Vedra - ordenanza fiscal número 6, reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos

Publicación provisional: 30/11/2010 BOP Nº: 228
Publicación definitiva: 18/01/2011 BOP Nº: 11
Aplicable dende: 19/01/2011

Artigo 4. Responsables

Responderán da deuda tributaria, xunto aos debedores principais, outras persoas ou entidades. Para estos efectos consideraranse debedores principais os obrigados tributarios do apartado 2 do artigo 35 da Lei 58/2003, do 17 de de-cembro, xeral tributaria.

Salvo precepto legal expreso en contrario, a responsabilidade será sempre subsidiaria.

Con relación á responsabilidade solidaria e subsidiaria da deuda tributaria estaráse ao establecido nos artigos 42 e 43, respectivamente, da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.

Artigo 5. Exencións e bonificacións

Estarán exentos os documentos que presenten ou se expidan para asociacións inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, Alcaldes de Barrio e aqueles outros que sexan declarados expresamente de interese social pola Xunta de Goberno.

Artigo 6. Cota tributaria

A cota tributaria determinaráse por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza dos documentos ou expedientes a tramitar, de acordo coa tarifa fixada no artigo seguinte.

A cota de tarifa corresponde á tramitación completa, en cada instancia, do documento ou expediente de que se trate, dende o seu inicio ata a súa resolución final, incluída a certificación e notificación ao interesado do acordo recaído.

Artigo 7. Tarifa

A taxa a que se refire esta ordenanza rexirá polas seguintes tarifas:

CONCEPTO

IMPORTE (€)

CENSO DE POBOACIÓN DE HABITANTES

1.-Certificacións de empadroamento e veciñanza

2.-Certificados de convivencia e residencia

2,00

CERTIFICACIÓNS E COMPULSAS

1.-Certificación de documentos ou acordos municipais

5,00

2.-Cotexo de documentos

**1

3.-Bastanteo de poderes

15,00

DOCUMENTOS EXPEDIDOS POLAS OFICINAS MUNICIPAIS

1.-Informes testificais

30,00

2.-Fotocopias de documentos administrativos

0,50 €/ud.

LICENZAS URBANISTICAS

1.-Certificacións catastrais

15,00

2.-Denuncias urbanísticas

15,00

3.-Informes con planos

20,00

4.-Recoñecemento de firmas, fe de vida ou similar

15,00

5.-Informes de alcaldía (antigüidade, ubicacións, etc.)

30,00

**1 1€/ud. Para máis de 20 compulsas aplicaráselle un 50% de recargo se os interesados o solicitan con carácter de urxencia.

Artigo 8.-Devengo

Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuir cando se presente a solicitude que inicie a tramitación dos documentos e expedientes suxeitos a tributo.

Ademais, o devengo prodúcese cando teñan lugar as circunstancias que proveñan a actuación municipal de oficio ou cando esta se inicie sin previa solicitude do interesado pero redunde no seu beneficio.

Artigo 9.-Normas de xestión

A taxa esixirase en réxime de autoliquidación.

As cotas satisfaranse nas oficinas municipais, no momento de presentación do escrito de solicitude de tramitación do documento ou expediente, ou ao retirar a certificación ou notificación da resolución si a solicitude non existira ou non fóse expresa.

Os documentos recibidos polos condutos de outros rexistros xerais serán admitidos provisionalmente, pero non poderá dárselles curso sen o previo pago dos dereitos, a cuxo fin se requerirá ao interesado para que no prazo de dez dias aboe as cotas correspondentes, co apercibimento de que transcorrido o dito prazo sen efectualo, teráselle por non presentados os escritos ou documentos e será arquivada a solicitude.

As certificacións ou documentos que expida a Administración municipal en virtude de oficio de xulgados ou tribunais para toda clase de pleitos, non se entregarán nin remitirán sen que previamente se teña satisfeita a correspondente cota tributaria.

Artigo 10.-Infraccións e sancións

En todo o referente a infraccións e sancións, será de aplicación a Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, en concreto os artigos 181 e seguintes, e as disposicións que a desenvolven

DISPOSICIÓN FINAL ÚNICA

A presente ordenanza fiscal, aprobada polo Pleno deste Concello en sesión celebrado o 18/11/2010, entrará en vigor no momento da súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata que se acorde a súa modificación ou a súa derrogación expresa