Cabana de Bergantiños - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DE SERVICIOS DEPORTIVOS, CULTURAIS E SOCIOEDUCATIVOS

Publicación provisional: 17/10/2012 BOP Nº: 198
Publicación definitiva: 11/12/2013 BOP Nº: 235
Aplicable dende: 12/12/2012

Artigo 1º.- Fundamento e natureza

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución, e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e ao abeiro do disposto nos artigos 15 ao 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da lei Reguladora das Facendas Locais, este concello establece a Taxa pola prestación de servizos deportivos, culturais e socioeducativos, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, aténdose as súas normas ao previsto nos artigos 20 e 57 do citado Real Decreto Lexislativo.

Artigo 2º.- Feito impoñible

Constitue o feito impoñible da taxa a prestación de servicios deportivos, culturais ou socioeducativos especificados nas tarifas contidas no artigo 5º da presente ordenanza.

Artigo 3º.- Suxeito pasivo

Serán suxeitos pasivos da taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e jurídicas, así como as entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria, que se beneficien dos servicios ou actividades que constitúen o feito impoñible da taxa.

Artigo 4º.- Responsables

Responden solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas ou xurídicas ás que se refire o artigo 42 da LXT.

Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades ou síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da LXT.

Artigo 5º.- Cuota tributaria

A contía da tasa determinarase aplicando as tarifas seguintes:

Epígrafe 1. Carnet municipal de actividades. Tarifas (anual):

1.1 Empadroados no concello:

1.1.1 individual¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿..20 €

1.1.2 familiar¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿..36 €

1.2 Non empadroados no concello:

1.2.1 individual¿¿¿¿¿¿¿¿..¿¿¿¿¿30 €

1.2.2 familiar¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿..45 €

Epígrafe 2. Escolas deportivas municipais. Tarifas:

ESCOLA DPTVA

CUATRIMESTRAL

ANUAL

Aeróbic

 

 

Patinaxe

 

 

Ximnasia rítmica

 

 

Judo

44 €

88 €

Baile salón

40 €

80 €

Futbito

 

 

Baloncesto

 

 

X. mantemento

 

 

X. terapeútica

 

 

Axedrez

 

 

Tenis

 

 

Tenis mesa

 

 

Futbito

 

 

Campamentos verán

30 €

Saídas curso escolar

10 €/día

*Requisito imprescindible carnet de actividades debidamente actualizado para tódalas escolas deportivas.

Epígrafe 3. Actividades culturais. Tarifas:

ACTIVIDADE

CUATRIMESTRAL

ANUAL

Manualidades

25 €

50 €

Escola de teatro

 

 

Escola de idiomas

 

 

Aula informática

 

 

Músicoterapia

 

 

*Requisito imprescindible carnet de actividades debidamente actualizado, e ademáis estar empadroado no Concello no caso das escolas de teatro e idiomas e aula de informática.

Epígrafe 4. Actividades socioeducativas. Tarifas:

ACTIVIDADE

CUATRIMESTRAL

ANUAL

Taller memoria

 

 

Baile salón maiores

 

 

Outros obradoiros (teatro, músicoterapia¿)

 

 

Obradoiros verán (meniñeiro)

20 €

Saída socioeducativa con comida

25 €/saída

Saída socioeducativa sen comida

15 €/saída

Roteiros saudables

12 €/ruta

 

Artigo 6.- Exencións e bonificacións

1.- bonificación do 50% para os carnets dos maiores de 65 anos (empadroados e non empadroados)

2.- bonificación do 50% para os carnets das persoas que acrediten unha minusvalía superior ó 33%

Artigo 7º.- Devengo e período impositivo

A taxa devengarase no momento no que se preste o servicio correspondente.

Artigo 8º.- Normas de xestión e ingreso

1.- Entenderase por carnet municipal de actividades tipo familiar o que ostente o responsable da unidade familiar, incluido o seu cónxuxe e fillos menores de 26 anos ó seu cargo.

2.- O carnet de maior de 65 anos será de tipo individual en ningún caso poderá ser de tipo familiar

3.- Será requisito imprescindible para participar nas escolas deportivas e actividades culturais e deportivas, estar en posesión do carnet municipal de actividades debidamente actualizado.

4.- O carnet municipal de actividades renovarase anualmente previa solicitude dos interesados. No momento da cumplimentación do novo carnet será aboado o importe do mesmo nas contas que o Concello ten abertas nas distintas entidades bancarias ou na Tesourería municipal, e presentando o recibo de ingreso será entregado o novo carnet de actividades.

5.- No caso das actividades deportivas, culturais e socioeducativas presentaranse as solicitudes ante o departamento correspondente para participar en cada modalidade nos prazos que se fixen cada ano. Unha vez se completen as prazas mínimas para cada actividade resolverase o inicio da actividade e será obligatorio o abono da cota cuatrimestral ou anual nos modelos de declaración por autoliquidación que se adxuntan, na conta aberta a nome do concello nas distintas entidades bancarias o una Tesoureiría municipal. O ingreso efectuarase por períodos cuatrimestrais ou anuais.

6.- As baixas en calquera actividade comunicarane ó departamento que corresponda a organización da actividade, e terán efectos económicos (liquidación da taxa) dende o cuatrimestre seguinte ó da comunicación da baixa.

7.- Excepcionalmente poderanse producir altas ó longo do ano sempre e cando existan prazas nas distintas actividades, e producirá efectos económicos dende o cuatrimestre no que se inicie a actividade.

8.- Poderase proceder a dar de baixa de oficio para o cuatrimestre seguinte a aquel en que resulten impagados dous cuatrimestres dalgunha actividade e sempre que non se regularice o impago.

Artigo 9º.- Infraccións e sancións.

En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias e sancions, ademáis do previsto nesta Ordenanza, estarase ó disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei Xeral Tributaria e demáis normativa aplicable.

Disposición derrogatoria

Coa entrada en vigor desta ordenanza queda derrogada a anterior Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola utilización das instalacións deportivas municipais e pola prestación de servizos culturais e deportivos, cuia última modificación foi aprobada polo Pleno da Corporación na sesión de 26 de xullo de 2007.

Disposición final

A presente ordenanza fiscal foi aprobada polo Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 27 de setembro de 2012; entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e permanecerá en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.