Vimianzo - Ordenanza fiscal núm. 17, reguladora da taxa por prestación de servizos e utilización de instalacións culturais, educativas, deportivas e análogas de titularidade municipal

Publicación provisional: 15/02/1999 BOP Nº: 37
Publicación definitiva: 19/04/1999 BOP Nº: 87
Aplicable dende: 01/01/2008

Artigo 1º.- Fundamento e natureza

De acordo co previsto nos artigos 57 e 20 do RDL 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais (en adiante TRLRFL), e de conformidade co que dispoñen os artigos 15 a 19 do citado texto legal, este Concello establece a taxa pola prestación de servizos e utilización das instalacións culturais, deportivas e análogas de titularidade municipal que se rexirán pola presente ordenanza.

Artigo 2º.- Feito impoñible

Constitúe o feito impoñible da taxa a prestación de servizos e utilización das instalacións culturais e deportivas especificados nas tarifas contidas no artigo 6º da presente ordenanza.

Artigo 3º.- Suxeito pasivo

Serán suxeitos pasivos da taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, así como as entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria, que se beneficien da utilización ou dos servicios ou actividades que constitúen o feito impoñible da taxa.

Artigo 4º.- Responsables

1. Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo tódalas persoas que sexan causantes ou colaboren na realización dunha infracción tributaria.
2. Os copartícipes ou cotitulares das entidades xurídicas ou económicas a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003 Xeral Tributaria responderán solidariamente en proporción ás súas respectivas participacións das obrigacións tributarias nas citadas entidades.
3. Os administradores das persoas xurídicas que non fagan os actos da súa incumbencia para o cumprimento das obrigacións tributarias daquelas, responderán subsidiariamente das débedas seguintes:
a) cando se cometa unha infracción tributaria simple, do importe da sanción.
b) cando se cometa unha infracción tributaria grave, da totalidade da débeda esixible.
c) nos supostos de cese da actividade da sociedade, do importe das obrigacións tributarias pendentes na data do cese.
4. A responsabilidade esixirase en todo caso, nos termos e dacordo co procedemento previsto na Lei Xeral Tributaria.

Artigo 5º.- Beneficios fiscais.

De conformidade co disposto no artigo 9 do TRLRFL, non se recoñecen outros beneficios fiscais que os expresamente previstos nas normas con rango de lei e os derivados da aplicación dos tratados internacionais.

Artigo 6º.- Cuota tributaria

A contía da tasa determinarase aplicando as tarifas seguintes:
Epígrafe 1. Actividades deportivas e culturais. Tarifas (euros/actividade):
Actividade
Tarifa xeral
Familia numerosa
Campamento verán
50,00
45,00
Campamento urbano
50,00
45,00
Curso piscina
10,00
8,00
Epígrafe 2. Escolas deportivas e culturais. Tarifas (euros/actividade):
Gratuitas
Epígrafe 3. Utilización de instalacións deportivas. Tarifas (euros/hora) :
Instalación
Tarifa sen uso de luz
Tarifa con uso de luz
Pavellón
Veciños de Vimianzo
4,00
6,00
Non veciños
6,00
8,00
Campo de Fútbol
Veciños de Vimianzo
20,00
40,00
Non veciños
30,00
60,00
Outras instalacións deportivas
Veciños de Vimianzo
12,00
20,00
Non veciños
15,00
30,00
Epígrafe 4.- Utilización de outras instalacións municipais. Tarifas (euros/hora):
Instalación
Tarifa
Locais de menos de 40 m2
Veciños de Vimianzo
4,00
Non veciños
10,00
Locais de 41 m2 a 99 m2
Veciños de Vimianzo
5,00
Non veciños
15,00
Locais de 100 m2 ou mais
Veciños de Vimianzo
20,00
100,00 por día Completo
Non veciños
30,00
150,00 por día Completo
Normas de aplicación das tarifas anteriores:
1. Entenderase como unidade familiar os cónxuxes e fillos menores de 18 anos ó seu cargo.
2. No caso das instalacións e cando o promotor de dita actividade cobre entrada as tarifas anteriores sufrirán un incremento dun 50 %.
3. No caso das instalacións, o Concello, previa solicitude, poderá conceder unha bonificación ata o 100% das taxas se se considera que a actividade a desenrolar é de interese xeral do municipio.

Artigo 7º.- Devengo e período impositivo

A taxa devengarase no momento no que se conceda a utilización das instalacións ou se preste o servizo correspondente.

Artigo 8º.- Normas de xestión e ingreso

1. A utilización de instalacións e servizos obxecto desta taxa, xunto cos horarios e calendarios de utilización serán fixados por resolución da Alcaldía que se publicará no taboleiro de anuncios do Concello.
2. No caso das actividades deportivas e culturais presentaranse as solicitudes para participar en cada modalidade nos prazos que se fixen cada ano. Unha vez se completen as prazas mínimas para cada actividade resolverase o inicio da actividade indicándose na citada resolución o importe a aboar por cada participante que será obrigatorio o seu pagamento mediante abono da cota na conta aberta a nome do concello en Caixa Galicia, sucursal de Vimianzo ou na Tesourería municipal.
3. No caso da utilización das instalacións municipais obxecto desta ordenanza, as solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral e previo informe do Departamento de Cultura e Deportes serán resoltas por Decreto da Alcaldía, practicándose a liquidación en función da solicitude, debendo facerse o ingreso na conta aberta a nome do concello en Caixa Galicia, Sucursal de Vimianzo ou na Tesourería municipal, e un xustificante do mesmo deberá presentarse no momento de facer uso das instalacións.
4. Excepcionalmente poderanse producir altas ó longo do ano sempre e cando existan prazas nas distintas actividades, e producirá efectos económicos dende o mesmo mes no que se inicie a actividade ou utilización das instalacións.

Artigo 9º.- Infraccións e sancións.

En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias e sancions, ademáis do previsto nesta Ordenanza, estarase ó disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei Xeral Tributaria e demáis normativa aplicable.

Disposición derradeira.

A presente ordenanza entrará en vigor una vez aprobada definitivamente, e publicada o seu texto íntegro no BOP, consonte co previsto no art. 107.1 da LBRL, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa. Comenzará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2008, se a súa publicación definitiva no BOP se produce antes do 1 de xaneiro de dito ano, e senon o día seguinte da su publicación.