Ares - REGULADORA DA TAXA POR INSTALACIÓN DE QUIOSCOS NA VÍA PÚBLICA.
Artigo 1.º .-Fundamentos e natureza.
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución, e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 ó 19 e o artigo 20, apartado 3 m), da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladroa das Facendas Locais, este Concello establece a taxa por ocupación de terreos de uso público local con mercadorías, materiais de construcción, cascallos, valados, puntais, asnelos, andamios e outras instalacións análogas, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, da que as súas normas atenden ó prevido no artigo 58 da citada Lei 39/1988.
Artigo 2.º .-Obrigados ó pagamento.
Artigo 3.º .-Categoría das rúas ou polígonos.
1.-Para os efectos previstos para a aplicación da tarifa do apartado 2 do artigo 4.º seguinte, as vías públicas deste municipio se clasifican en tres categorías.
2.-Anexo a esta ordenanza figura un índice alfabético das vías públicas deste Concello con expresión da categoría que corresponda a cada unha delas.
3.-As vías públicas que non aparezan sinaladas no índice alfabético serán consideradas de última categoría, permanecendo cualificadas así ata 1 de xaneiro do ano seguinte a aquel en que se aproba polo Pleno desta corporación a categoría correspondente e a súa inclusión no índice alfabético de vías públicas.
4.-Cando o espacio afectado polo aproveitamento estea situado na confluencia de dos ou máis vías públicas clasificadas en distinta categoría, aplicarase a tarifa que corresponda á vía de categoría superior.
5.-Os parques, xardíns e devesas municipais serán consideradas vías de primeira categoría.
6.-Os aproveitamentos realizados en terreos de propiedade municipal tributarán como efectuados na vía de maior categoría coa que linde.
Artigo 4.º .-Contía.
1.-A contía do prezo público regulado nesta ordenanza será a fixada na tarifa contida no apartado seguinte, atendendo á categoría da rúa onde radique o quiosco e en función do tempo de duración do aproveitamento e da superficie da que a súa ocupación queda autorizada en virtude de licencia, ou a realmente ocupada, se fora maior.
2.-A tarifa do prezo público será a seguinte:
| Categoría das rúas | |||
| 1ª | 2ª | 3ª | |
| Por cada metro cadrado de vía pública ocupada con quioscos ó trimestre pesetas | 552 | 414 | 192 |
3.-Normas de aplicación.
a) As contías establecidas na tarifa anterior serán aplicadas, integramente, ós dez primeiros metros cadrados de cada ocupación. Cada metro cadrado de exceso sufrirá un recargo do 20 por cento na contía sinalada na tarifa.
b) Para a determinación da superficie computable a efectos de aplicación da tarifa nos quioscos dedicados á venda de flores, ademais da superficie ocupada estrictamente polo quiosco, terase en conta a superficie anexa utilizada para a exposición de plantas e flores e outros productos análogos ou complementarios.
c) As contías establecidas na tarifa serán incrementadas un 20 por cento cando os quioscos comercialicen artigos en réxime de expositores en depósito.
Artigo 5.º .-Normas de xestión.
1.-O prezo público regulado nesta ordenanza é independente e compatible co prezo público por ocupación de terreos de uso público por mesas e cadeiras con finalidade lucrativa.
2.-As cantidades esixibles con arreglo á tarifa se liquidarán por cada aproveitamento solicitado ou realizado e serán irreductibles polos períodos naturais de tempo sinalados nos respectivos epígrafes.
3.-As persoas ou entidades interesadas na concesión de aproveitamentos regulados nesta ordenanza deberán solicitar previamente a correspondente licencia, realiza-lo depósito previo a que se refiere o artigo seguinte e formular declaración na que conste a superficie do aproveitamento, acompañando un plano detallado da superficie que se pretende ocupar e da súa situación dentro do Concello.
4.-Os servicios técnicos deste Concello comprobarán e investigarán as declaracións formuladas polos interesados, concedéndose as autorizaciónes de non atopar diferencias, notificaranse as mesmas ós interesados e se xirarán, no seu caso, as liquidacións complementarias que procedan, concedéndose as autorizacións unha vez emendadas as diferencias polos interesados e, no seu caso, realizados os ingresos complementarios que procedan.
5.-No caso de denegarse as autorizacións, os interesados poderán solicita-la este Concello a devolución do importe ingresado.
6.-Non se consentirá a ocupación de vía pública ata que se aboara o depósito previo a que se refire o artigo 6.2 a) seguinte e se obtivera a correspondente licencia polos interesados. O incumprimento deste mandato poderá dar lugar á non concesión da licencia, sen prexuízo do pagamento do prezo público e das sancións e recargos que procedan.
7.-Unha vez autorizada a ocupación entenderase prorrogada mentres non se acorde a súa caducidade pola Alcaldía ou se presente baixa xustificada polo interesado ou polos seus lexítimos representantes en caso de falecemento.
8.-A presentación da baixa producirá efectos a partir do día primeiro do período natural de tempo seguinte sinalado no epígrafe da tarifa que corresponda. Sexa cal sexa a causa que se alegue en contrario, a non presentación da baixa determinará a obriga de continuar aboando o prezo público.
9.-As autorizacións terán carácter persoal e non poderán ser cedidas ou subarrendadas a terceiros. En cumprimento deste mandato dará lugar á anulación da licencia.
Artigo 6.º .-Obrigación de pagamento.
1.-A obrigación do pagamento do prezo público regulado nesta ordenanza nace:
a) Tratándose de concesións de novos aproveitamentos da vía pública, no momento de solicita-la correspondente licencia.
b) Tratándose de concesións de aproveitamentos xa autorizados, o día primeiro de cada un dos períodos naturais de tempo sinalados na tarifa.
2.-A tarifa do prezo público será a seguinte:
| Categoría das rúas | |||
| 1.ª | 2.ª | 3.ª | |
| Por cada metro de vía pública con quioscos: ó trimestre pesetas | 564 | 423 | 196 |
Disposición final.
O acordo de imposición desta taxa foi tomado e a súa ordenanza fiscal aprobada polo Pleno deste Concello, o día 5 de novembro de 1998, comezando a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 1999, permanecendo en vigor ata súa modificación ou derrogación expresa.
Disposición derrogatoria.
Queda sen efecto o prezo público pola instalación de quioscos na vía pública.