Camariñas - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS

Publicación provisional: 17/11/1999 BOP Nº: 264
Publicación definitiva: 17/11/1999 BOP Nº: 264
Aplicable dende: 28/01/2022

Artigo 1.-Feito impoñible.

Constitúe o feito impoñible do imposto a realización, dentro do termo municipal, de calquera construción, instalación ou obra para a que se esixa a obtención da correspondente licencia de obras ou urbanística, obtivérase ou non dita licencia, sempre que a súa expedición corresponda a este Concello.

Artigo 2.-Suxeito pasivo.

1. Son suxeitos pasivos deste imposto, a título de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria, propietarias dos inmobles sobre os que se realicen as construcións, instalacións ou obras, sempre que sexan donos destas; nos demais casos, considerarase contribuínte a quen ostente a condición de dono da obra.

2. Teñen a consideración de suxeitos pasivos substitutos do contribuínte os que soliciten as correspondentes licencias ou realicen as construcións, instalacións ou obras, se non foran os propios contribuíntes.

Artigo 3.- Base impoñible, cota e devengo.

1.- A base impoñible deste imposto está constituída polo custo real e efectivo da construción, instalación ou obra, do que non forman parte, en ningún caso, o Imposto sobre o Valos Engadido e demais impostos análogos propios de réximes especiais, nin tampouco as taxas, prezos públicos e demais prestacións patrimoniais de carácter público local relacionadas con ditas construcións, instalacións ou obras.

2.- A cota do imposto será o resultado de aplicar á base impoñible o tipo de gravame do tres por cento (3 por 100).

3.- O imposto devéngase no momento de iniciarse a construción, instalación ou obra, aínda cando non se teña obtido a correspondente licencia.

Artigo 4.-Xestión.

1.- Os suxeitos pasivos virán obrigados a presentar solicitude de licenza urbanística, declaración responsable ou comunicación previa, acompañada dos correspondentes orzamentos, nos casos e modos que sinala a normativa aplicable ao solo e á edificación, tanto estatal, como autonómica e local. A solicitude de licenza urbanística, declaración responsable ou comunicación previa terá o valor de declaración tributaria, por canto do orzamento que se acompaña a aquela deducirase a base impoñible do imposto, ben sexa orzamento visado polo Colexio Oficial correspondente cando isto constitúa un requisito preceptivo, ou, orzamento estimado presentado polo interesado calculado neste caso segundo o listado de prezos que figuran nesta ordenanza.

2.- Establécese o réxime de autoliquidación do presente imposto. Así, o suxeito pasivo está obrigado a presentar xunto ca solicitude de licenza urbanística, declaración responsable ou comunicación previa a autoliquidación no modelo normalizado facilitado polo concello e o xustificante de ter ingresado nas contas municipais a cota resultante. No suposto de que na autoliquidación presentada se detectaran erros aritméticos, formais ou de aplicación dos elementos determinantes da base impoñible ou do tipo de gravame a Administración tributaria poderá ditar unha liquidación complementaria modificando a citada autoliquidación.

3.- O pagamento da autoliquidación presentada ou modificada terá carácter provisorio e será a conta da liquidación definitiva que se practique unha vez realizadas as construcións, instalacións ou obras. Así, unha vez rematadas estas, e tendo en conta a obra realizada e o seu custo real e efectivo, o concello, mediante a oportuna comprobación administrativa, poderá modificar, no seu caso, a base impoñible a que se refire o apartado primeiro deste artigo, facendo a correspondente liquidación definitiva, e esixindo ou reintegrado ao suxeito pasivo a cantidade que resulte.

Relación de prezos medios de execución material definida polos Servizos técnicos municipais achegada á presente ordenanza.

1. Edificacións.

1.1. Vivendas unifamiliares ailladas: 573,18 €/m2.

1.2. Vivendas colectivas e residenciais: 442,65 €/m2.

1.3. Restauración e rehabilitación de vivenda: 357,53 €/m2.

1.4. Bares e restaurantes: 323,48 €/m2.

1.5. Locais comerciais (de nova planta): 289,43 €/m2.

1.6. Locais comerciais (acondicionamento): 209,98 €/m2.

1.7. Industrial (sen proceso productivo): 175,93 €/m2.

1.8. Industrial (con proceso productivo): 346,18 €/m2.

1.9. Sotos, semisotos e garaxes: 153,23 €/m2.

1.10. Galpóns, alpendres e plantas libres sen uso especifico: 141,88 €/m2.

1.11. Galiñeiros, cabanotes e outras construccións similares: 85,13 €/m2.

1.12. Obras e instalacións de carácter provisional: 22,70 €/m2.

2. Demolicións.

2.1. Demolición de muros: 62,43 €/m3

2.2. Demolición de tabiques: 6,81 €/m2.

2.3. Demolición de cuberta de fibrocemento: 5,68 €/m2.

2.4. Demolición de cuberta de tella: 6,81 €/m2.

2.5. Levantado de solados: 12,49 €/m2.

2.6. Picado de azulexos e revestimentos: 7,95 €/m2.

2.7. Demolición de forxados: 12,49 €/m2.

2.8. Demolición completa: 24,98 €/m3

3. Movemento de terras.

3.1. Excavación de zanxas: 24,98 €/m3

3.2. Excavación a ceo aberto: 12,49 €/m3

3.3. Carga e transporte de terras a vertedeiro: 10,22 €/m3

3.4. Recheo a ceo aberto: 12,49 €/m3

3.5. Recheo de zanxas: 20,76 €/m3

4. Muros de pechamento.

4.1. Muro de bloque: 62,43 €/m2.

4.2. Muro de pedra: 119,18 €/m2.

4.3. Muro de poste metálico e malla: 23,84 €/m2.

4.4. Muro de celosía: 40,86 €/m2.

4.5. Columna para contador de luz: 255,38 €/ud.

4.6. Pechamentos compostos: Determinarase o custo pola suma de cada unha das partidas que corresponda aplicar de entre as anteriores.

5. Estruturas.

5.1. Formigón en masa: 119,18 €/m3

5.2. Estrutura completa de formigón armado: 64,43 €/m2.

5.3. Forxado de formigón armado: 36,32 €/m2.

5.4. Estrutura completa de aceiro: 71,50 €/m2.

5.5. Forxado de aceiro: 43,13 €/m2.

6. Albanelería e acabados.

6.1. Cerramento de fachada con dobre folla de ladrillo: 42,00 €/m2.

6.2. Tabiquería de ladrillo: 18,16 €/m2.

6.3. Muro de bloque: 29,51 €/m2.

6.4. Muro de pedra: 113,50 €/m2.

6.5. Celosía e balaustrada: 30,65 €/m2.

6.6. Azulexo: 22,70 €/m2.

6.7. Solado: 43,13 €/m2.

6.8. Enfoscado: 12,49 €/m2.

6.9. Reforma de cociñas: 232,68 €/m2.

6.10. Reforma de aseos e cuartos de baño: 227,00 €/m2.

6.11. Pintura interior: 6,81 €/m2.

6.12. Pintura exterior: 11,35 €/m2.

7. Cubertas (sen incremento de volume).

7.1. Cuberta de tella: 30,65 €/m2.

7.2. Cuberta de pizarra: 46,54 €/m2.

7.3. Substitución de tella por tella: 27,24 €/m2.

7.4. Substitución de tella por fibrocemento e tella: 47,67 €/m2.

7.5. Substitución de tella por pizarra: 65,83 €/m2.

7.6. Canalones e baixantes: 21,57 €/m2.

8. Carpintería.

8.1. Porta de entrada: 417,68 €/ud.

8.2. Porta interior: 152,10 €/ud.

8.3. Ventana e galería: 215,65 €/m2.

8.4. Ventana en plano de tellado: 346,18 €/m2.

8.5. Portais: 179,33 €/m2.

8.6. Rexas de seguridade en ventanas e portas: 71,50 €/m2.

9. Instalacións.

9.1. Instalación de electricidade: 2.349,45 €/100m2.

P/ superficies superiores ou inferiores a 100 m2 se adicionarán ou restarán: 18,16€/m2

9.2. Instalación de calefacción: 6.912,15 €/100m2.

Para superficies superiores o inferiores a 100 mse adicionarán o restarán: 36,32€/m2

9.3. Instalación de fontanería(cociña): 357,53 €/ud.

9.4. Instalación de fontanería(baño): 595,88 €/ud.

10. Pozos de auga e fosas sépticas.

10.1. Pozo de barrena: 3.575,25 €/ud.

10.2. Pozo artesiano: 2.383,50 €/ud.

10.3. Fosa séptica e pozo filtrante: 1.430,10 €/ud

11. Urbanización.

11.1. Beirarrúas e terrazas con baldosas de cemento: 23,84 €/m2.

11.2. Tubos de canalización: 47,67 €/ml.

11.3. Pozos de rexistro: 323,48 €/ud.

11.4. Arquetas de rexistro: 166,85 €/ud.

11.5. Soleiras de formigón: 30,65 €/m2.

11.6. Muro de contención de formigón armado: 334,83 €/m3.

11.7. Piscina completa. Mínimo: 357,53 €/m2.

11.8. Pista deportiva: 71,50 €/m2.

Artigo 5.-Beneficios fiscais.

1. As construcións, instalacións e obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais, culturais, histórico-artísticas ou de fomento do emprego que o xustifiquen, poderán beneficiarse das seguintes bonificacións na cota tributaria:

a) Promovidas polas Administracións Públicas para a implantación de servicios públicos ou servicios de interese comunitario, bonificación do 95 por 100.

b) Promovidas por entidades inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións e destinadas a fins ou actividades non lucrativas que complementen ou suplan servicios da competencia municipal, bonificación do 95 por 100, sempre que o investimento obxecto de bonificación se adique á finalidade prevista por un mínimo de dez anos.

c) Reparación ou conservación de inmobles declarados bens de interese cultural ou incluídos nun catálogo municipal como de protección urbanística integral, bonificación do 95 por 100. Cando os bens catalogados gocen de protección non integral, aplicarase a bonificación do 50 por 100.

d) Adicadas ó primeiro establecemento ou implantación de actividades comerciais ou industriais

- que xeneren de cinco a vintecinco postos de traballo de carácter fixo, bonificación do 50 por 100.

- que xeneren máis de vintecinco postos de traballo de carácter fixo, bonificación do 95 por 100.

2. Corresponde ó Pleno do Concello a declaración de especial interese ou utilidade municipal e o conseguinte outorgamento das anteriores bonificacións, que se acordará previa solicitude do interesado, presentada con anterioridade á realización do feito impoñible e á que se achegará a documentación xustificativa que proceda, así como, no seu caso, o compromiso de mantemento da finalidade do investimento polo prazo establecido.

3. Dará lugar á perda da bonificación a comisión de calquera infracción urbanística na execución do investimento obxecto da mesma, así como o incumprimento do prazo mínimo sinalado no número 1, letra b) deste artigo.

Artigo 6.-Inspección e recadación.

A inspección e recadación do imposto realizaranse conforme ó previsto na Lei Xeral Tributaria e nas demais Leis do Estado reguladoras da materia, así como nas disposicións ditadas para o seu desenvolvemento.

Artigo 7.-Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cualificación das infraccións tributarias así como á determinación das sancións que polas mesmas correspondan en cada caso, aplicarase o réxime regulado na Lei Xeral Tributaria e nas disposicións que a complementan e desenvolven.

Disposición Final

A presente modificación da Ordenanza fiscal, que foi aprobada polo Pleno da Corporación en sesión ordinaria celebrada o día vinte seis de novembro de dous mil vinte e un, entrará en vigor o mesmo dia da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir desta data, permanecendo vixente ata a súa modificación ou derrogación expresa.

Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios

BOP º 47 de 09/03/2023:

Corrección de erro na publicación do BOP núm. 19, de data 28.01.2022 da Aprobación definitiva da modificación da Ordenanza fiscal reguladora do imposto de Instalacións, Construcións e Obras (artigo 3).