Vimianzo - Ordenanza fiscal núm. 17, reguladora da taxa por prestación de servizos e utilización de instalacións culturais, educativas, deportivas e análogas de titularidade municipal

Publicación provisional: 15/02/1999 BOP Nº: 37
Publicación definitiva: 19/04/1999 BOP Nº: 87
Aplicable dende: 02/09/2022

Artigo 1.º.-Fundamento e natureza.

De acordo co previsto nos artigos 57 e 20 do RDL 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais (de aquí en diante TRLRFL), e de conformidade co que dispoñen os artigos 15 a 19 do citado texto legal, este Concello establece a taxa pola prestación de servizos e utilización das instalacións culturais, deportivas e análogas de titularidade municipal que se rexirán pola presente ordenanza.

Artigo 2.º.-Feito impoñible.

Constitúe o feito impoñible da taxa a prestación de servizos e utilización das instalacións culturais e deportivas especificados nas tarifas contidas no artigo 6.º da presente ordenanza.

Artigo 3.º.-Suxeito pasivo.

Serán suxeitos pasivos da taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, así como as entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria, que se beneficien da utilización ou dos servicios ou actividades que constitúen o feito impoñible da taxa.

Artigo 4.º.-Responsables

1. Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo todas as persoas que sexan causantes ou colaboren na realización dunha infracción tributaria.

2. Os copartícipes ou cotitulares das entidades xurídicas ou económicas a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003 Xeral Tributaria, responderán solidariamente en proporción ás súas respectivas participacións das obrigacións tributarias nas citadas entidades.

3. Os administradores das persoas xurídicas que non fagan os actos da súa incumbencia para o cumprimento das obrigacións tributarias daquélas, responderán subsidiariamente das débedas seguintes:

a) cando se cometa unha infracción tributaria simple, do importe da sanción.

b) cando se cometa unha infracción tributaria grave, da totalidade da débeda exixible.

c) nos supostos de cese da actividade da sociedade, do importe das obrigacións tributarias pendentes na data do cese.

4. A responsabilidade exixirase en todo caso, nos termos e de acordo co procedemento previsto na Lei Xeral Tributaria.

Artigo 5.º.-Beneficios fiscais.

De conformidade co disposto no artigo 9 do TRLRFL, non se recoñecen outros beneficios fiscais que os expresamente previstos nas normas con rango de lei e os derivados da aplicación dos tratados internacionais.

Artigo 6.º.-Cota tributaria.

A contía da taxa determinarase aplicando as tarifas seguintes:

Epígrafe 1. Actividades deportivas e culturais. Tarifas (euros/actividade):

Actividade

Tarifa xeral

Familia numerosa

Campamento verán

50,00

45,00

Campamento urbano

50,00

45,00

Curso piscina

10,00

8,00

Epígrafe 2. Escolas deportivas e culturais. Tarifas (euros/actividade):

Actividade

1.ª actividade

2.ª actividade

3.ª actividade e seguintes

Empadroados

15,00

10,00

5,00

Non empadroados

20,00

15,00

10,00

Familia numerosa, maiores de 65 anos e menores de 6 anos

10,00

8,00

4,00

Para a aplicación de ditas tarifas terase en conta tanto os membros da unidade familiar como o carácter da escola (deportiva ou cultural) de forma conxunta.

Epígrafe 3.-Utilización de instalacións municipais. Tarifas (euros/hora):

Instalación

Tarifa

Locais de menos de 40 m2

Empadroados en Vimianzo

4,00

Non empadroados

10,00

Locais de 41 m2 a 99 m2

Empadroados

5,00

Non empadroados

15,00

Locais de 100 m2 ou mais

Empadroados

20,00

100,00 por día completo

Non empadroados

30,00

150,00 por día completo


Epígrafe 4.-Utilización do ximnasio. Tarifas (euros/hora):

Tipo de abono

Contía

Matrícula

10 €

Abono individual adulto (Persoa entre os 18 e 64 anos que usa as instalacións sen limitacións de días e franxas horarias.)

20 €/mes

Abono individual terceira idade (Persoa con 65 anos ou máis que usa as instalacións sen limitacións de días e franxas horarias.)

15 €/mes

Abono individual xuvenil (Persoa menor de 18 anos que usa as instalacións sen limitacións de días e franxas horarias.)

15 €/mes

Abono individual diversidade funcional (Persoa cun grao de minusvalía igual ou superior ao 33% que fai uso das instalacións sen limitacións de días e franxas horarias)

15 €/mes

Abono individual matinal (Persoa entre os 18 e 64 anos que usa as instalacións na franxa horaria de mañá, ata as 14:00)

15 €/mes

Abono Carné Xove (Abonados (ata 30 anos) que están en posesión do Carné Xove no momento de facer a matrícula)

15 €/mes

Entrada libre

Euros / sesión

Entrada libre adulto (Entrada diaria que permite o uso das instalacións sen limitación horaria en dita xornada. Prezo establecido para persoas entre os 18 e 64 anos.)

3,50 €

Entrada libre especial (Entrada diaria que permite o uso das instalacións sen limitación horaria en dita xornada. Prezo establecido para persoas menores de 18 anos, persoas con 65 anos ou máis, persoas con diversidade funcional igual ou superior ao 33%, ou persoas que teñen en vigor o Carné Xove.)

2,50 €

Actividades dirixidas

Euros / mes

Adestramento grupos reducidos (2 horas semanais)

Adestramento de grupos reducidos en horario de pouca afluencia (horario de mañá, ata as 14h. e horario de tarde, ata as 18h).

Grupo mínimo de 5 persoas e máximo de 10.

Sesións de 60 minutos, 2 días semanais.

8 € abonados

15 € non abonado

Adestramento grupos reducidos (3 horas semanais)

Adestramento de grupos reducidos en horario de pouca afluencia (horario de mañá, ata as 14h. e horario de tarde, ata as 18h).

Grupo mínimo de 5 persoas e máximo de 10.

Sesións de 60 minutos, 3 días semanais.

15 € abonados

20 € non abonado

Outras actividades dirixidas (2 horas semanais)

8 € abonados

15 € non abonado

Outras actividades dirixidas (3 horas semanais)

15 € abonados

20 € non abonado















Normas de aplicación das tarifas anteriores:

1. Entenderase como unidade familiar os cónxuxes e fillos menores de 18 anos ao seu cargo.

2. No caso das instalacións e cando o promotor de dita actividade cobre entrada as tarifas anteriores sufrirán un incremento dun 50%.

3. No caso das instalacións, o Concello, previa solicitude, poderá conceder unha bonificación de ata o 100% das taxas se se considera que a actividade a desenvolver é de interese xeral do municipio.

Artigo 7.º.-Devengo e período impositivo.

A taxa devengarase no momento no que se conceda a utilización das instalacións ou se preste o servizo correspondente.

Artigo 8.º.-Normas de xestión e ingreso.

1. A utilización de instalacións e servizos obxecto desta taxa, xunto cos horarios e calendarios de utilización serán fixados por resolución da Alcaldía que se publicará no taboleiro de anuncios do Concello.

2. No caso das actividades deportivas e culturais presentaranse as solicitudes para participar en cada modalidade nos prazos que se fixen cada ano. Unha vez se completen as prazas mínimas para cada actividade resolverase o inicio da actividade indicándose na citada resolución o importe a aboar por cada participante, sendo obrigatorio o seu pagamento mediante abono da cota na conta que o Concello ten aberta na oficina de Caixa Galicia de Vimianzo.

3. No caso da utilización das instalacións municipais obxecto desta ordenanza, as solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral e previo informe do Departamento de Cultura e Deportes serán resoltas por Decreto da Alcaldía, practicándose a liquidación en función da solicitude, debendo facerse o ingreso na conta que o Concello ten aberta na oficina de Caixa Galicia de Vimianzo, e un xustificante do mesmo deberá presentarse no momento de facer uso das instalacións.

4. Excepcionalmente poderanse producir altas ao longo do ano sempre e cando existan prazas nas distintas actividades, e producirá efectos económicos dende o mesmo mes no que se inicie a actividade ou utilización das instalacións.

Artigo 9.º.-Infracións e sancións.

En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias e sancions, ademáis do previsto nesta Ordenanza, estarase ao disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei Xeral Tributaria e demais normativa aplicable.

Disposición derradeira.

A presente ordenanza entrará en vigor unha vez aprobada definitivamente, e publicada o seu texto íntegro no BOP, consonte co previsto no art. 107.1 da LBRL, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.