Sada - Ordenanza fiscal núm. 11, reguladora da taxa polos servicios de redes de sumidoiro

Publicación provisional: 19/02/2000 BOP Nº: 41
Publicación definitiva: 19/02/2000 BOP Nº: 41
Aplicable dende: 10/03/2011

Artigo 5

A cota tributaria por acometida á rede de sumidoiros esixirase por unha soa vez e consistirá na cantidade de :

150 euros máis 30 euros polo número de vivendas, para vivenda colectiva o plurifamiliar

130 euros para o resto de supostos.

Non obstante, quedarán exentos do pago desta cuota aqueles solicitantes que participasen no financiamento de redes de novo establecemento de interese xeral non incluídos nos proxectos de obra relativos a licenzas de edificación, proxectos de urbanización ou demais supostos nos que o suxeito pasivo estea obrigado á conexión, reforzamento ou ampliación dos servizos en virtude do cumprimento dos seus deberes urbanísticos, sempre que a cuantía da antedita financiación sexa igual ou superior á cota tributaria derivada da aplicación da presente tarifa.

Será obrigatoria a tramitación conxunta das solicitudes de acometidas ós servizos de abastecemento e saneamento no suposto de existencia de ámbalas dúas redes xerais.

2. A cota tributaria a esixir pola prestación dos servizos de sumidoiros e depuración determinarase en función da cantidade de auga, medida en metros cúbicos, utilizada na finca.

A tal efecto aplicarase a seguinte tarifa:

a) Vivendas:

Por sumidoiros: 0,282441 euros/m3.

Por depuración: 4,611297 euros/mes.

b) Fincas e locais non destinados a vivendas.

Por sumidoiros: 0,282441 euros/m3.

Por depuración: 4,611297 euros/mes.

3. En ningún caso poderá tomarse un consumo de auga que sexa inferior ao mínimo facturable por subministro. A cota resultante da consideración deste consumo terá o carácter de mínimo esixible.

Canon a percibir polo Concello: 0,062699 €/m3 de auga facturable

Disposición final

A presente Ordenanza fiscal, que foi aprobada polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o día 28 de outubro de 2010, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir desa data, permanecendo vixente ata a súa modificación ou derrogación expresa.