Cabana de Bergantiños - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DE SERVICIOS DEPORTIVOS, CULTURAIS E SOCIOEDUCATIVOS
Artigo 1º.- Fundamento e natureza
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución, e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e ao abeiro do disposto nos artigos 15 ao 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da lei Reguladora das Facendas Locais, este concello establece a Taxa pola prestación de servizos deportivos, culturais e socioeducativos, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, aténdose as súas normas ao previsto nos artigos 20 e 57 do citado Real Decreto Lexislativo.
Artigo 2º.- Feito impoñible
Constitúe o feito impoñible da taxa a prestación de servicios deportivos, culturais ou socioeducativos especificados nas tarifas contidas no artigo 5º da presente ordenanza.
Artigo 3º.- Suxeito pasivo
Serán suxeitos pasivos da taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, así como as entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria, que se beneficien dos servicios ou actividades que constitúen o feito impoñible da taxa.
Artigo 4º.- Responsables
Responden solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas ou xurídicas ás que se refire o artigo 42 da LXT.
Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades ou síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da LXT.
Artigo 5º.- Cota tributaria
A contía da taxa determinarase aplicando as tarifas seguintes:
Epígrafe 1. Carné municipal de actividades. Tarifas (anual):
1.1 Empadroados no concello:
1.1.1 individual 20 €
1.1.2 familiar 36 €
1.2 Non empadroados no concello:
1.2.1 individual 30 €
1.2.2 familiar 45 €
Epígrafe 2. Escolas deportivas municipais. Tarifas:
ESCOLA DPTVA | CUATRIMESTRAL | ANUAL |
Aeróbic | ||
Patinaxe | ||
Ximnasia rítmica | ||
Judo | 44 € | 88 € |
Baile salón | 40 € | 80 € |
Futbito | ||
Baloncesto | ||
X. mantemento | ||
X. terapeútica | ||
Xadrez | ||
Tenis | ||
Tenis mesa | ||
Futbito | ||
Campamentos verán | 30 € | |
Saídas curso escolar | 10 €/día |
*Requisito imprescindible carné de actividades debidamente actualizado para tódalas escolas deportivas.
Epígrafe 3. Actividades culturais. Tarifas:
ACTIVIDADE | CUATRIMESTRAL | ANUAL |
Manualidades | 25 € | 50 € |
Escola de teatro | ||
Escola de idiomas | ||
Aula informática | ||
Músicoterapia |
*Requisito imprescindible carné de actividades debidamente actualizado, e ademais estar empadroado no Concello no caso das escolas de teatro e idiomas e aula de informática.
Epígrafe 4. Actividades socioeducativas. Tarifas:
ACTIVIDADE | CUATRIMESTRAL | ANUAL |
Taller memoria | ||
Baile salón maiores | ||
Outros obradoiros (teatro, músicoterapia¿) | ||
Obradoiros verán (meniñeiro) | 20 € | |
Saída socioeducativa con comida | 25 €/saída | |
Saída socioeducativa sen comida | 15 €/saída | |
Roteiros saudables | 12 €/ruta |
Artigo 6.- Exencións e bonificacións
1.- bonificación do 50% para os carnés dos maiores de 65 anos (empadroados e non empadroados)
2.- bonificación do 50% para os carnés das persoas que acrediten unha minusvalía superior ao 33%
3.- bonificación do 100% para os carnés de actividades correspondentes ao curso escolar 2021-2022 (de outubro de 2021 a maio de 2022).
Artigo 7º.- Devengo e período impositivo
A taxa devengarase no momento no que se preste o servizo correspondente.
Artigo 8º.- Normas de xestión e ingreso
1.- Entenderase por carné municipal de actividades tipo familiar o que ostente o responsable da unidade familiar, incluído o seu cónxuxe e fillos menores de 26 anos ao seu cargo.
2.- O carné de maior de 65 anos será de tipo individual en ningún caso poderá ser de tipo familiar.
3.- Será requisito imprescindible para participar nas escolas deportivas e actividades culturais e deportivas, estar en posesión do carné municipal de actividades debidamente actualizado.
4.- O carné municipal de actividades renovarase anualmente previa solicitude dos interesados. No momento da cumplimentación do novo carné será aboado o importe do mesmo nas contas que o Concello ten abertas nas distintas entidades bancarias ou na Tesourería municipal, e presentando o recibo de ingreso será entregado o novo carné de actividades.
5.- No caso das actividades deportivas, culturais e socioeducativas presentaranse as solicitudes ante o departamento correspondente para participar en cada modalidade nos prazos que se fixen cada ano. Unha vez se completen as prazas mínimas para cada actividade resolverase o inicio da actividade e será obrigatorio o abono da cota cuatrimestral ou anual nos modelos de declaración por autoliquidación que se adxuntan, na conta aberta a nome do concello nas distintas entidades bancarias o una Tesoureiría municipal. O ingreso efectuarase por períodos cuatrimestrais ou anuais.
6.- As baixas en calquera actividade comunicarane ao departamento que corresponda a organización da actividade, e terán efectos económicos (liquidación da taxa) dende o cuatrimestre seguinte ó da comunicación da baixa.
7.- Excepcionalmente poderanse producir altas ó longo do ano sempre e cando existan prazas nas distintas actividades, e producirá efectos económicos dende o cuatrimestre no que se inicie a actividade.
8.- Poderase proceder a dar de baixa de oficio para o cuatrimestre seguinte a aquel en que resulten impagados dous cuatrimestres dalgunha actividade e sempre que non se regularice o impago.
Artigo 9º.- Infraccións e sancións.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do previsto nesta Ordenanza, estarase ó disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei Xeral Tributaria e demais normativa aplicable.
Disposición final
A presente ordenanza fiscal foi modificada polo Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 26 de maio de 2022; entrará en vigor ao día seguinte vigor a partir da data de publicación da súa aprobación definitiva e publicación íntegra do texto no Boletín Oficial da Provincia sendo de aplicación dende dita data, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa."