Boimorto - Ordenanza fiscal que regula o prezo público polo subministro de auga
Artigo 1.º .-Concepto.
De conformidade co previsto no artigo 117, en relación co 41.B) da Lei 39/88, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, o Concello de Boimorto establece o prezo público polo subministro de auga que se rexerá pola presente ordenanza.
Artigo 2.º .-Obrigados ó pagamento.
Están obrigados ó pagamento do prezo público regulamentado nesta ordenanza, os que se beneficien do servicio municipal de subministro de auga, dende o momento en que se inicie a prestación do servicio.
Artigo 3.º .-Tarifas.
O prezo público establecido nesta ordenanza axustarase ás seguintes tarifas:
a) Cota de conexión á rede municipal de abastecemento de auga: 7.500 ptas.
b) Subministro de auga:
Cota mínima mensual: 100 ptas./mes.
- Ata 20 m3 mensuais: 20 ptas./m3.
- De 20 m3 a 40 m3 mensuais: 50 ptas./m3.
- A partir de 40 m3 mensuais: 80 ptas./m3.
A estas tarifas aplicaráselle o importe do IVE correspondente.
Artigo 4.º .-Cobramento.
O pagamento deste prezo público farase con periodicidade trimestral, quedando os obrigados a abonalo no momento da presentación da correspondente factura.
As débedas derivadas do prezo público poderán esixirse polo procedemento administrativo de constrinximento, conforme ó Regulamento Xeral de Recadación.
Disposición final.
A presente ordenanza entrará en vigor unha vez publicada no BOP e teña transcorrido o prazo a que se refire o artigo 70.2, en relación co 65.2 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e será de aplicación a partir do día 1 de abril de 1998, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.