Arteixo - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR OUTORGAMENTO DE LICENZAS DE APERTURA DE ESTABELECEMENTOS

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 30/08/2005 BOP Nº: 198
Aplicable dende: 01/01/2006

ARTIGO 1. Fundamento e natureza.

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 144 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1 985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 ao 19 do R.D. lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, este Concello estabelece a Taxa por licenza de apertura de estabelecementos, que se rexerà pola presente Ordenanza Fiscal, cuxas normas atenden ao prevido no artigo 57 do citado R.D. lexislativo.

ARTIGO 2. Feito impoñibel.

1. Está determinado polas actuacións municipais desenvolvidas con motivo da apertura de estabelecementos, tanto se esta actividade se produce como consecuencia dunha petición do interesado, coma se se orixina por comprobacións ou inspeccións da apertura sen que o titular solicitara ou obtivera a licenza, para verificación de que os mesmos reúnen as condicións requiridas polas Ordenanzas municipais como orzamento necesario para o outorgamento da oportuna licenza.

 2. A tal efecto, terá a consideración de apertura:

 a) A instalación por primeira vez do estabelecemento para dar comezo ás súas actividades.

 b) A variación ou ampliación da actividade desenvolvida no establecemento, aínda que o titular sexa o mesmo.

 c) Os traslados de locais.

 

 3. Entenderase por estabelecemento, que requirirá licenza para a súa apertura:

 

 a) Os locais dedicados ao exercicio habitual do comercio. Presumirase dita habitualidade nos casos aos que se refire a lexislación mercantil e fiscal e, especificamente, cando a realización da actividade estea suxeita a tributación polo imposto sobre actividades económicas.

 b) Os locais nos que se desenvolva unha actividade económica de carácter comercial, industrial, de servizos, profesional ou artística.

 c) Toda edificación habitable cuxo destino principal non sexa a vivenda e que se dedique a:

- Casinos ou círculos dedicados ao esparexemento ou recreo dos seus compoñentes ou asociados. As distintas dependencias que, dentro dos locais do casino, sociedade ou círculo sexan destinados a explotacións económicas suxeitas a tributación polo Imposto sobre Actividades Económicas serán obxecto de apertura diferente á principal que se refire ao obxecto social de carácter non lucrativo.

 - Depósito ou almacén, aínda que se atope pechado ao público.

- Actividades que, tendo ou non fin lucrativo, impliquen a presencia habitual  

 de persoas no local.

 - Locais nos que se fagan usos e actuacións contempladas no Regulamento de 

 Actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas.

 - Locais e recintos nos que se fagan espectáculos públicos.

- Oficinas, despachos, bufetes, escritorios, consultorios ou estudos abertos ao 

 público, onde se exerzan actividades artísticas, profesionais ou de ensino con

 fin lucrativo e suxeitas a tributación polo imposto sobre actividades

 económicas.

ARTIGO 3. Suxeito pasivo.

Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refiren o artigo 36 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria, titulares da actividade que se pretenda desenvolver ou, no seu caso, que se desenvolva no estabelecemento.

ARTIGO 4. Responsábeis.

1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas a que se refire o artigo 42 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.

 

 2. Serán responsábeis subsidiarios os Administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.

ARTIGO 5. Beneficios fiscais.

Non serán aplicábeis outros beneficios fiscais cos expresamente previstos nas normas con rango de lei ou os derivados da aplicación de tratados ou acordos internacionais.

ARTIGO 6. Base impoñíbel, tarifas e cota tributaria.

1.- A cota tributaria determinarase por unha tarifa fixa estabelecida en función da actividade a desenvolver e modulada en función da superficie do local, a cota mínima municipal que lle corresponda a efectos do Imposto sobre Actividades Económicas, a situación do local e a condición de actividade clasificada a efectos do Regulamento de Actividades Molestas, Nocivas, Insalubres ou Perigosas.

 

 

2. Tarifa Xeral.

2.1 As tarifas aplicábeis serán as contidas na disposición adicional desta Ordenanza, segundo a actividade exercida no local. Cando nun local se exerzan varias actividades, tomarase en conta a cota máis alta, sen prexuízo do estabelecido no apartado 2.3.

Nas actividades clasificadas no Regulamento de Actividades Molestas, Nocivas, Insalubres ou Perigosas, e que se sometan ao procedemento propio das mesmas, a cota que figura na disposición adicional multiplicarase polos coeficientes que deseguido se sinalan, antes de proceder a aplicar os coeficientes e índices que se estabelecen nos apartados seguintes.

 

 Actividades molestas: 1,5

 Actividades insalubres: 1,6

Actividades nocivas: 1,8

Actividades perigosas: 2,0

 

 No suposto que unha actividades estivera comprendida en máis dun suposto dos anteriores, tomarase sempre o valor máis alto. No suposto de actividades inocuas non lles será aplicabel coeficiente ningún.

 

 2.2 Á cota da tarifa aplicaráselle un coeficiente en función da superficie útil do local, de acordo coa seguinte escala:

 

 Até 50 m2................................................. 0,7

 De 51 a 100 m2........................................ 0,8

 De 101 m2 a 200 m2................................ 0,9

 De 201 a 500 m2...................................... 1,0

 De 501 a 1.000 m2................................... 1,2

 De 1.001 m2 a 2.000 m2.......................... 1,4

 De 2.000 m2 a 10.000 m2........................ 1,6

 De 10.001m2 a 50.000 m2....................... 1,8

 De máis de 50.000 m2.............................. 2,0

 

 2.3 Ademais do coeficiente anterior, e sobre o resultado obtido, aplicarase un coeficiente de capacidade económica estabelecido en función da cota mínima municipal que corresponda á actividade desenvolvida no local a efectos do Imposto sobre Actividades Económicas, segundo a seguinte escala:

 

 Até 60,10 ¿............................................ 0,6

 De 60,11 ¿ a 180,30 ¿........................... 0,7

 De 180,31 ¿ a 360,60 ¿...........................0.8

 De 360,61 ¿ a 601,01 ¿.......................... 1.0

 De 601,02 ¿ a 1.202,02 ¿........................1,2

 De 1.202,03 ¿ a 3.005,05 ¿.................... 1,4

 De 3.005,06 ¿ a 6.010,12 ¿.....................1,6

De 6.010,13 ¿ a 30.050,60 ¿..................1,8

 De 30.050,61 ¿ a 60.101,20 ¿.................2,0

 De máis de 60.101,03 ¿.......................... 2,2

 

2.4. Sobre o resultado de aplicar os anteriores coeficientes, aplicarase un índice que pondere a situación do local, de acordo coa cateogoría da rúa segundo a clasificación vixente das vías públicas a efectos fiscais, segundo o seguinte cadro:

 

 Estabelecementos situados na rúa de :

 

 Primeira categoría..............................2,0

 Segunda categoría..............................1,6

 Terceira categoría............................. 1,3

 Cuarta categoría............................... 1,0

 

Cando nun mesmo local existan, sen discriminación no título de ocupación do mesmo, espazos destinados a vivenda e a estabelecemento suxeito á Taxa, a base deste último será a que proporcionalmente á súa superficie lle corresponda.

 

 Cando se trate da ampliación do estabelecemento, a base impoñíbel será a que corresponda á superficie na que se ampliou o local.

 

Regras de aplicación:

 

 1ª. Cando nun local se exerzan varias actividades comprendidas en epígrafes diferentes, tomarase a suma das diferentes cotas para a aplicación deste coeficiente.

 

 2ª. Cando se trate de actividades que tributen por cota provincial ou nacional, tomarase o 20% ou o 5% das cotas resultantes, respectivamente.

 

 3ª. Nos estabelecementos destinados a actividades non suxeitas ao imposto sobre actividades económicas, non lles será de aplicación o coeficiente reflectido no artigo 6.2.3.

 

 4ª.- Para a aplicación deste coeficiente non se terán en consideración as bonificacións que poidan ser aplicábeis no IAE.

 

 5ª. Os locais afectos tributarán pola cota que lles sexa asinada de acordo coas regras do Imposto sobre Actividades Económicas.

 

 6ª. No epígrafe 1.24 “Instalacións de antenas de telefonía mobil” da disposición adicional, aplicaranse os seguintes coeficientes:

- Coeficiente estabelecido segundo a actividade exercida no local ( molesta, insalubre, nociva ou perigosa)

- Coeficiente da actividade económica do suxeito pasivo estabelecido en función da cota mínima municipal que corresponda á actividade desenvolvida no local a efectos do Impostos sobre Actividades Económicas.

 

 3.- Nos supostos de traspasos, cesións ou transmisión da titularidade das actividades que se desenvolvan nos estabelecementos, a actividade administrativa tendente a verificar se o local ou estabelecemento obxecto de traspaso, cesión ou transmisión reúne as condicións idóneas para o fin destinado, a base imponíbel estará modulada en función do exposto nos apartados anteriores e disposición adicional, aplicándolle un índice corrector do 0,05.

ARTIGO 7. Devengo.

1.- Devéngase a Taxa e nace a obriga de contribuír, cando se inicie a actividade municipal que contitúe o feito impoñíbel. A estes efectos, entenderase iniciada dita actividade na data de presentación da oportuna solicitude da licenza de apertura, se o suxeito pasivo formulara expresamente esta.

 2.- Cando a apertura tivera lugar sen obter a oportuna licenza, a taxa devengarase cando se inicie efectivamente a actividade municipal conducente a determinar se o estabelecemento reúne ou non as condicións esixíbeis con independencia da iniciación do expediente administrativo que poida instruírse para autorizar a apertura de estabelecemento ou decretar o seu peche, se non fora autorizábel dita apertura.

ARTIGO 8. Liquidación e ingreso

1. Ao tempo de solicitar a correspondente licenza, os interesados ou os seus representantes procederán a efectuar a correspondente autoliquidación e a ingresar o seu importe nas entidades de credito coloboradoras, que será aplicado á cota que resulte unha vez sexa concedida a correspondente licenza, procedéndose á súa devolución no caso de que, por causas imputábeis á Administración, non se prestara o servizo.

 2. Non se tramitará o expediente, se non se acredita a autoliquidación e o pagamento da presente taxa.

ARTIGO 9. Renuncia e caducidade.

1.- Antes de que sexa dictado o acto administrativo sobre concesión da licenza, os interesados poderán renunciar expresamente á mesma e obter a devolución do 50% da autoliquidación ingresada.

 

2.- Consideranse caducadas as licenzas se, despois de concedidas, transcorren máis de seis meses sen que se produza a apertura dos locais ou, se despois de abertos, pecharan novamente por un período superior a seis meses consecutivos, agás nos casos de forza maior. Presumirase que existe esta circunstancia en tanto non trancorran os prazos concedidos para o remate das obras do edificio ou local no que se teña que situar o establecemento.

ARTIGO 10. Infraccións e sancións tributarias.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan, estarase ao disposto nos artigos 183 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.

DISPOSICIÓN ADICIONAL

As tarifas da presente taxa serán as que deseguido se estabelecen:

ACTIVIDADE DESENVOLVIDA NO ESTABELECEMENTO COTA EUROS

1.-FABRICACIÓN:

1.1.Extracción ,preparación,aglomeración ou almacenamento de

combustibles sólidos e coquerias

980,33 €

1.2.Refino de petróleo e outros combustibles

3.267,77 €

1.3.Produción,transporte ou distribución de enerxía eléctrica,gas,

vapor e auga

1.633,88 €

1.4.Fabricación de xeo

3.262,81 €

1.5.Fabricación e primeira transformación de metais,agás maquinaria e

material de transporte (siderurxia)

979,61 €

1.6.Fabricación de produtos metálicos (metalurxia)

490,17 €

1.7.Extracción de minerais non metálicos nin enerxéticos.Turbeiras

490,17 €

1.8.Extracción doutros minerais non metálicos nin enexéticos

1.307,10 €

1.9.Elaboración e tratamento da pedra natural

588,19 €

1.1 .Fabricación de materiais de construción

588,19 €

1.11.Fabricación de produtos químicos,farmaceúticos,pirotecnia,e

outros produtos químicos de uso industrial e doméstico

816,94 €

1.12.Fabricación de maquinaria,material e equipos mecánicos.

653,26 €

1.13.Fabricación de material de transporte e seus compoñentes

979,61 €

1.14.Fabricación de instrumentos de precisión,óptica e similares,

incluído material e equipo eléctrico e electrónico

979,61 €

1.15.Fabricación,envasado ou preparación de produtos alimenticios,

bebidas ou tabaco

1.16.Fabricación téxtil,da confección ou do calzado

647,19 €

1.17.Industrias de transformación do caucho e materias plásticas

490,17 €

1.18.Fabricación,transformación e almacenaxe de madeira,corcho e

produtos similares,agás mobles

326,77 €

1.19.Fabricación de mobles

588,19 €

1.2 .Industrias do papel,edición,artes gráficas e reprodución

588,19 €

1.21.Fabricación de xoiería,orfebrería,pratería e similares

588,19 €

1.22.Fabricación de instrumentos musicais,bixutería,artigos para o

deporte e xoguetes

326,77 €

1.23.Fabricación de máquinas,equipos e material mecánico

588,19 €

1.24.Instalación de antenas de telefonía móbil

2.390,78 €

1.25.Fabricación,depósito e almacenaxe de explosivos e similares

1.058,83 €

1.26.Outras actividades non contempladas en parágrafos anteriores

2.-SERVIZOS,VENDA E DISTRIBUCIÓN

326,77 €

2.1.Comercio por xunto

196,06 €

2.2.Comercio polo miúdo

130,71 €

2.3.Restaurantes

163,39 €

2.4.Estabelecementos de bebidas con servizo de comidas

163,39 €

2.5.Cafés-Bares de categoría especial con espectáculos en vivo e/ou de

alterne

254,54 €

2.6.Estabelecementos de bebidas (bares,pubs,cafés,etc)

130,71 €

2.7.Comedores colectivos e servizos de comidas preparadas

98,03 €

2.8.Hoteis,moteis,hostais,pensións e similares con servizo de

comidas,por cada habitación

11,76 €

2.9.Hoteis,moteis,hostais,pensións e similares sen servizo de

comidas,por cada habitación

7,83 €

2.1 .Campings,albergues e refuxios,por praza

3,27 €

2.11.Outros tipos de hospedaxe,incluso os non turísticos,por praza

3,27 €

2.12.Bancos,caixas de aforro e outros estabelecementos financeiros

392,14 €

2.13.Axencias,delegacións de seguros e outros similares

196,06 €

2.14.Salas de cine,teatro e espectáculos (non deportiv.)

2.15.Estadios,pavillóns e campos de deporte

261,42 €

2.16.Despachos profesionais e artistas

130,71 €

2.17.Garaxes e aparcamentos,por praza

5,88 €

2.18.Inmobiliarias e axentes da propiedade inmbobiliaria

196,06 €

2.19.Reciclaxe de chatarra e outros desfeitos

130,71 €

2.2 .Actividades e servizos relacionados co agro,gandería,pesca e

selvicultura

130,71 €

2.21.Estabelecementos afectos aos servizos de transporte (estacións,

e terminais,oficinas de venda de billetes,facturación,almacéns,

consignas e similares)

163,39 €

2.22.Servizos de correos e mensaxería

163,39 €

2.23.Axencias de viaxe

163,39 €

2.24.Estabelecementos afectos aos servizos de telecomunicacións

163,39 €

2.25.Estabelecementos de ensino

130,71 €

2.26.Estabelecementos farmaceúticos e sanitarios,incluído consultas

médicas e similares.

159,09 €

2.27.Estabelecementos de asistencia social

65,35 €

2.28.Estabelecementos afectos á actividade de construción (oficinas,

locais destinados á venda,estudos técnicos,almacéns,talleres e

similares)

163,39 €

2.29.Estabelecementos afectos á actividade de produción,transporte,e

distribución de enerxía eléctrica,gas,vapor e auga

163,39 €

2.3 .Talleres e outros estabelecementos de reparación de vehículos,

electrodomésticos e outros bens de consumo

163,39 €

2.31.Comercio polo miúdo de combustibles,carburantes e lubricantes

261,52 €

2.32.Outros estabelecementos non clasificados nos apartados anteriores

130,71 €

As tarifas sinaladas na presente disposición adicional incrementaranse anualmente

co IPC.

261,42 €
588,19 €.

DISPOSICIÓN ADICIONAL SEGUNDA

As disposicións relativas ao Imposto sobre actividades económicas contidas na presente ordenanza (rueiro e cotas tributarias), seguirán a manterse independentemente ou non da vixencia do referido imposto.

DISPOSICIÓN ADICIONAL SEGUNDA

As disposicións relativas ao Imposto sobre actividades económicas contidas na presente ordenanza (rueiro e cotas tributarias), seguirán a manterse independentemente ou non da vixencia do referido imposto.

DISPOSICIÓN ADICIONAL TERCEIRA

As tarifas desta ordenanza serán incrementadas anualmente no IPC

" \>

As tarifas desta ordenanza serán incrementadas anualmente no IPC

DISPOSICIÓN FINAL

A presente ordenanza foi aprobada por acordo plenario de data 3 de novembro de

1989,entrando en vigor o día 1 de xaneiro de 199 .Foi modificada segundo acordos

plenarios de datas vinte e dous de agosto de 1996,trinta de xaneiro de 1997,seis de

novembro de 1998,6 de setembro de 2 1,18 de xullo de 2 2 e 28 de outubro de 2 4.

A presente modificación foi aprobada polo Concello Pleno en sesión celebrada o día

3 de xuño de 2 5.

Entrará en vigor,logo da súa publicación no BOP o día 1 de xaneiro de 2 6,

permanecendo en vigor até que sexa acordada a súa modificación ou derrogación expresas.