Camariñas - Ordenanza Fiscal reguladora do imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras.
Artigo 1.-Feito imponible.
Artigo 2.-Suxeito pasivo.
1.-Son suxeitos pasivos deste imposto, a título de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, propietarias dos inmobles sobre os que se realicen as construccións, instalacións ou obras, sempre que sexan donos destas; nos demais casos, considerarase contribuínte a quen ostente a condición de dono da obra.
2.-Teñen a consideración de suxeitos pasivos substitutos do contribuínte os que soliciten as correspondentes licencias ou realicen as construccións, instalacións ou obras, se non foran os propios contribuíntes.
Artigo 3.- Base imponible, cota e devengo.
1.-A base imponible deste imposto está constituída polo custo real e efectivo da construcción, instalación ou obra, do que non forman parte, en ningún caso, o Imposto sobre o Valos Engadido e demais impostos análogos propios de réximes especiais, nin tampouco as taxas, prezos públicos e demais prestacións patrimoniais de carácter público local relacionadas con ditas construccións, instalacións ou obras.
2.-A cota do imposto será o resultado de aplicar á base imponible o tipo de gravame do dous por cento (2 por 100).
3.-O imposto devéngase no momento de iniciarse a construcción, instalación ou obra, aínda cando non se teña obtido a correspondente licencia.
Artigo 4.-Xestión.
1.-Cando se conceda a licencia preceptiva ou cando, non téndose solicitado, concedido ou denegado aínda dita licencia, se inicie a construcción, instalación ou obra, practicarase unha liquidación provisional a conta, determinándose a base imponible:
a) En función do presuposto presentado polos interesados, sempre que o mesmo estivera visado polo Colexio Oficial correspondente, cando isto constitúa un requisito preceptivo.
b) Cando non se presente presuposto visado ou o presentado sexa manifestamente inferior ó custo real e efectivo da construcción, instalación ou obra, a criterio dos servicios técnicos municipais, a base imponible será determinada por ditos servicios en función dos seguintes módulos:
1. Edificacións. | |
1.1. Vivendas unifamiliares illadas: | 54.675 Ptas/m2. |
1.2. Vivendas colectivas e residenciais: | 45.565 Ptas/m2. |
1.3. Restauración e rehabilitación de vivenda: | 41.010 Ptas/m2. |
1.4. Bares e restaurantes: | 37.280 Ptas/m2. |
1.5. Locais comerciais (de nova planta): | 33.135 Ptas/m2. |
1.6. Locais comerciais (acondicionamento): | 24.230 Ptas/m2. |
1.7. Industrial (sen proceso productivo): | 19.885 Ptas/m2. |
1.8. Industrial (con proceso productivo): | 39.760 Ptas/m2. |
1.9. Sotos, semisotos e garaxes: | 18.230 Ptas/m2. |
1.10. Galpóns, alpendres e plantas libres sen uso especifico: | 17.400 Ptas/m2. |
1.11. Galiñeiros, cabanotes e outras construccións similares: | 10.500 Ptas/m2. |
1.12. Obras e instalacións de carácter provisional: | 3.535 Ptas/m2. |
2. Demolicións. | |
2.1. Demolición de muros: | 5.700 Ptas/m3. |
2.2. Demolición de tabiques: | 680 Ptas/m2. |
2.3. Demolición de cuberta de fibrocemento: | 730 ptas/m2. |
2.4. Demolición de cuberta de tella: | 810 Ptas/m2. |
2.5. Levantado de solados: | 875 Ptas/m2. |
2.6. Picado de azulexos e revestimentos: | 865 Ptas/m2. |
2.7. Demolición de forxados: | 1.200 Ptas/m2. |
2.8. Demolición completa: | 1350 Ptas/m3. |
3. Movemento de terras. | |
3.1. Excavación de zanxas: | 950 Ptas/m3. |
3.2. Excavación a ceo aberto: | 260 Ptas/m3. |
3.3. Carga e transporte de terras a vertedeiro: | 650 Ptas/m3. |
3.4. Recheo a ceo aberto: | 870 Ptas/m3. |
3.5. Recheo de zanxas: | 1.470 Ptas/m3. |
4. Muros de pechamento. | |
4.1. Muro de bloque: | 4.285 Ptas/m2. |
4.2. Muro de pedra: | 12.000 Ptas/m2. |
4.3. Muro de poste metálico e malla: | 2.800 Ptas/ml. |
4.4. Muro de celosía: | 2.570 Ptas/m2. |
4.5. Columna para contador de luz: | 28.000 Ptas/ud. |
4.6. Pechamentos compostos: Determinarase o custo pola suma de cada unha das partidas que corresponda aplicar de entre as anteriores. | |
5. Estructuras. | |
5.1. Formigón en masa: | 11.200 Ptas/m3. |
5.2. Estructura completa de formigón armado: | 8.000 Ptas/m2. |
5.3. Forxado de formigón armado: | 4.600 Ptas/m2. |
5.4. Estructura completa de aceiro: | 9.000 Ptas/m2. |
5.5. Forxado de aceiro. | 5.600 Ptas/m2. |
6. Albanelería e acabados. | |
6.1. Cerramento de fachada con doble folla de ladrillo: | 5.735 Ptas/m2. |
6.2. Tabiquería de ladrillo: | 1.750 Ptas/m2. |
6.3. Muro de bloque: | 3.600 Ptas/m2. |
6.4. Muro de pedra: | 15.000 Ptas/m2. |
6.5. Celosía e balaustrada: | 3.500 Ptas/m2. |
6.6. Azulexo | 2.860 Ptas/m2. |
6.7. Solado: | 3.750 Ptas/m2. |
6.8. Enfoscado: | 1.300 Ptas/m2. |
6.9. Reforma de cociñas: | 27.280 Ptas/m2. |
6.10. Reforma de aseos e cuartos de baño: | 25.135 Ptas/m2. |
6.11. Pintura interior: | 670 Ptas/m2. |
6.12. Pintura exterior: | 870 Ptas/m2. |
7. Cubertas (sen incremento de volume). | |
7.1. Cuberta de tella: | 4.200 Ptas/m2. |
7.2. Cuberta de pizarra: | 6.400 Ptas/m2. |
7.3. Sustitución de tella por tella: | 3.800 Ptas/m2. |
7.4. Sustitución de tella por fibrocemento e tella: | 5.200 Ptas/m2. |
7.5. Sustitución de tella por pizarra: | 8.700 Ptas/m2. |
7.6. Canalones e baixantes: | 2.800 Ptas/m2. |
8. Carpintería. | |
8.1. Porta de entrada: | 50.000 Ptas/ud. |
8.2. Porta interior: | 20.000 Ptas/ud. |
8.3. Ventana e galería: | 25.000 Ptas/m2. |
8.4. Ventana en plano de tellado: | 40.000 Ptas/m2. |
8.5. Portais: | 17.000 Ptas/m2. |
8.6. Rexas de seguridade en ventanas e portas. | 6.700 Ptas/m2. |
9. Instalacións. | |
9.1. Instalación de electricidade: | 200.000 Ptas/ud. |
9.2. Instalación de calefacción: Para máis de 100 m2., a | 550.000 Ptas/ud. 2.000 Ptas/m2. |
10. Pozos de auga e fosas sépticas. | |
10.1. Pozo de barrena: | 180.000 Ptas/ud. |
10.2. Pozo artesiano: | 250.000 Ptas/ud. |
10.3. Fosa séptica e pozo filtrante: | 160.000 Ptas/ud. |
11. Urbanización. | |
11.1. Beirarrúas e terrazas con baldosas de cemento: | 3.000 Ptas/m2. |
11.2. Tubos de canalización: | 6.000 Ptas/ml. |
11.3. Pozos de rexistro: | 45.000 Ptas/ud. |
11.4. Arquetas de rexistro: | 20.000 Ptas/ud. |
11.5. Soleiras de formigón: | 3.500 Ptas/m2. |
11.6. Muro de contención de formigón armado: | 27.000 Ptas/m3. |
11.7. Piscina completa. Mínimo: | 50.000 Ptas/m2. |
11.8. Pista deportiva: | 10.000 Ptas/m2. |
2. Á vista das construccións, instalacións ou obras efectivamente realizadas e do custo real e efectivo das mesmas, o Concello, mediante a oportuna comprobación administrativa, poderá modifica-la base imponible a que se refire o número anterior, practicando a correspondente liquidación definitiva e esixindo ou reintegrando ó suxeito pasivo, no seu caso, a cantidade que corresponda.
Artigo 5.-Beneficios fiscais.
1. As construccións, instalacións e obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais, culturais, histórico-artísticas ou de fomento do emprego que o xustifiquen, poderán beneficiarse das seguintes bonificacións na cota tributaria:
a) Promovidas polas Administracións Públicas para a implantación de servicios públicos ou servicios de interese comunitario, bonificación do 95 por 100.
b) Promovidas por entidades inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións e destinadas a fins ou actividades non lucrativas que complementen ou suplan servicios da competencia municipal, bonificación do 95 por 100, sempre que o investimento obxecto de bonificación se adique á finalidade prevista por un mínimo de dez anos.
c) Reparación ou conservación de inmobles declarados bens de interese cultural ou incluídos nun catálogo municipal como de protección urbanística integral, bonificación do 95 por 100. Cando os bens catalogados gocen de protección non integral, aplicarase a bonificación do 50 por 100.
d) Adicadas ó primeiro establecemento ou implantación de actividades comerciais ou industriais
- que xeneren de cinco a vintecinco postos de traballo de carácter fixo, bonificación do 50 por 100.
- que xeneren máis de vintecinco postos de traballo de carácter fixo, bonificación do 95 por 100.
2. Corresponde ó Pleno do Concello a declaración de especial interese ou utilidade municipal e o conseguinte outorgamento das anteriores bonificacións, que se acordará previa solicitude do interesado, presentada con anterioridade á realización do feito imponible e á que se achegará a documentación xustificativa que proceda, así como, no seu caso, o compromiso de mantemento da finalidade do investimento polo prazo establecido.
3. Dará lugar á perda da bonificación a comisión de calquera infracción urbanística na execución do investimento obxecto da mesma, así como o incumprimento do prazo mínimo sinalado no número 1, letra b) deste artigo.
Artigo 6.-Inspección e recadación.
Artigo 7.-Infraccións e sancións.
Disposición Final.
A presente Ordenanza fiscal, que foi aprobada polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o día vintenove de outubro de mil novecentos noventa e nove, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín da Provincia e será de aplicación a partir desta data, permanecendo vixente ata a súa modificación ou derrogación expresa.