Cabana de Bergantiños - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DE SERVICIOS DEPORTIVOS, CULTURAIS E SOCIOEDUCATIVOS

Publicación provisional: 01/06/2022 BOP Nº: 103
Publicación definitiva: 22/08/2022 BOP Nº: 158
Aplicable dende: 23/08/2022
Derrogada: 19/08/2024 BOP Nº: 158

Artigo 1º.- Fundamento e natureza

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución, e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e ao abeiro do disposto nos artigos 15 ao 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da lei Reguladora das Facendas Locais, este concello establece a Taxa pola prestación de servizos deportivos, culturais e socioeducativos, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, aténdose as súas normas ao previsto nos artigos 20 e 57 do citado Real Decreto Lexislativo.

Artigo 2º.- Feito impoñible

Constitúe o feito impoñible da taxa a prestación de servicios deportivos, culturais ou socioeducativos especificados nas tarifas contidas no artigo 5º da presente ordenanza.

Artigo 3º.- Suxeito pasivo

Serán suxeitos pasivos da taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, así como as entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria, que se beneficien dos servicios ou actividades que constitúen o feito impoñible da taxa.

Artigo 4º.- Responsables

Responden solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas ou xurídicas ás que se refire o artigo 42 da LXT.

Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades ou síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da LXT.

Artigo 5º.- Cota tributaria

A contía da taxa determinarase aplicando as tarifas seguintes:

Epígrafe 1. Carné municipal de actividades. Tarifas (anual):

1.1 Empadroados no concello:

1.1.1 individual 20 €

1.1.2 familiar 36 €

1.2 Non empadroados no concello:

1.2.1 individual 30 €

1.2.2 familiar 45 €

Epígrafe 2. Escolas deportivas municipais. Tarifas:

ESCOLA DPTVA

CUATRIMESTRAL

ANUAL

Aeróbic

Patinaxe

Ximnasia rítmica

Judo

44 €

88 €

Baile salón

40 €

80 €

Futbito

Baloncesto

X. mantemento

X. terapeútica

Xadrez

Tenis

Tenis mesa

Futbito

Campamentos verán

30 €

Saídas curso escolar

10 €/día

*Requisito imprescindible carné de actividades debidamente actualizado para tódalas escolas deportivas.

Epígrafe 3. Actividades culturais. Tarifas:

ACTIVIDADE

CUATRIMESTRAL

ANUAL

Manualidades

25 €

50 €

Escola de teatro

Escola de idiomas

Aula informática

Músicoterapia

*Requisito imprescindible carné de actividades debidamente actualizado, e ademais estar empadroado no Concello no caso das escolas de teatro e idiomas e aula de informática.

Epígrafe 4. Actividades socioeducativas. Tarifas:

ACTIVIDADE

CUATRIMESTRAL

ANUAL

Taller memoria

Baile salón maiores

Outros obradoiros (teatro, músicoterapia¿)

Obradoiros verán (meniñeiro)

20 €

Saída socioeducativa con comida

25 €/saída

Saída socioeducativa sen comida

15 €/saída

Roteiros saudables

12 €/ruta

Artigo 6.- Exencións e bonificacións

1.- bonificación do 50% para os carnés dos maiores de 65 anos (empadroados e non empadroados)

2.- bonificación do 50% para os carnés das persoas que acrediten unha minusvalía superior ao 33%

3.- bonificación do 100% para os carnés de actividades correspondentes ao curso escolar 2021-2022 (de outubro de 2021 a maio de 2022).

Artigo 7º.- Devengo e período impositivo

A taxa devengarase no momento no que se preste o servizo correspondente.

Artigo 8º.- Normas de xestión e ingreso

1.- Entenderase por carné municipal de actividades tipo familiar o que ostente o responsable da unidade familiar, incluído o seu cónxuxe e fillos menores de 26 anos ao seu cargo.

2.- O carné de maior de 65 anos será de tipo individual en ningún caso poderá ser de tipo familiar.

3.- Será requisito imprescindible para participar nas escolas deportivas e actividades culturais e deportivas, estar en posesión do carné municipal de actividades debidamente actualizado.

4.- O carné municipal de actividades renovarase anualmente previa solicitude dos interesados. No momento da cumplimentación do novo carné será aboado o importe do mesmo nas contas que o Concello ten abertas nas distintas entidades bancarias ou na Tesourería municipal, e presentando o recibo de ingreso será entregado o novo carné de actividades.

5.- No caso das actividades deportivas, culturais e socioeducativas presentaranse as solicitudes ante o departamento correspondente para participar en cada modalidade nos prazos que se fixen cada ano. Unha vez se completen as prazas mínimas para cada actividade resolverase o inicio da actividade e será obrigatorio o abono da cota cuatrimestral ou anual nos modelos de declaración por autoliquidación que se adxuntan, na conta aberta a nome do concello nas distintas entidades bancarias o una Tesoureiría municipal. O ingreso efectuarase por períodos cuatrimestrais ou anuais.

6.- As baixas en calquera actividade comunicarane ao departamento que corresponda a organización da actividade, e terán efectos económicos (liquidación da taxa) dende o cuatrimestre seguinte ó da comunicación da baixa.

7.- Excepcionalmente poderanse producir altas ó longo do ano sempre e cando existan prazas nas distintas actividades, e producirá efectos económicos dende o cuatrimestre no que se inicie a actividade.

8.- Poderase proceder a dar de baixa de oficio para o cuatrimestre seguinte a aquel en que resulten impagados dous cuatrimestres dalgunha actividade e sempre que non se regularice o impago.

Artigo 9º.- Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do previsto nesta Ordenanza, estarase ó disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei Xeral Tributaria e demais normativa aplicable.

Disposición final

A presente ordenanza fiscal foi modificada polo Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 26 de maio de 2022; entrará en vigor ao día seguinte vigor a partir da data de publicación da súa aprobación definitiva e publicación íntegra do texto no Boletín Oficial da Provincia sendo de aplicación dende dita data, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa."