Índice
Mañón - Ordenanza fiscal reguladora de la taxa pola prestación do servicio da piscina municipal
Publicación provisional:
23/11/1999
BOP Nº:
269
Publicación definitiva:
30/12/1999
BOP Nº:
298
Aplicable dende:
30/12/1999
Artigo 1.-Fundamento e natureza.
No uso das facultades conferidas polos artigos 133.2 e 142 da
Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril,
reguladoras das Bases de Réxime Local, e de conformidade co
disposto nos artigos 15 a 27 e 58 da Lei 39/1988, do 28 de
decembro, reguladora das Facendas Locais, modificada pola Lei
25/1988, do 13 de xullo, de Modificación do Réxime Legal das
Taxas Estatais e Locais e de Reordenación das Prestacións
Patrimoniais de Carácter Público, este Concello establece a
taxa pola prestación do servicio da piscina municipal, que se
rexerá pola presente ordenanza fiscal.
Artigo 2.-Feito imponible.
De acordo co previsto nos artigos 58 e 20.1.40 da Lei 39/1988,
do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, constitúe o
feito imponible da taxa a prestación do servicio da piscina
municipal
Artigo 3.-Suxeitos pasivos.
Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes,
as persoas físicas ou xurídicas, así como as entidades ás que
se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que soliciten
ou resulten beneficiadas polo servicio prestado polo Concello
na piscina municipal.
Artigo 4.-Responsables.
Serán responsables, solidariamente, das obrigas tributarias do
suxeito pasivo establecidas nesta ordenanza, as persoas
físicas e xurídicas as que se refiren os artigos 38.1 e 39 da
Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5.-Cota tributaria.
A cota tributaria consistirá nunha cantidade fixa, por importe
de 50 pesetas, en concepto de entrada, por persoa e día.
Artigo 6.-Retribución.
A taxa retribuirase no intre en que se inicie a prestación do servicio especificado no artigo anterior.
O pagamento da taxa efectuarase no momento de entrar no recinto da piscina.
Artigo 7.-Exención e bonificación.
Estará exceptuada do pagamento, a utilización da piscina con
motivo de competicións organizadas por iniciativa do Concello
ou patrocinadas polo Concello, previa resolución do
alcalde-presidente.
Artigo 8.-Infracción e sanción.
No relativo á cualificación de infraccións tributarias, así
como á determinación das sancións que correspondan, aplicarase
o disposto na Lei Xeral Tributaria, artigos 77 a 89, de acordo
co establecidos no artigo 11 da Lei 39/1988, do 28 de
decembro, reguladora das Facendas Locais.
Disposición final.
A presente ordenanza fiscal, que consta de oito artigos, foi
aprobada polo Pleno da corporación en reunión celebrada o día
12 de novembro de 1999; entrará en vigor o día da súa
publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia,
permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación
expresa.