Pontedeume - Ordenanza Fiscal reguladora da taxa pola utilización da pista de pádel, así como a prestación de servizos no pavillón e noutras pistas municipais
Artigo 1º.-Fundamento e natureza
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, de 2 de abril reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa pola utilización da pista de pádel, así como a prestación de servizos no pavillón e noutras pistas municipais, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, na que as súas normas atenden ó previsto no artigo 57 do citado texto refundido.
Artigo 2º.-Feito impoñible.
Constitúe o feito impoñible desta taxa a utilización da pista de pádel, así como a prestación de servicios no pavillón e noutras pistas municipais.
Artigo 3º.- Suxeito pasivo.
Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, seguintes:
As que soliciten a utilización da pista de pádel ou se beneficien do servizo prestado, ao que se refire o artigo anterior.
Artigo 4º.- Responsables
1.- Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas ou xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
2.- Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5º.- Cota tributaria.
1.- A cota tributaria consistirá na cantidade resultante de aplicar as tarifas especificadas na liña seguinte.
2.- As tarifas que rexerán na presente Ordenanza serán as seguintes:
- Primeiro. Aluger da pista de pádel:
- Sesión de mañá (de 9 a 15 horas): 8 euros
- Sesión de tarde (de 16 a peche): 12 euros.
O tempo de cada sesión será dunha hora e trinta menutos.
- Segundo. Publicidade.
- Parede frontal:
- ( 0.90 m ) x ( 0,60 m ): 100 euros/ano
- ( 1,83 m ) x ( 1,22 m ): 200 euros/ano
- ( 3,60 m ) x ( 2,44 m ): 400 euros/ano
- Paredes laterais grada:
- ( 1,83 m ) x ( 1,22 m ): 150 euros/ano
- Parede posterior:
- ( 1,83 m ) x ( 1,22 m ): 125 euros/ano
- Círculo central:
- C.C: 800 euros/ano
- Círculos de zona:
-Inclúe os 2 círculos de zona: 800 euros/ano
- Durante o tempo que duren os partidos, cada club poderá colocar gratuítamente a publicidade dos seus patrocinadores, nun espacio que se lles será indicado polo Servizo. Unha vez rematado cada encontro, terán a obriga de retirala.
Artigo 6º.- Exencións e bonificacións
Non se concederá exención nin bonificación ningunha na exacción da taxa
Artigo 7º.- Esixibilidade da taxa
1. Devindícase a taxa e nace a obriga de contribuír dende que se solicita a utilización das instalacións contidas nesta ordenanza
2. Non están obrigados ao pago de cantidade ningunha as actividades organizadas e publicidade exposta polo Concello de Pontedeume, ben directamente ou ben a través doutras entidades ás que se lle conceda o patrocinio municipal.
Artigo 8º.- Normas de xestión.
1. Establécese o réxime de autoliquidación na xestión de cobro desta taxa.
O importe da taxa aboarase con carácter previo ao inicio do uso da instalación .
O resgardo de pagamento deberase presentar ao responsable da instalación para poder iniciar o uso da instalación
2. Cando a utilización leve aparellada a destrución ou deterioro da instalación municipal o suxeito pasivo da Taxa, estará obrigado ao reintegro do custo total dos respectivos gastos de reconstrución ou reparación e ao depósito previo do seu importe.
Se os danos foran irreparables, o Concello será indemnizado na cuantía igual ao valor dos bens destruídos ou o importe do deterioro dos dañados.
DISPOSICIÓN FINAL
Esta ordenanza, unha vez aprobada definitivamente polo pleno da corporación, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provinicia.