede nos que consten incidencias familiares, económicas e sociais puntuábeis no baremo.
Cambre, ...... de ..............de 200.... Sinatura (pai /nai /titor)
Disposición adicional única.
A xestión dos servizos comprendidos no "Programa Mañanceiro", como servizos públicos en canto tenden á consecución dos fins sinalados como da competencia municipal, e tendo en conta o establecido nos artigos 22.2 f) e 85 da Lei 7/85, xestionaranse de forma indirecta, mediante concesión.
Disposición final.
A presente ordenanza entrará en vigor unha vez publicado integramente o seu texto no Boletín Oficial da Provincia e transcorra o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/ 85, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.
ANEXO I
Baremo de aplicación ás solicitudes de admisión no Programa Mañanceiro:
1º .- Situación socio - familiar:
SITUACIÓN | PUNTOS |
Familia monoparental ( pai, nai, ou titor legal) | 6 |
Familia numerosa: | 4 |
Por discapacidade física, psíquica ou sensorial do participante. | 3 |
Familia formada por pai e nai. | 2 |
Calquera outra situación socio-familiar que sexa susceptible de valoración. | 1 |
2º .- Situación laboral - familiar:
SITUACIÓN | PUNTOS |
Familia monoparental en situación de desemprego | 6 |
Familia monoparental en situación de emprego | 6 |
Pai e nai en situación de emprego | 4 |
Pai e nai en situación de desemprego: | |
- Sen prestación económica: | |
Pai | 3 |
Nai | 3 |
- Con prestación económica: | |
Pai | 2 |
Nai | 2 |
3º .- Situación económica:
SITUACIÓN | PUNTOS |
Por renda "per cápita" mensual menor ou igual á pensión non contributiva. | 8 |
Por renda "per cápita" maior do 100% da pensión non contributiva e inferior ou igual ao 75% do salario mínimo interprofesional. | 7 |
Por renda "per cápita" maior do 75% do salario mínimo interprofesional e inferior ou igual ao 125% do salario mínimo interprofesional | 6 |
Por renda "per cápita" maior do 125% do salario mínimo interprofesional e inferior ou igual ao 175 % do salario mínimo interprofesional. | 5 |
Por renda "per cápita" maior do 175% do salario mínimo interprofesional. | 4 |
4º - Permanencia no programa:
SITUACIÓN | PUNTOS |
Por permanencia do alumno/a no programa no curso anterior (todos os meses e días da duración do programa) | 2 |