Ares - REGULADORA DA TAXA POR INSTALACIÓN DE QUIOSCOS NA VÍA PÚBLICA.

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 26/12/2023 BOP Nº: 244
Aplicable dende: 01/01/2024

Artigo 1.º .-Fundamentos e natureza.

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución, e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 ó 19 e o artigo 20, apartado 3 m), da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladroa das Facendas Locais, este Concello establece a taxa por ocupación de terreos de uso público local con mercadorías, materiais de construcción, cascallos, valados, puntais, asnelos, andamios e outras instalacións análogas, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, da que as súas normas atenden ó prevido no artigo 58 da citada Lei 39/1988.

Artigo 2.º .-Obrigados ó pagamento.

Están obrigados ó pagamento do prezo público regulado nesta ordenanza as persoas ou entidades a nome de quen se outorguen licencias, o quen se beneficien do aproveitamento, se se procedeu sen a oportuna licencia

Artigo 3.º .-Categoría das rúas ou polígonos.

1.-Para os efectos previstos para a aplicación da tarifa do apartado 2 do artigo 4.º seguinte, as vías públicas deste municipio se clasifican en tres categorías.

2.-Anexo a esta ordenanza figura un índice alfabético das vías públicas deste Concello con expresión da categoría que corresponda a cada unha delas.

3.-As vías públicas que non aparezan sinaladas no índice alfabético serán consideradas de última categoría, permanecendo cualificadas así ata 1 de xaneiro do ano seguinte a aquel en que se aproba polo Pleno desta corporación a categoría correspondente e a súa inclusión no índice alfabético de vías públicas.

4.-Cando o espacio afectado polo aproveitamento estea situado na confluencia de dos ou máis vías públicas clasificadas en distinta categoría, aplicarase a tarifa que corresponda á vía de categoría superior.

5.-Os parques, xardíns e devesas municipais serán consideradas vías de primeira categoría.

6.-Os aproveitamentos realizados en terreos de propiedade municipal tributarán como efectuados na vía de maior categoría coa que linde.

Artigo 4.º .-Contía.

1.-A contía de prezo público regulado nesta Ordenanza será a fixada na Tarifa contida no aparato seguinte, atendendo á categoría da rúa onde radique o quiosco e en función do tempo de duración do aproveitamento e da superficie da que a súa ocupación queda autorizada en virtude de licencia, ou realmente ocupada, se fora maior.

2.-A tarifa do prezo público será a seguinte:

Categorías das rúas 1ª 2ª

Por cada metro cadrado de vía pública ocupada con quioscos ó trimestre pesetas 28,86 € 21,64 €

Artigo 5.º .-Normas de xestión.

1.-O prezo público regulado nesta ordenanza é independente e compatible co prezo público por ocupación de terreos de uso público por mesas e cadeiras con finalidade lucrativa.

2.-As cantidades esixibles con arreglo á tarifa se liquidarán por cada aproveitamento solicitado ou realizado e serán irreductibles polos períodos naturais de tempo sinalados nos respectivos epígrafes.

3.-As persoas ou entidades interesadas na concesión de aproveitamentos regulados nesta ordenanza deberán solicitar previamente a correspondente licencia, realiza-lo depósito previo a que se refiere o artigo seguinte e formular declaración na que conste a superficie do aproveitamento, acompañando un plano detallado da superficie que se pretende ocupar e da súa situación dentro do Concello.

4.-Os servicios técnicos deste Concello comprobarán e investigarán as declaracións formuladas polos interesados, concedéndose as autorizaciónes de non atopar diferencias, notificaranse as mesmas ós interesados e se xirarán, no seu caso, as liquidacións complementarias que procedan, concedéndose as autorizacións unha vez emendadas as diferencias polos interesados e, no seu caso, realizados os ingresos complementarios que procedan.

5.-No caso de denegarse as autorizacións, os interesados poderán solicita-la este Concello a devolución do importe ingresado.

6.-Non se consentirá a ocupación de vía pública ata que se aboara o depósito previo a que se refire o artigo 6.2 a) seguinte e se obtivera a correspondente licencia polos interesados. O incumprimento deste mandato poderá dar lugar á non concesión da licencia, sen prexuízo do pagamento do prezo público e das sancións e recargos que procedan.

7.-Unha vez autorizada a ocupación entenderase prorrogada mentres non se acorde a súa caducidade pola Alcaldía ou se presente baixa xustificada polo interesado ou polos seus lexítimos representantes en caso de falecemento.

8.-A presentación da baixa producirá efectos a partir do día primeiro do período natural de tempo seguinte sinalado no epígrafe da tarifa que corresponda. Sexa cal sexa a causa que se alegue en contrario, a non presentación da baixa determinará a obriga de continuar aboando o prezo público.

9.-As autorizacións terán carácter persoal e non poderán ser cedidas ou subarrendadas a terceiros. En cumprimento deste mandato dará lugar á anulación da licencia.

Artigo 6.º .-Obrigación de pagamento.

1.-A obrigación do pagamento do prezo público regulado nesta ordenanza nace:

a)  Tratándose de concesións de novos aproveitamentos da vía pública, no momento de solicita-la correspondente licencia.

b)  Tratándose de concesións de aproveitamentos xa autorizados, o día primeiro de cada un dos períodos naturais de tempo sinalados na tarifa.

2.-A tarifa do prezo público será a seguinte:

 

  Categoría das rúas
  1.ª 2.ª 3.ª
Por cada metro de vía pública con quioscos, ó trimestre pesetas 584 438 203

 

Disposición final.

O acordo de imposición desta taxa foi tomado e a súa ordenanza fiscal aprobada polo Pleno deste Concello, o día 5 de novembro de 1998, comezando a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 1999, permanecendo en vigor ata súa modificación ou derrogación expresa.

Disposición derrogatoria.

Queda sen efecto o prezo público pola instalación de quioscos na vía pública.