Ordes - PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS NA PISCINA MUNICIPAL CLIMATIZADA ¿IVÁN RAÑA¿
1. CONCEPTO.
A actividade obxecto do presente prezo público está constituída pola prestación dos servizos e realización de actividades na piscina climatizada municipal ¿Iván Raña", sita no lugar de As Casillas, así como a utilización das instalacións municipais dedicadas especificamente, á prestación dos ditos servizos.
2. OBRIGADOS AO PAGAMENTO.
Están obrigados ao pagamento do prezo público os/as que soliciten, utilicen ou se beneficien da prestación dos servizos prestados na piscina municipal climatizada ou das súas instalacións. No caso de que os/as beneficiarios/as sexan menores de idade e/ou incapacitados/as, considerarase suxeito obrigado ao pagamento aos pais/nais ou titores/as.
3. CONTÍA.
A contía do prezo público verá determinado polas tarifas seguintes:
1. Abonados.
a) Cota de inscrición (matrícula) | 28,00 € |
b) Abonado de mañá | 18,00 €/mes |
c) Abonado de 3.ª idade | 21,00 €/mes |
d) Abono a partires dos 21 anos de idade | 30,00 €/mes |
e) Abono dos menores de 21 anos de idade | 15,00 €/mes |
f) Abono familiar (titular e cónxuxe): | 38,00 €/mes |
a. A maiores por cada fillo menor de 7 anos: | 0,00 €/mes |
b. A maiores, por cada fillo a partires dos 7 anos e ata cumprir os 21 anos salvo que sexa de aplicación o apartado seguinte: | 4,00 €/mes |
c. A maiores, por cada fillo a partires dos 7 anos e ata cumprir os 21 anos tendo a categoría de familia numerosa: | 2,00€/mes |
2. Non abonados.
a) Entrada a partires de 21 anos sen sauna | 4,00 € |
b) Entrada a partires de 21 anos con sauna | 5,00 € |
c) Entrada menores de 21 anos | 2,50 € |
d) Entrada terceira idade | 2,50 € |
3. Cursos de natación.
Abonados | Non abonados | |
a) Natación mensual menores 1 día á semana | 6,84 € | 13,63 € |
b) Natación mensual menores 2 días á semana | 9,08 € | 18,17 € |
c) Natación mensual adultos 1 día á semana | 8,48 € | 17,02 € |
d) Natación mensual adultos 2 días á semana | 17,02 € | 34,09 € |
e) Cursos intensivos de natación (5 días/semana) nenos | 27,85 € | 36,52 € |
f) Cursos intensivos de natación (5 días semana) adultos | 34,03 € | 54,14 € |
g) Curso de natación escolar 1 día por semana | 7,57 € | 7,57 € |
h) Curso de natación especial 1 día por semana | 68,22 € | 68,22 € |
4. Cota de mantemento do socio: 6,00 €/mes.
5. Por grao de minusvalía superior ao 33% corresponderá un desconto do 50% aplicable aos puntos 1, 2, 3 e 4 anteriores tendo en conta que, no caso do abono familiar, aplicarase sobre a parte proporcional que corresponda ao abonado que sufre a minusvalía .
6. Perda ou extravío de tarxeta: 5,00 €.
As ditas tarifas non serán reducibles por período de tempo, salvo no caso do peche anual das instalacións polo período que corresponda, no que as tarifas reduciranse proporcionalmente.
4. NORMAS DE XESTIÓN.
No caso de entradas puntuais e bonos a obriga de pagar nacerá no momento de entrar no recinto das instalacións, debendo realizarse nese momento o pagamento das tarifas.
A obriga de pagamento da matrícula nacerá no momento no que se solicite o abono ás instalacións, momento no que tamén nacerá a obriga de pagamento das cotas mensuais de abonado/a.
A obriga de pagamento dos cursos nacerá no momento da solicitude de inscrición neles.
O pagamento da matrícula, da primeira cota de abono e dos cursos levarase a cabo por tarxeta bancaria ou medios electrónicos no momento da solicitude. As cotas de abonado, unha vez efectuado o pagamento das anteriores, levarase a cabo mediante domiciliación bancaria dos recibos, os cales poranse ao cobro nos primeiros cinco días do mes en curso.
Procederá a devolución cando se produza a falta de prestación do servizo debido a causa non imputable ao interesado. Neste caso a mesma será proporcional ao tempo no que non se puido prestar o servizo, non entendéndose como tales os días festivos.
A falta de pagamento de dúas cotas consecutivas implicará a baixa automática do abonado, sen prexuízo de que a dita débeda poda esixirse polo procedemento administrativo de constrinximento. A mesma impedirá o acceso ás instalacións ate que sexa satisfeita e, no caso dos abonados, a solicitude e aboamento dunha nova matrícula.