Arteixo - Ordenanza fiscal nº 10, reguladora da taxa por outorgamento de licenzas de apertura de establecementos
ARTIGO 1. Fundamento e natureza.
ARTIGO 2. Feito impoñibel.
1. Está determinado polas actuacións municipais
desenvolvidas con motivo da apertura de estabelecementos, tanto se esta
actividade se produce como consecuencia dunha petición do interesado, coma se
se orixina por comprobacións ou inspeccións da apertura sen que o titular
solicitara ou obtivera a licenza, para verificación de que os mesmos reúnen as
condicións requiridas polas Ordenanzas municipais como orzamento necesario para
o outorgamento da oportuna licenza.
a)
A instalación por primeira vez do estabelecemento para dar comezo ás súas actividades.
b)
A variación ou ampliación da actividade desenvolvida no establecemento, aínda
que o titular sexa o mesmo.
c)
Os traslados de locais.
3.
Entenderase por estabelecemento, que requirirá licenza para a súa apertura:
a)
Os locais dedicados ao exercicio habitual do comercio. Presumirase dita
habitualidade nos casos aos que se refire a lexislación mercantil e fiscal e,
especificamente, cando a realización da actividade estea suxeita a tributación
polo imposto sobre actividades económicas.
b)
Os locais nos que se desenvolva unha actividade económica de carácter
comercial, industrial, de servizos, profesional ou artística.
c)
Toda edificación habitable cuxo destino principal non sexa a vivenda e que se
dedique a:
- Casinos ou círculos dedicados ao esparexemento ou recreo dos seus
compoñentes ou asociados. As distintas dependencias que, dentro dos locais do
casino, sociedade ou círculo sexan destinados a explotacións económicas
suxeitas a tributación polo Imposto sobre Actividades Económicas serán obxecto
de apertura diferente á principal que se refire ao obxecto social de carácter
non lucrativo.
- Depósito ou almacén, aínda que se atope
pechado ao público.
- Actividades que, tendo ou non fin
lucrativo, impliquen a presencia habitual
de persoas no local.
- Locais nos que se fagan usos e actuacións
contempladas no Regulamento de
Actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas.
- Locais e recintos nos que se fagan
espectáculos públicos.
- Oficinas, despachos, bufetes, escritorios,
consultorios ou estudos abertos ao
público, onde se exerzan actividades
artísticas, profesionais ou de ensino con
fin lucrativo e suxeitas a
tributación polo imposto sobre
actividades
económicas.
ARTIGO 3. Suxeito pasivo.
Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de
contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refiren o
artigo 36 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria, titulares da
actividade que se pretenda desenvolver ou, no seu caso, que se desenvolva no
estabelecemento.
ARTIGO 4. Responsábeis.
1. Responderán solidariamente das obrigas
tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas a que se refire o
artigo 42 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.
2.
Serán responsábeis subsidiarios os Administradores das sociedades e os
síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e
entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei
58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.
ARTIGO 5. Beneficios fiscais.
ARTIGO 6. Base impoñíbel, tarifas e cota tributaria.
Até 50 m2 | 0,7 |
De 51 a 100 m2 | 0,8 |
De 101 a 200 m2 | 0.9 |
De 201 a 500 m2 | 1 |
De 501 m2 a 1.000 m2 | 1,2 |
De 1.001 a 2.000 m2 | 1,4 |
De 2.001 a 10.000 m2 | 1,6 |
De 10.001 a 50.000 m2 | 1,8 |
De mais de 50.000 m2 | 2,0 |
Ate 60,10 € | 0,6 |
De 60,11 € a 180,30 € | 0,7 |
De 180,31 € a 360,60 € | 0,8 |
De 360,61 € a 601,01 € | 1,0 |
De 601,02 a 1.202,02 € | 1,2 |
De 1.202,03 a 3.005,05 € | 1,4 |
De 3.005,06 a 6010,12 € | 1,6 |
De 6.010,13 € a 30.050,60 € | 1,8 |
De 30.050,61 a 60.101,20 € | 2,0 |
De mais de 60.101, 21 € | 2,2 |
Primeira categoría | 2,0 |
Segunda categoría | 1,6 |
Terceira categoría | 1,3 |
Cuarta categoría | 1,0 |
ARTIGO 7. Devengo.
1.- Devéngase a Taxa e nace a obriga de contribuír,
cando se inicie a actividade municipal que contitúe o feito impoñíbel. A estes
efectos, entenderase iniciada dita actividade na data de presentación da
oportuna solicitude da licenza de apertura, se o suxeito pasivo formulara
expresamente esta.
2.-
Cando a apertura tivera lugar sen obter a oportuna licenza, a taxa devengarase
cando se inicie efectivamente a actividade municipal conducente a determinar se
o estabelecemento reúne ou non as condicións esixíbeis con independencia da
iniciación do expediente administrativo que poida instruírse para autorizar a apertura de estabelecemento
ou decretar o seu peche, se non fora autorizábel dita apertura.
ARTIGO 8. Liquidación e ingreso
1. Ao tempo de solicitar a correspondente licenza,
os interesados ou os seus representantes procederán a efectuar a correspondente
autoliquidación e a ingresar o seu importe nas entidades de credito
coloboradoras, que será aplicado á cota que resulte unha vez sexa concedida a
correspondente licenza, procedéndose á súa devolución no caso de que, por
causas imputábeis á Administración, non se prestara o servizo.
2.
Non se tramitará o expediente, se non se acredita a autoliquidación e o
pagamento da presente taxa.
ARTIGO 9. Renuncia e caducidade.
ARTIGO 10. Infraccións e sancións tributarias.
En todo o relativo á cualificación de infraccións
tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan, estarase ao
disposto nos artigos 183 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral
tributaria.
DISPOSICIÓN ADICIONAL
Actividade desenvolvida no estabelecemento | Cota euros |
1.- FABRICACIÓN: | |
1.1.-Extracción , preparación, aglomeración ou almacenamento de combustíbeis sólidos e coquerias | 1.087,90 € |
1.2.- Refino de petróleo e outros combustíbeis | 3.626,34 € |
1.3.- Produción, transporte ou distribución de enerxía eléctrica, gas, vapor e auga | 1.813,16 € |
1.4.- Fabricación de xeo | 3.620,84 € |
1.5.- Fabricación e primeira transformación de metais, agás maquinaria e material de transporte (siderurxia) | 1.087,11 € |
1.6.- Fabricación de produtos metálicos (metalurxia) | 543,96 € |
1.7.- Extracción de minerais non metálicos nin enerxéticos. Turbeiras | 543,96 € |
1.8.- Extracción doutros minerais non metálicos nin enexéticos | 1.450,53 € |
1.9.-Elaboración e tratamento da pedra natural | 652,73 € |
1.10.- Fabricación de materiais de construción | 652,73 € |
1.11.- Fabricación de produtos químicos, farmaceúticos, pirotecnia, e outros produtos químicos de uso industrial e doméstico | 906,58 € |
1.12.- Fabricación de maquinaria, material e equipos mecánicos | 724,94 € |
1.13.- Fabricación de material de transporte e seus compoñentes | 1.087,11 € |
1.14.- Fabricación de instrumentos de precisión, óptica e similares, incluído material e equipo eléctrico e electrónico | 1.087,11 € |
1.15.- Fabricación, envasado ou preparación de produtos alimentarios, bebidas ou tabaco | 652,73 € |
1.16.- Fabricación téxtil, da confección ou do calzado | 718,21 € |
1.17.- Industrias de transformación do caucho e materias plásticas | 543,96 € |
1.18.- Fabricación, transformación e almacenaxe de madeira, corcho e produtos similares, agás mobles | 362,63 € |
1.19.-Fabricación de mobles | 652,73 € |
1.20.- Industrias do papel, edición, artes gráficas e reprodución | 652,73 € |
1.21.- Fabricación de xoiería, orfebrería, pratería e similares | 652,73 € |
1.22.- Fabricación de instrumentos musicais, bixutería, artigos para o deporte e xoguetes | 362,63 € |
1.23.-Fabricación de máquinas, equipos e material mecánico | 652,73 € |
1.24.- Instalación de antenas de telefonía móbil | 2.653,12 € |
1.25.- Fabricación, depósito e almacenaxe de explosivos e similares | 1.175,02 € |
1.26.- Outras actividades non contempladas en parágrafos anteriores | 362,63 € |
2.- SERVIZOS, VENDA E DISTRIBUCIÓN | |
2.1.- Comercio por xunto | 217,57 € |
2.2..- Comercio polo miúdo | 145,06 € |
2.3.- Restaurantes | 181,32 € |
2.4.- Estabelecementos de bebidas con servizo de comidas | 181,32 € |
2.5.- Cafés-Bares de categoría especial con espectáculos en vivo e/ou de alterne | 282,48 € |
2.6.- Estabelecementos de bebidas (bares, pubs, cafés, etc) | 145,06 € |
2.7.- Comedores colectivos e servizos de comidas preparadas | 108,78 € |
2.8.- Hoteis, moteis, hostais, pensións e similares con servizo de comidas, por cada habitación | 13,06 € |
2.9.- Hoteis, moteis, hostais, pensións e similares sen servizo de comidas, por cada habitación | 8,69 € |
2.10.- Campings, albergues e refuxios, por praza | 3,63 € |
2.11.- Outros tipos de hospedaxe, incluso os non turísticos, por praza | 3,63 € |
2.12.- Bancos, caixas de aforro e outros estabelecementos financeiros | 435,17 € |
2.13.- Axencias, delegacións de seguros e outros similares | 217,57 € |
2.14.- Salas de cine, teatro e espectáculos (non deportiv.) | 290,10 € |
2.15- Estadios, pavillóns e campos de deporte | 290,10 € |
2.16.- Despachos profesionais e artistas | 145,06 € |
2.17.- Garaxes e aparcamentos, por praza | 6,52 € |
2.18.- Inmobiliarias e axentes da propiedade inmbobiliaria | 217,57 € |
2.19.- Reciclaxe de chatarra e outros desfeitos | 145,06 € |
2.20.- Actividades e servizos relacionados co agro, gandería, pesca e selvicultura | 145,06 € |
2.21.- Estabelecementos afectos aos servizos de transporte (estacións, e terminais, oficinas de venda de billetes, facturación, almacéns, consignas e similares) | 181,32 € |
2.22.- Servizos de correos e mensaxería | 181,32 € |
2.23.- Axencias de viaxe | 181,32 € |
2.24.- Estabelecementos afectos aos servizos de telecomunicacións | 181,32 € |
2.25.- Estabelecementos de ensino | 145,06 € |
2.26.- Estabelecementos farmaceúticos e sanitarios, incluído consultas médicas e similares | 176,55 € |
2.27.- Estabelecementos de asistencia social | 72,52 € |
2.28.- Estabelecementos afectos á actividade de construción (oficinas, locais destinados á venda, estudos técnicos, almacéns, talleres e similares | 181,32 € |
2.29.- Estabelecementos afectos á actividade de produción, transporte, e distribución de enerxía eléctrica, gas, vapor e auga | 181,32 € |
2.30.- Talleres e outros estabelecementos de reparación de vehículos, electrodomésticos e outros bens de consumo | 181,32 € |
2.31.- Comercio polo miúdo de combustíbeis, carburantes e lubricantes | 290,22 € |
2.32.- Outros estabelecementos non clasificados nos apartados anteriores | 145,06 € |