Cerceda - Ordenanza fiscal reguladora da taxa da Escola Infantil Municipal

Publicación provisional: 09/10/2008 BOP Nº: 233
Publicación definitiva: 12/12/2008 BOP Nº: 285
Aplicable dende: 01/09/2022

Artigo 1.- Fundamento e Réxime

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, Reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 41 a 44, en relación co artigo 20 do Real Decreto 2/2004, do 5 de marzo polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa pola prestación do servizo da escola infantil municipal que se rexerá pola presente ordenanza fiscal en consonancia cos prezos públicos establecidos pola Xunta de Galicia no Decreto 49/2012, de 19 de xaneiro, actualizado por resolución da AGSS de 10 de maio de 2017 (DOG núm. 97 do 23 de maio de 2017)

Artigo 2. Feito impoñible

Constitúe o feito impoñible da taxa a prestación do servizo da escola infantil municipal, consistente en atención educativa, comedor e outros servizos complementarios.

Artigo 3.- Suxeitos pasivos

Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes as persoas que resulten beneficiadas polo servizo que constitúe o feito impoñible desta taxa.

Tendo en conta que as persoas usuarias do servizo gravado por esta taxa son menores de idade, que non teñen capacidade de obrar, actuarán no seu nome, cos efectos previstos na Lei Xeral Tributaria, os seus pais/nais, titores/as ou calquera outro representante legal a quen corresponda o exercicio da patria potestade.

Artigo 4.- Cota tributaria

O Concello de Cerceda, en base á ORDE do 22 de xullo de 2022 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o funcionamento e gratuidade da atención educativa das escolas infantís 0-3 e puntos de atención á infancia de titularidade municipal para o curso 202/23, aplicará o réxime de prezos das escolas infantís 0-3 dependentes da Xunta de Galicia, de acordo co seguinte detalle:

Contías dos servizos:

4.1.- Contía por asistencia e servizos ordinarios

Renda en función do IPREM

A.E.

Xornada completa

A.E.

Media xornada

Comedor

Almorzo

Merenda

Rendas inferiores ao 30% IPREM

0,00€

0,00€

0,00€

0,00€

0,00€

Rendas entre 30% e 50% IPREM

0,00€

0,00€

17,45€

2,11€

2,11€

Rendas entre 50% e 75% IPREM

34,91€

17,45€

17,45€

3,18€

3,18€

Rendas entre 75% e 100% IPREM

69,81€

34,90€

26,45€

4,23€

4,23€

Rendas entre 100% e 125% IPREM

112,13€

56,06€

37,02€

5,29€

5,29€

Rendas entre 125% e 150% IPREM

133,29€

66,64€

52,89€

6,34€

6,34€

Rendas entre 150% e 200% IPREM

147,05€

73,52€

63,47€

7,40€

7,40€

Rendas superiores ao 200% IPREM

169,26€

84,63€

74,05€

8,47€

8,47€

Non obstante, atendendo ás circunstancias concorrentes, sobre estes prezos aplicaranse as reducións, bonificacións ou exencións previstas no artigo 5 desta ordenanza.

4.2.- Horario ampliado

Con carácter excepcional as familias usuarias do servizo poderán ampliar a súa xornada de atención educativa, establecida como máximo en 8 horas, sempre que se acredite a súa necesidade e o prezo será de 21,16€/mes.

O prezo da ampliación de xornada non estará suxeito a redución algunha.

4.3.- Situacións especiais

· No caso do alumnado que non utilice habitualmente o servizo de comedor e que o desexe utilizar un día solto, o prezo será de 4,23€.

· No caso do alumnado que non utilice habitualmente o servizo de almorzo e que o desexe utilizar un día solto, o prezo será de 1,03€.

· No caso do alumnado que non utilice habitualmente o servizo de merenda e que o desexe utilizar un día solto, o prezo será de 1,03€.

Ningún destes prezos estará suxeito a redución algunha.

Artigo 5.- Exencións, bonificacións e reducións

Atendendo á posta en marcha pola Xunta de Galicia da gratuidade da atención educativa de 8 horas nas escolas infantís, será bonificada a taxa da atención educativa na escola infantil municipal ¿Os Pillabáns" na xornada ordinaria de 8 horas durante 11 meses de curso escolar. Ademais da gratuidade do citado servicio educativo, segundo as circunstancias de cada unidade familiar, sobre o prezo que resulte de aplicar o disposto no artigo 4.1, aplicaranse os seguintes descontos que non son acumulables entre sí:

a) Alumnado pertencente a familia numerosa: 20% de desconto

b) Alumnado pertencente a familia monoparental: 20% de desconto

c) Asistencia ao centro de varios irmáns: 20% (o segundo e sucesivos)

d) As familias acolledoras con medida de tutela ou garda: 20% de desconto

Para a aplicación dos descontos teranse en conta as circunstancias concorrentes no momento da presentación da solicitude de praza na EIM, que deberán ser previamente xustificadas documentalmente de non coincidir coas circunstancias contidas na última declaración do IRPF.

Cando por circunstancias sobrevidas (solicitude fóra de prazo, traslado de residencia, etc...) o neno/a ingrese na escola infantil con posterioridade ao día 15 do mes, a cota que lle corresponda a pagar, dito mes terá unha redución do 50%.

Artigo 6.- Base de cálculo

Para os efectos no disposto nesta ordenanza:

1) Entenderase por unidade familiar a formada polos cónxuxes non separados legalmente e:

a. Os/as fillos/as menores, con excepción dos que, con consentimento dos/as pais/nais, vivan independentes destes/as.

b. Os/as fillos/as maiores de idade suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

c. Os/as fillos/as maiores de dezaoito anos cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por cento.

A determinación dos membros da unidade familiar realizarase atendendo á situación

existente a data 31 de decembro do ano a que se refiran os datos económicos a que se refiren as seguintes regras.

2) Tomarase o importe dos ingresos totais da unidade familiar, que será o resultado da agregación das rendas que consten na Axencia Tributaria no exercicio anterior a aquel en que dea comezo o curso escolar, de cada un dos membros da unidade familiar, calculadas por agregación da base impoñible xeral coa base impoñible do aforro, calculadas segundo os criterios establecidos na normativa do imposto sobre a renda das persoas físicas.

O importe dos ingresos totais da unidade familiar será acreditado, mediante a autorización ó Concello de Cerceda para recadar os datos da Axencia Tributaria, no caso de non prestar autorización, a persoa interesada achegará xunto coa solicitude a copia cotexada da declaración do IRPF ou o certificado emitido pola Axencia Tributaria relativo ás rendas do exercicio anterior a aquel en que dea comezo o curso escolar.

O importe anterior dividirase polo número de membros computables da unidade familiar.

No caso de familias monoparentais, incrementarase nun 0,8 o número real de membros que compoñen a unidade familiar. Entenderase por familia monoparental aquela unidade familiar a da que forma parte un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa con que manteña unha relación análoga á conxugal e sempre que o outro proxenitor ou proxenitora non contribúa economicamente ao seu sustento.

A renda per cápita mensual será o resultado de dividir o importe anterior entre doce.

Artigo 7.- Revisión de tarifas

Ao longo do curso poderase proceder á revisión da taxa inicialmente cando concorran e se xustifiquen variacións socioeconómicas na unidade familiar referidas aos seguintes casos:

a. A modificación das variables que determinen os descontos recollidos na normativa vixente en materia de prezos públicos.

b. As variacións nos seus ingresos que impliquen unha modificación substancial na súa capacidade económica. Só se terán en conta as variacións que supoñan unha diminución ou incremento de máis do 20% no cómputo anual fronte aos ingresos declarados na solicitude de praza ou, de ser o caso, nunha variación posterior. Estas variacións deberán ter unha duración mínimo de 4 meses para ser tidas en conta e xustificaranse por medio da declaración do IRPF, dun certificado emitido pola Axencia Estatal ou por calquera outra documentación que, a xuízo do órgano competente, xustifique e permita un novo cálculo da renda per cápita da unidade familiar

c. A variación do número de membros da unidade familiar, se fose o caso.

Neste sentido a persoa beneficiaria queda obrigada a comunicar calquera variación que se produza ao respecto.

A modificación da taxa, de ser o caso, será resolta polo órgano competente, e aplicarase a partir do primeiro día do mes natural seguinte ao data correspondente resolución.

Artigo 8.- Período impositivo e retribución

8.1. O período impositivo coincide co mes natural de prestación do servizo. A cota tributaria non poderá reducirse aínda cando a prestación do servizo non teña lugar durante todo o mes natural. Nos casos de nenos/as en período de adaptación, non se cobrara a taxa do servizo de comedor ata que se comece a prestar o servizo.

8.2. A taxa retribúese co inicio do mes natural, agás nos casos de incorporación ao servizo con posterioridade ao día 15 do mes correspondente, no que se retribuirá o 50% da taxa.

8.3. No caso de empregar o servizo de comedor por días soltos realizarase o pago da taxa no mes seguinte.

8.4. A falta de pagamento de dúas mensualidades orixinará a perda do dereito á praza.

8.5. A falta de asistencia do alumnado á escola infantil non supón a redución nin exención da taxa que lle corresponde mentres non se formalice a baixa correspondente.

Artigo 9.- Xestión e recadación da taxa

O cobro das taxas que deberán aboar as persoas interesadas será xestionada polo Concello de Cerceda.

O Concello elaborará mensualmente, dentro dos dez primeiros días de cada mes, un padrón coas persoas obrigadas ao pago, que será aprobado e publicado no Boletín Oficial da Provincia da Coruña. De dito padrón derivará un recibo que será pasado ao cobro na conta bancaria sinalada no momento de formalización da matrícula na escola infantil e que obrará no expediente de cada persoa interesada.

En caso dun recibo impago ou devolto, procederase a notificarse ao obrigado ao pago a débeda pendente que ten contraída, requiríndose a cancelación da mesma nun prazo máximo de TRES DÍAS a contar desde o seguinte á recepción do requirimento.

No caso de que non a satisfixese, ou cando se produza un novo impago ou unha nova devolución do recibo, xa sexa de forma consecutiva ou alterna, procederase ó inicio da tramitación da baixa de oficio na prestación do servicio, sen prexuízo da reclamación da débeda por vía do constrinximento ante a Deputación de A Coruña.

Para o caso de que o interesado desexe continuar co servicio, debera presentar unha nova solicitude a través do Rexistro Xeral do Concello ou por calquera outro medio establecido na lexislación vixente.

Artigo 10.- Suspensión temporal da cota

Os suxeitos pasivos aos que se refire o artigo 3º non terán a obriga de aboar a cota durante os seguintes períodos:

a. O mes de vacacións anual do/a neno/a

No caso de que se soliciten vacacións partidas a exención aplicaráselle ao cumprir o requisito do mes completo, entendendo por mes 30 días naturais. A estes efectos, por curso completo entenderase o desfrutado polos nenos e nenas que estean matriculados dende setembro ata agosto.

A suspensión realizarase de oficio.

b. Cando por calquera motivo distinto ao período de vacacións anuais o centro permaneza pechado por un período superior a quince días.

A suspensión realizarase de oficio.

c. Cando por causa debidamente xustificada, o/a neno/a deixe de asistir temporalmente ó centro, o suxeito obrigado estará exento de aboa-la cota mensual dende o primeiro día do mes natural seguinte á data de ausencia do centro. A suspensión da cota durará ata o día primeiro do mes natural en que teña lugar a incorporación do neno ó centro.

Non obstante, se a reincorporación se produce con posterioridade ó día 15 do mes, a cota correspondente a dito mes reducirase nun 50 por cento. A solicitude de suspensión da cota, xunto coa acreditación documental da circunstancia que a motiva, deberá presentarse ante o Sr. Alcalde, que resolverá sobre a procedencia da suspensión. Nos casos de suspensión temporal da cota, o pagamento correspondente ó mes de reincorporación realizarase no prazo de dez días seguintes ó da data de reincorporación. Así mesmo, nos casos en que se acorde a non procedencia da suspensión solicitada, o suxeito obrigado deberá ingresa-las cotas atrasadas no prazo de dez días ó da notificación da resolución denegatoria.

Disposición derradeira:

A presente ordenanza entrará en vigor unha vez publicada no Boletín Oficial da Provincia, mais os seus efectos aplicaranse con efectos retroactivos desde o 1 de setembro de 2022, permanecendo vixente ata que se acorde a súa derrogación ou modificación expresa