Boimorto - Ordenanza fiscal que regula a taxa pola licencia de apertura de establecementos
Artigo 5.º .-Base imponible.
Constitúe a base imponible desta taxa a superficie do establecemento industrial ou mercantil que se pretende abrir.
Artigo 6.º .-Cota tributaria.
1) A cota tributaria determinarase aplicando as seguintes tarifas por m2 de local:
a) En solo urbano: 250 ptas./m2.
b) En núcleos rurais e solo rústico: 150 ptas./m2.
2) A cota tributaria esixirase por unidade de local.
3) En caso de variación ou ampliación da actividade realizada no establecemento suxeito, da cota que resulte por aplicación dos apartados anteriores deste artigo, deducirase o retribuído por este concepto tributario con ocasión da concesión das anteriores licencias de apertura, sendo a cantidade a ingresar a diferencia resultante.
4) En caso de desestimento formulado polo solicitante con anterioridade á concesión da licencia, as cotas a liquidar serán do 50% das sinaladas nos apartados anteriores.
Artigo 10.º .-Liquidación e ingreso.
Rematada a actividade municipal e unha vez dictada a resolución municipal que proceda sobre a licencia municipal de apertura, practicarase a liquidación correspondente pola taxa, que será notificada ó suxeito pasivo para o seu ingreso nas arcas municipais, utilizando os medios de pagamento e os prazos sinalados no Regulamento Xeral de Recadación.
Disposición final.
A presente modificación da ordenanza entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no BOP, e será de aplicación a partir do día seguinte, permanecendo en vigor ata a súa derrogación ou modificación expresa.