Arteixo - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR OUTORGAMENTO DE LICENZAS DE APERTURA DE ESTABELECEMENTOS
ARTIGO 1. Fundamento e natureza.
ARTIGO 2. Feito impoñibel.
1. Está determinado polas actuacións municipais
desenvolvidas con motivo da apertura de estabelecementos, tanto se esta
actividade se produce como consecuencia dunha petición do interesado, coma se
se orixina por comprobacións ou inspeccións da apertura sen que o titular
solicitara ou obtivera a licenza, para verificación de que os mesmos reúnen as
condicións requiridas polas Ordenanzas municipais como orzamento necesario para
o outorgamento da oportuna licenza.
a)
A instalación por primeira vez do estabelecemento para dar comezo ás súas actividades.
b)
A variación ou ampliación da actividade desenvolvida no establecemento, aínda
que o titular sexa o mesmo.
c)
Os traslados de locais.
3.
Entenderase por estabelecemento, que requirirá licenza para a súa apertura:
a)
Os locais dedicados ao exercicio habitual do comercio. Presumirase dita
habitualidade nos casos aos que se refire a lexislación mercantil e fiscal e,
especificamente, cando a realización da actividade estea suxeita a tributación
polo imposto sobre actividades económicas.
b)
Os locais nos que se desenvolva unha actividade económica de carácter
comercial, industrial, de servizos, profesional ou artística.
c)
Toda edificación habitable cuxo destino principal non sexa a vivenda e que se
dedique a:
- Casinos ou círculos dedicados ao esparexemento ou recreo dos seus
compoñentes ou asociados. As distintas dependencias que, dentro dos locais do
casino, sociedade ou círculo sexan destinados a explotacións económicas
suxeitas a tributación polo Imposto sobre Actividades Económicas serán obxecto
de apertura diferente á principal que se refire ao obxecto social de carácter
non lucrativo.
- Depósito ou almacén, aínda que se atope
pechado ao público.
- Actividades que, tendo ou non fin
lucrativo, impliquen a presencia habitual
de persoas no local.
- Locais nos que se fagan usos e actuacións
contempladas no Regulamento de
Actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas.
- Locais e recintos nos que se fagan
espectáculos públicos.
- Oficinas, despachos, bufetes, escritorios,
consultorios ou estudos abertos ao
público, onde se exerzan actividades
artísticas, profesionais ou de ensino con
fin lucrativo e suxeitas a
tributación polo imposto sobre
actividades
económicas.
ARTIGO 3. Suxeito pasivo.
Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de
contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refiren o
artigo 36 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria, titulares da
actividade que se pretenda desenvolver ou, no seu caso, que se desenvolva no
estabelecemento.
ARTIGO 4. Responsábeis.
1. Responderán solidariamente das obrigas
tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas a que se refire o
artigo 42 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.
2.
Serán responsábeis subsidiarios os Administradores das sociedades e os
síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e
entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei
58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.
ARTIGO 5. Beneficios fiscais.
ARTIGO 6. Base impoñíbel, tarifas e cota tributaria.
1.- A cota tributaria determinarase por unha tarifa
fixa estabelecida en función da actividade a desenvolver e modulada en función
da superficie do local, a cota mínima municipal que lle corresponda a efectos
do Imposto sobre Actividades Económicas, a situación do local e a condición de
actividade clasificada a efectos do Regulamento de Actividades Molestas,
Nocivas, Insalubres ou Perigosas.
2. Tarifa
Xeral.
2.1 As tarifas aplicábeis
serán as contidas na disposición adicional desta Ordenanza, segundo a
actividade exercida no local. Cando nun local se exerzan varias actividades,
tomarase en conta a cota máis alta, sen prexuízo do estabelecido no apartado
2.3.
Nas actividades clasificadas
no Regulamento de Actividades Molestas, Nocivas, Insalubres ou Perigosas, e que
se sometan ao procedemento propio das mesmas, a cota que figura na disposición
adicional multiplicarase polos coeficientes que deseguido se sinalan, antes de
proceder a aplicar os coeficientes e índices que se estabelecen nos apartados
seguintes.
Actividades molestas: 1,5
Actividades
insalubres: 1,6
Actividades nocivas: 1,8
Actividades perigosas: 2,0
No
suposto que unha actividades estivera comprendida en máis dun suposto dos
anteriores, tomarase sempre o valor máis alto. No suposto de actividades
inocuas non lles será aplicabel coeficiente ningún.
2.2
Á cota da tarifa aplicaráselle un coeficiente en función da superficie útil do
local, de acordo coa seguinte escala:
Até
De
De
De
De
De
De
De 10.001m2 a
De
máis de
2.3 Ademais do coeficiente anterior, e sobre o
resultado obtido, aplicarase un coeficiente de capacidade económica
estabelecido en función da cota mínima municipal que corresponda á actividade
desenvolvida no local a efectos do Imposto sobre Actividades Económicas,
segundo a seguinte escala:
Até
60,10 ¿............................................ 0,6
De
60,11 ¿ a 180,30
¿........................... 0,7
De
180,31 ¿ a 360,60 ¿...........................0.8
De
360,61 ¿ a 601,01 ¿.......................... 1.0
De
601,02 ¿ a 1.202,02 ¿........................1,2
De
1.202,03 ¿ a 3.005,05 ¿.................... 1,4
De
3.005,06 ¿ a 6.010,12 ¿.....................1,6
De 6.010,13 ¿ a 30.050,60 ¿..................1,8
De
30.050,61 ¿ a 60.101,20 ¿.................2,0
De
máis de 60.101,03 ¿.......................... 2,2
2.4. Sobre o
resultado de aplicar os anteriores coeficientes, aplicarase un índice que
pondere a situación do local, de acordo coa cateogoría da rúa segundo a
clasificación vixente das vías públicas a efectos fiscais, segundo o seguinte
cadro:
Estabelecementos
situados na rúa de :
Primeira
categoría..............................2,0
Segunda
categoría..............................1,6
Terceira
categoría............................. 1,3
Cuarta
categoría............................... 1,0
Cando nun mesmo local existan, sen discriminación no
título de ocupación do mesmo, espazos destinados a vivenda e a estabelecemento
suxeito á Taxa, a base deste último será a que proporcionalmente á súa
superficie lle corresponda.
Cando se trate da ampliación
do estabelecemento, a base impoñíbel será a que corresponda á superficie na que
se ampliou o local.
Regras de aplicación:
1ª.
Cando nun local se exerzan varias actividades comprendidas en epígrafes
diferentes, tomarase a suma das diferentes cotas para a aplicación deste
coeficiente.
2ª.
Cando se trate de actividades que tributen por cota provincial ou nacional,
tomarase o 20% ou o 5% das cotas resultantes, respectivamente.
3ª.
Nos estabelecementos destinados a actividades non suxeitas ao imposto sobre
actividades económicas, non lles será de aplicación o coeficiente reflectido no
artigo 6.2.3.
4ª.-
Para a aplicación deste coeficiente non se terán en consideración as
bonificacións que poidan ser aplicábeis no IAE.
5ª.
Os locais afectos tributarán pola cota que lles sexa asinada de acordo coas
regras do Imposto sobre Actividades Económicas.
6ª. No epígrafe 1.24
“Instalacións de antenas de telefonía mobil” da disposición adicional,
aplicaranse os seguintes coeficientes:
- Coeficiente estabelecido segundo a actividade exercida no local (
molesta, insalubre, nociva ou perigosa)
- Coeficiente da actividade económica do suxeito pasivo estabelecido en
función da cota mínima municipal que corresponda á actividade desenvolvida no
local a efectos do Impostos sobre Actividades Económicas.
3.-
Nos supostos de traspasos, cesións ou transmisión da titularidade das
actividades que se desenvolvan nos estabelecementos, a actividade
administrativa tendente a verificar se o local ou estabelecemento obxecto de
traspaso, cesión ou transmisión reúne as condicións idóneas para o fin
destinado, a base imponíbel estará modulada en función do exposto nos apartados
anteriores e disposición adicional, aplicándolle un índice corrector do 0,05.
ARTIGO 7. Devengo.
1.- Devéngase a Taxa e nace a obriga de contribuír,
cando se inicie a actividade municipal que contitúe o feito impoñíbel. A estes
efectos, entenderase iniciada dita actividade na data de presentación da
oportuna solicitude da licenza de apertura, se o suxeito pasivo formulara
expresamente esta.
2.-
Cando a apertura tivera lugar sen obter a oportuna licenza, a taxa devengarase
cando se inicie efectivamente a actividade municipal conducente a determinar se
o estabelecemento reúne ou non as condicións esixíbeis con independencia da
iniciación do expediente administrativo que poida instruírse para autorizar a apertura de estabelecemento
ou decretar o seu peche, se non fora autorizábel dita apertura.
ARTIGO 8. Liquidación e ingreso
1. Ao tempo de solicitar a correspondente licenza,
os interesados ou os seus representantes procederán a efectuar a correspondente
autoliquidación e a ingresar o seu importe nas entidades de credito
coloboradoras, que será aplicado á cota que resulte unha vez sexa concedida a
correspondente licenza, procedéndose á súa devolución no caso de que, por
causas imputábeis á Administración, non se prestara o servizo.
2.
Non se tramitará o expediente, se non se acredita a autoliquidación e o
pagamento da presente taxa.
ARTIGO 9. Renuncia e caducidade.
ARTIGO 10. Infraccións e sancións tributarias.
En todo o relativo á cualificación de infraccións
tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan, estarase ao
disposto nos artigos 183 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral
tributaria.