Vedra - ordenanza fiscal número 6, reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos
Artigo 4. Responsables
Responderán da deuda tributaria, xunto aos debedores principais, outras persoas ou entidades. Para estos efectos consideraranse debedores principais os obrigados tributarios do apartado 2 do artigo 35 da Lei 58/2003, do 17 de de-cembro, xeral tributaria.
Salvo precepto legal expreso en contrario, a responsabilidade será sempre subsidiaria.
Con relación á responsabilidade solidaria e subsidiaria da deuda tributaria estaráse ao establecido nos artigos 42 e 43, respectivamente, da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.
Artigo 5. Exencións e bonificacións
Estarán exentos os documentos que presenten ou se expidan para asociacións inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, Alcaldes de Barrio e aqueles outros que sexan declarados expresamente de interese social pola Xunta de Goberno.
Artigo 6. Cota tributaria
A cota tributaria determinaráse por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza dos documentos ou expedientes a tramitar, de acordo coa tarifa fixada no artigo seguinte.
A cota de tarifa corresponde á tramitación completa, en cada instancia, do documento ou expediente de que se trate, dende o seu inicio ata a súa resolución final, incluída a certificación e notificación ao interesado do acordo recaído.
Artigo 7. Tarifa
A taxa a que se refire esta ordenanza rexirá polas seguintes tarifas:
CONCEPTO | IMPORTE (€) |
CENSO DE POBOACIÓN DE HABITANTES | |
1.-Certificacións de empadroamento e veciñanza 2,00 | |
CERTIFICACIÓNS E COMPULSAS | |
1.-Certificación de documentos ou acordos municipais | 5,00 |
2.-Cotexo de documentos | **1 |
3.-Bastanteo de poderes | 15,00 |
DOCUMENTOS EXPEDIDOS POLAS OFICINAS MUNICIPAIS | |
1.-Informes testificais | 30,00 |
2.-Fotocopias de documentos administrativos | 0,50 €/ud. |
LICENZAS URBANISTICAS | |
1.-Certificacións catastrais | 15,00 |
2.-Denuncias urbanísticas | 15,00 |
3.-Informes con planos | 20,00 |
4.-Recoñecemento de firmas, fe de vida ou similar | 15,00 |
5.-Informes de alcaldía (antigüidade, ubicacións, etc.) | 30,00 |
DEREITOS DE EXAME:
1.- Para acceso, como funcionario de carreira, ao grupo de titulación A: Subgrupo A1, ou como laboral fixo ao nivel 1 | 75,00 € |
2.- Para acceso , como funcionario de carreira, ao grupo de titulación A: Subgrupo A2, ou como laboral fixo ao nivel 2 | 70,00 € |
3.- Para acceso , como funcionario de carreira, ao grupo de titulación B, ou como laboral fixo a niveis equivalentes | 65,00 € |
4.- Para acceso , como funcionario de carreira, ao grupo de titulación C: Subgrupo C1, ou como laboral fixo a niveis equivalentes | 60,00 € |
5.- Para acceso , como funcionario de carreira, ao grupo de titulación C: Subgrupo C2, ou como laboral fixo a niveis equivalentes | 60,00 € |
6.- Para acceso , como funcionario de carreira, ao grupo Outras Agrupacións Profesionais, ou como laboral fixo a niveis equivalentes | 50,00 € |
**1 1€/ud. Para máis de 20 compulsas aplicaráselle un 50% de recargo se os interesados o solicitan con carácter de urxencia.
Artigo 8.-Devengo
Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuir cando se presente a solicitude que inicie a tramitación dos documentos e expedientes suxeitos a tributo.
Ademais, o devengo prodúcese cando teñan lugar as circunstancias que proveñan a actuación municipal de oficio ou cando esta se inicie sin previa solicitude do interesado pero redunde no seu beneficio.
Artigo 9.-Normas de xestión
A taxa esixirase en réxime de autoliquidación.
As cotas satisfaranse nas oficinas municipais, no momento de presentación do escrito de solicitude de tramitación do documento ou expediente, ou ao retirar a certificación ou notificación da resolución si a solicitude non existira ou non fóse expresa.
Os documentos recibidos polos condutos de outros rexistros xerais serán admitidos provisionalmente, pero non poderá dárselles curso sen o previo pago dos dereitos, a cuxo fin se requerirá ao interesado para que no prazo de dez dias aboe as cotas correspondentes, co apercibimento de que transcorrido o dito prazo sen efectualo, teráselle por non presentados os escritos ou documentos e será arquivada a solicitude.
As certificacións ou documentos que expida a Administración municipal en virtude de oficio de xulgados ou tribunais para toda clase de pleitos, non se entregarán nin remitirán sen que previamente se teña satisfeita a correspondente cota tributaria.