Pontedeume - Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola utilización do pavillón municipal A Casqueira e outras pistas deportivas municipais, así como a prestación de servizos no mesmos

Publicación provisional: 13/08/2005 BOP Nº: 185
Publicación definitiva: 04/10/2005 BOP Nº: 228
Aplicable dende: 04/10/2005

Artigo 1º.-Fundamento e natureza

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, de 2 de abril reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa pola utilización do pavillón de deportes municipal e outras pistas deportivas municipais, así como a prestación de servicios nos mesmos, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, na que as súas normas atenden ó prevido no artigo 57 do citado texto refundido.

Artigo 2º.-Feito impoñible.

Constitúe o feito impoñible desta taxa a utilización do pavillón municipal e outras pistas deportivas municipais así como a prestación de servicios nos mesmos.

Artigo 3º.- Suxeito pasivo.

Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria seguintes :

As que soliciten a utilización do pavillón municipal e pistas deportivas municipais ou se beneficien do servizo prestado polo Concello, ao que se refire o artigo anterior.

Artigo 4º.- Responsables

1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas ou xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.

2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.

Artigo 5º.- Cota tributaria.

1.-A cota tributaria consistirá na cantidade resultante de aplicar as tarifas especificadas na liña seguinte.

2.- As tarifas que rexerán na presente Ordenanza serán as seguintes :

-Primeiro. Actos deportivos

1.-Veciños, asociacións ou entidades do término municipal :

-Adestramentos : sen bancadas e con dereito ao uso dun vestiario: 8 euros/hora.

-Competicións, con dereito a 2 vestiarios máis outro para árbitros :

-sen bancadas: 10 euros/hora

-con bancadas: 12 euros/hora

-con bancadas e taquilla: 24 euros/hora

2.-De persoas, asociacións ou clubs de fóra do término municipal :

-Adestramentos : sen bancadas e con dereito ao uso dun vestiario..10 euros/hora.

-Competicións, con dereito a 2 vestiarios máis outro para árbitros :

-sen bancadas: 12 euros/hora

-con bancadas: 15 euros/hora

-con bancadas e taquilla: 30 euros/hora

- Si o aluguer que se pretende, é de pista reducida, a tarifa a aplicar será a de 3 euros/hora, por cada tercio alugado. Nunca poderá haber máis de 3 partes funcionando ó mesmo tempo.

- Si o que se aluga é 1/3 da pista, implica o uso dun vestiario ; si son 2/3 de pista, haberá dereito a dous vestiarios, só cando sexan dous alugueres independentes; e se alugan 3/3 independentes, dará dereito a o uso de 3 vestiarios.

- Si o aluguer faise por 2/3 de pista, so da dereito ó uso dun vestiario.

Segundo. Actos non deportivos. Actos alleos ó deporte organizados por sociedades, partidos políticos, e asosciacións de todo tipo, festivais e espectáculos artísticos de carácter profesional, será facultade da Alcaldía ou xunta de goberno o establecemento da taxa das mesmas segundo o custo da actividade.

Terceiro.Publicidade.

-Parede frontal :

-( 0.90 m ) x ( 0,60 m ): 100 euros/ano

-( 1,83 m ) x ( 1,22 m ): 200 euros/ano

-( 3,60 m ) x ( 2,44 m ): 400 euros/ano

-Paredes laterais grada :

-( 1,83 m ) x ( 1,22 m ): 150 euros/ano

-Parede posterior :

-( 1,83 m ) x ( 1,22 m ): 125 euros/ano

-Círculo central :

-C.C: 800 euros/ano

-Círculos de zona :

-Inclue os 2 círculos de zona: 800 euros/ano

-Durante o tempo que duren os partidos, cada club poderá colocar gratuítamente a publicidade dos seus patrocinadores, nun espacio que se lles será indicado polo Servizo. Unha vez rematado cada encontro, terán a obriga de retirala.

Artigo 6º.- Horarios de funcionamento do Pavillón Municipal de Deportes A CASQUEIRA

O horario de funcionamento das instalacións será o seguinte :

A) de 15 de setembro ata o 30 de xuño :

1.-DE LUNS A VENRES

Apertura: DE 16,00 horas.

Peche: DE 23,30 horas.

2.-SÁBADOS

Mañá: De 10 a 14,30 horas.

Tarde: De16 a 21,30 horas.

3.-DOMINGOS E FESTIVOS

Mañá: De 10 a 14,30 horas.

Tarde: De 17 a 19,30 horas.

B) de 1 de xullo ata o 15 de setembro :

1.-DE LUNS A VENRES

Mañá: De 11 a 14,30 horas.

Tarde: De 19 a 23,30 horas.

2.-SÁBADOS

Mañá: De 11 a 14,30 horas.

Tarde: De 17 a 20.00 horas.

3.-DOMINGOS E FESTIVOS

Mañá: De 11 a 14,30 horas.

Os domingos e festivos polas tardes na tempada de verán, o Pavillón " A CASQUEIRA " permanecerá pechado.

Artigo 7º.- Prioridades para o aluguer das pistas do Pavillón Municipal.

1.-Actos programados polo Concello de Pontedeume.

2.-Actividades deportivas municipais.

3.-Clubs deportivos con categorías inferiores ( se están federados ou en competición ).

4.-Clubs deportivos sin categorías inferiories ( se están federados ou en competición ).

5.-Uso público.

6.-Actos alleos ao deporte organizados por sociedades, partidos políticos e asociacións de todo tipo, festivais e espectáculos artísticos de carácter profesional.

As asociacións culturais que promovan actividades físico-deportivas para os seus socios terán a consideración sinalada no punto 4 das prioridades.

Artigo 8º.- Normas complementarias

Primeiro. Para dispor da pista do Pavillón ao longo da tempada deportiva, os clubs solicitantes deberán cumprir os seguintes requisitos :

PARA COMPETICIÓNS :

-Antes do 30 de xuño deberán cumprimentar un formulario onde indicarán o número de equipos que competirán, os horarios preferentes para cada equipo e os horarios non válidos.

-Cada semana ata o martes, presentarán unha solicitude de horario para cada partido.

ADESTRAMENTOS NA TEMPADA DE INVERNO: 15 de setembro a 30 de maio.

- formalizar a petición de horarios de adestramento, especificando o número de horas semanais que se necesitan por cada equipo; esta petición deberá presentarse na Oficina Adminsitrativa do Servizo de Deportes entre os días 20 e 30 de Xullo.

-A solicitude deberá estar asinada polo Presidente da Sociedade, Club ou responsable do grupo que o solicite.

-A tempada deportiva comprende dende o 15 setembro ata o 30 de maio, nese momento deixarán de ser válidas as reservas.

ADESTRAMENTOS NA TEMPADA DE VERÁN : 1 de xuño ata 15 de setembro.

-formalizarán a petición de horarios de adestramentos, dende o 15 ao 25 do mes de xuño. O procedemento de solicitude será o mesmo que na tempada de inverno.

PÚBLICO EN XERAL :

-poderase solicitar o aluguer da pista, como máximo a semana anterior.

-a concesión das mesmas horas de pista reiteradamente a un mesmo grupo de usuarios, non concede dereito ningún sobre o posterior uso delas .

- Segundo.A dirección reservase o dereito de dispor dos días e horas resevados, no caso de necesidade ou forza maior.

- Terceiro. No caso de que varios clubs, sociedades, etc., co mesmo orde de prelación que especifica o artigo 7º, soliciten a pista do pavillón para os mesmos días e horas, terán que porse dacordo para realizar a reserva; se non houbese acordo, realizarase un sorteo.

- Cuarto. .Os gastos de persoal discontinuo como billeteiros, porteiros, electricistas, acomodadores, vixiantes, e calquera outro que se requiran en función da natureza do acto, correrán por conta dos organizadores do acto, sendo da súa exclusiva responsabilidade o cumprimento das obrigas laborais, fiscais e doutra índole que se deriven de tal relación laboral. As necesidades de tal tipo de persoal serán fixadas a xuizo do Servizo Municipal correspondente, tendo en conta o acto que se celebre.

O Concello poderá concertar convenios coas asociacións, ferderacións, agrupacións, entidades deportivas, e calquera outro ente público ou privado, para o desenvolvemento de programas deportivos. Ditos acordos deberán xustificar a obtención como resultado final das recíprocas contraprestacións, dun equilibrio económico entre partes.

Artigo 9º.-Exencións e bonificacións

Non se concederá exención ni bonificación ningunha na exacción da taxa.

Artigo 10 º.- Esixibilidade da taxa.

1. Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se inicie a prestación dos servicios a que se refire esta ordenanza, pudendo esixirse o depósito previo do seu importe total ou parcial, sen prexuizo do establecido no artigo seguinte.

2. Non están obrigados ao pago de cantidade ningunha as actividades organizadas e publicidade exposta polo Concello de Pontedeume, ben directamente ou ben a través doutras entidades ás que se lle conceda o patrocinio municipal.

3. A xunta de Goberno, poderá acordar a reducción das tarifas previstas para esas taxas referidos a actividades deportivas ou culturais, en atención a criterios xenéricos de capacidade económica dos suxeitos obrigados a satisfacelas. O acordo que se adopte deberá ser motivado e contar cos informes pertinentes.

4. As persoas ou entidades interesadas na obtención dos beneficios aos que se refire a línea anterior, solicitarannos perante á Alcaldía, acreditando suficientemente as circunstancias que xustifican a súa pretensión, e cunha antelación mínima de quince días á celebración do acto.

Artigo 11 º.- Normas de xestión.

1. Cando se trate da práctica de actividades e espectáculos deportivos, por parte de clubes deportivos, asociacións, colexios, etc. que teñan concedida a utilización periódica das instalacións deportivas municipais, así como de instalación de publicidade, a taxa devengarase o un de xaneiro da cada ano e o período impositivo será o ano natural salvo nos casos de inicio ou cese das actividades, caso no que o período impositivo se axustará a esta circunstancia co conseguinte prorrateo da cota por trimestres naturais.

Practicarase a liquidación segundo o número de horas e utilización e categoría, que aboará coa periodicidade establecida polo Concello nas oficinas de Recadación municipal ou entidades colaboradoras establecidas para o efecto, durante o prazo estipulado polo Concello no seu calendario fiscal.

2. O persoal adscrito ao Servizo estenderá as cartas de pago, boletos, tickes, ou calquera outro documento que se estableza como xustificante de pago, nos casos de actividades e espectáculos deportivos, festivais organizados por colexios e institucións, instalación de publicidade e outros supostos similares.

3. As licencias para utilización de instalación deportiva cando se trate de festivais, actos organizados por colexios e institucións culturais, actos estatutarios de sociedades, asociacións de todo tipo, así como festivais e espectáculos artísticos, recreativos e deportivos de carácter profesional, solicitaranse por medio de instancia dirixida ao Alcalde.

As licencias para instalación de publicidade instaranse ante o Concello.

As instancias presentaranse nas oficinas do pavillón municipal e serán tramitadas por éste, correspondendo ao Servizo emitir informe-proposta sobre a procedencia do acto que se pretende celebrar e publicidade a instalar, formulando a correspondente proposta de resolución; así mesmo practicará a liquidación das tarifas que proceda de conformidade cos artigos precedentes.

A Alcaldía adoptará a resolución que proceda en canto ao outorgamento da licencia solicitada e procederá así mesmo a aprobar a liquidación desta taxa, que deberá ser ingresada na Tesourería municipal ou onde estableza o Concello con carácter de depósito previo de conformidade co etipulado no artigo 26.1 a) da lei 39/1.988, do 28 de decembro.

4. A xestión da taxa corresponde á xunta de Goberno sendo competencia da Intervención municipal a fiscalización da devandita xestión.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente ordenanza fiscal, aprobada polo Pleno do Concello en sesión do día 28 de xullo do 2005 entrará en vigor o mesmo día da súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia, e comezará a aplicarse a partir do día seguinte a dita publicación.