Boimorto - ORDENANZA FISCAL N.º 8.-REGULADORA POLA TAXA DE SUBMINISTRO DE AUGA.
Artigo 1.º .-Fundamento legal.
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 en relación co 20 da Lei 39/88, de 28 de decembro, reguladora das facendas locais, modificada pola Lei 25/98, do 13 de xullo, de modificación do réxime legal das taxas estatais e locais e de reordenación das prestacións patrimoniais de carácter público, este Concello establece a taxa polo subministro de auga, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal.
Artigo 2.º .-Feito imponible.
Constitúe o feito imponible da taxa a prestación do servicio de distribución de auga, incluído os dereitos de enganche e colocación e utilización de contadores e instalacións análogas.
Artigo 3.º .-Suxeitos pasivos.
1. Son suxeitos pasivos en concepto de contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria que ocupen ou utilicen as vivendas e locais emprazados nos lugares, prazas, rúas ou vías públicas en que se preste o servicio, xa sexa a título de propietario ou de usufructuario, habitacionista, arrendatario ou incluso de precario.
2. Terán a consideración de substituto do contribuínte, o propietario das vivendas ou locais, que poderá repercutir, no seu caso as cotas satisfeitas sobre os respectivos beneficiarios do servicio.
Artigo 4.º .-Responsables.
1. Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebra, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5.º .-Cota Tributaria.
A cota tributaria establecida nesta ordenanza axustarase ás seguintes tarifas:
a) Cota de conexión á rede municipal de abastecemento de auga: 7.500 pesetas.
b) Subministro de auga:
Cota mínima mensual: 100 pesetas mes.
- Ata 20 m3 mensuais: 20 pesetas/m3.
- De 20 m3 a 40 m3 mensuais: 50 pesetas/m3.
- A partir de 40 m3 mensuais: 80 pesetas/m3.
A estas tarifas aplicaráselle o importe do IVE correspondente.
Artigo 6.º .-Bonificacións.
Non se concederá bonificación ningunha dos importes das cotas tributarias sinaladas na tarifa desta taxa.
Artigo 7.º .-Retribución.
1.-Retribúese a taxa e nace a obrigación de contribuír desde o momento en que se inicie a prestación do servicio, entendéndose iniciada, dada as naturais de recepción obrigatoria do mesmo, cando estea establecido e en funcionamento o servicio municipal obxecto da presente regulación.
2. As cotas retribuiranse o primeiro día de cada trimestre natural, salvo que a retribución da taxa se producise con posterioridade a dita data, en tal caso será a partir a mesma cando se produza a retribución.
Artigo 8.º .-Obrigación de pagamento.
O pagamento da taxa efectuarase mediante recibo. A lectura do contador, a facturación e cobro do recibo, farase trimestralmente e ó efecto de simplifica-lo cobro, poderán ser incluídos nun recibo único, que inclúa de forma diferenciada, as cotas ou importes correspondentes a outras taxas que se retribúen no mesmo período, tales como recollida de lixo, rede de sumidoiros, etc...
Artigo 9.º .-Infraccións e sancións.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.
Disposición final.
A presente ordenanza fiscal, aprobada polo Pleno da corporación en sesión extraordinaria celebrada o día vinteseis de outubro de mil novecentos noventa e oito entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e será de aplicación a partir do 1 de xaneiro de 1999, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.