Sada - Ordenanza fiscal reguladora da taxa por servicios de sumidoiro

Publicación provisional: 19/02/2000 BOP Nº: 41
Publicación definitiva: 19/02/2000 BOP Nº: 41
Aplicable dende: 25/06/2005

Artigo 5.º

Os que soliciten dos servicios municipais a limpeza ou desatranco de pozos, rexistros ou entubados de augas residuais pertencentes a edificios ou outros inmobles particulares, aboarán pola prestación do mesmo a taxa de 8.000 pesetas por hora ou fracción

Artigo 5.2.º

A cota tributaria a esixir pola prestación dos servicios de sumidoiros e depuración determinarase en función da cantidade de auga, medida en metros cúbicos, utilizada na finca. A tal efecto aplicarase a seguinte tarifa:

a) Vivendas:

Por sumidoiros: 0,243997 euros/m3.

Por depuración: 2,714997 euros/mes.

b) Fincas e locais non destinados a vivendas.

Por sumidoiros: 0,243997 euros/m3.

Por depuración: 2,714997 euros/mes.

Artigo 5.3

3. En ningún caso poderá tomarase un consumo de auga que sexa inferior ó mínimo facturable por subministro. A cota resultante da consideración deste consumo terá o carácter de mínimo esixible.-

Canon a percibir polo Concello: 0,054164 euros/m3 de auga facturable.-

Disposición Final.

A presente Ordenanza fiscal, que foi aprobada polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o día vintecinco de febreiro de dous mil cinco, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir desa data, permanecendo vixente ata a súa modificación ou derrogación expresa".-