Mañón - Ordenanza fiscal reguladora de la taxa pola prestación do servicio da piscina municipal

Publicación provisional: 23/11/1999 BOP Nº: 269
Publicación definitiva: 30/12/1999 BOP Nº: 298
Aplicable dende: 01/01/2005

Artigo 1.-Fundamento e natureza.

No uso das facultades conferidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladoras das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 27 e 58 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, modificada pola Lei 25/1988, do 13 de xullo, de Modificación do Réxime Legal das Taxas Estatais e Locais e de Reordenación das Prestacións Patrimoniais de Carácter Público, este Concello establece a taxa pola prestación do servicio da piscina municipal, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal.

Artigo 2.-Feito imponible.

De acordo co previsto nos artigos 58 e 20.1.40 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, constitúe o feito imponible da taxa a prestación do servicio da piscina municipal

Artigo 3.-Suxeitos pasivos.

Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas, así como as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que soliciten ou resulten beneficiadas polo servicio prestado polo Concello na piscina municipal.

Artigo 4.-Responsables.

Serán responsables, solidariamente, das obrigas tributarias do suxeito pasivo establecidas nesta ordenanza, as persoas físicas e xurídicas as que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.

Artigo 5.-Cota tributaria.

1.- As bases de imposición e cota tributaria son as comprendidas nas seguintes tarifas:

 

  IMPORTE
    Veciños
Entrada individual diaria de adultos 2,00 euros 1,00 euros
Entrada individual diaria, de nenos (ata 12 anos inclusive) 1,00 euros 0,50 euros
Curso de natación   10 euros

 

Entenderase por veciños, tódalas persoas empadroadas neste Concello.

Artigo 6.-Retribución.

A taxa retribuirase no intre en que se inicie a prestación do servicio especificado no artigo anterior.

O pagamento da taxa efectuarase no momento de entrar no recinto da piscina.

Artigo 7.-Exención e bonificación.

Estará exceptuada do pagamento, a utilización da piscina con motivo de competicións organizadas por iniciativa do Concello ou patrocinadas polo Concello, previa resolución do alcalde-presidente.

Artigo 8.-Infracción e sanción.

No relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como á determinación das sancións que correspondan, aplicarase o disposto na Lei Xeral Tributaria, artigos 77 a 89, de acordo co establecidos no artigo 11 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais.

Disposición final.

A presente modificación acordada polo Pleno da Corporación o día 1 de setembro de 2004 entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir do día 1 de xaneiro de 2005.