Cariño - Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola subministración de auga

Publicación provisional: 30/12/1998 BOP Nº: 298
Publicación definitiva: 30/12/1998 BOP Nº: 298
Aplicable dende: 01/01/1999

Artigo 1.º .-Fundamento e natureza.

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 27 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, modificada pola Lei 25/1998, de 13 de xullo, de modificación do Réxime Legal das Taxas Estatais e Locais e de reordenación das Prestacións Patrimoniais de carácter público, este Concello establece a "Taxa pola subministración de auga", que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, na que súas normas atenden ó previsto no artigo 58 da citada Lei 39/1988

Artigo 2.º .-Feito imponible.

Constitúe o feito imponible da taxa a prestación do servicio de subministración de auga potable incluídos os dereitos de enganche de liñas e colocación de contadores e instalacións análogas, prestado polo Concello de Cariño, de conformidade co disposto no artigo 20.4.t) da Lei 39/1988.

Artigo 3.º .-Suxeito pasivo.

1.-Son suxeitos pasivos da presente Taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que soliciten ou resulten beneficiadas ou afectadas polos servicios ou actividades locais que presta o Concello, conforme dispón o artigo 20.4.t) da Lei 39/1988, de 28 de decembro.

2. Terá a consideración de suxeito pasivo substituto do contribuínte o propietario das vivendas ou locais, que poderá repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os usuarios de aquelas, beneficiarios do servicio.

Artigo 4.-Responsables.

1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.

2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.

Artigo 5.º .-Cota Tributaria.

1. Para a fixación da Cota tributaria distinguirase entre os dereitos de conexión e a facturación da subministración:

Dereitos de conexión.

A Taxa por dereito de conexión á rede xeral de subministración de auga establécese de conformidade co artigo 17 da Ordenanza Reguladora do uso e aproveitamento da auga que di: "Será de conta do solicitante o importe de tódolos gastos necesarios para a posta en funcionamento do servicio así como o importe dos dereitos de conexión que se fixen na tarifa".

Concepto: Os dereitos de conexión é unha cantidade a satisfacer tanto polo promotor do edificio como polo abonado ou usuario final. -O baremo total dos dereitos de conexión, especificado na presente Ordenanza inclúe os dereitos de acometida, os dereitos de enganche de contador e os dereitos de verificación.

1.-Dereitos de acometida: é a cantidade a satisfacer pola acometida na rede xeral de distribución.

Representa o 35% do baremo total dos dereitos de conexión base incrementados por aplicación do coeficiente de acometida que lle corresponda a instalación, segundo se define dito coeficiente (Ca) a efectos do cálculo do de mantemento particular na presente Ordenanza.

Aplicaranse estes dereitos sempre que se fagan novas acometidas na rede xeral de distribución ou se modifiquen as mesmas.

2.-Dereitos de enganche de contador: é a cantidade a satisfacer polo abonado ou usuario final pola disposición da subministración.

Representa o 50% do baremo total dos dereitos de conexión base incrementados pola aplicación do coeficiente de contador, segundo se define dito coeficiente (Cc) a efectos do cálculo do de mantemento particular na presente Ordenanza.

Aplicaranse estes dereitos ós novos abonados en instalacións novas ou existentes, e en modificacións ou cambio de contadores.

3.-Dereitos de verificación: representan o 15% do baremo total dos dereitos de conexión base, incrementados polo resultado da suma dos coeficientes de acometida (Ca) e de contador (Cc) dividida polo número de coeficientes aplicados.

Aplicarase nos casos de novas acometidas, modificación das mesmas, e enganches ou modificacións dos mesmos. Nos casos de cambio de titularidade tamén será abonado polo novo titular cando os servicios municipais tiveran que corrixir deficiencias na instalación do subministración.

A cota tributaria que se fixa como "dereito de conexión base" é de 6.000 (seis mil) pesetas.

Facturación da subministración.

A contía da taxa por facturación da subministración regulado nesta Ordenanza fixase de acordo cos seguintes usos, conceptos, cotas e tarifas:

a.-Usos.

- Uso doméstico: Para vivendas. Son os que atenden ás necesidades vitais tales como bebida, limpeza, aseo, preparación de alimentos. Teñen tal consideración os garaxes cando os seus propietarios non estean obrigados a tributar polo Imposto de Actividades Económicas.

- Uso industrial ou comercial: Para actividades comerciais e industriais, almacéns e garaxes cando os propietarios deban tributar polo Imposto de Actividades Económicas por tratarse dunha actividade económica especificada na Tarifa do Imposto. Son aqueles nos que a auga empregase como motor ou axente mecánico.

- Uso para obras: Para obras, ou actividades con elas relacionadas. Son os que atenden ás necesidades da construcción, como elaboración de argamasas, ou as actividades con ela relacionadas, como pintado e outros. Inclúense neste uso os enganches provisionais.

b.-Conceptos.

A facturación do consumo de auga consta de tres partes:

a) Unha cantidade mínima que percibirá a Administración, aínda que non houbera consumo e que depende do tipo de uso da auga, que se chamará "Cota de Abono".

b) Unha cantidade producto dos m3 consumidos polo prezo do m3 estipulado para ese volume de auga consumido, que se chama "importe do consumo".

c) Unha cantidade fixa, revisable anualmente para o mantemento de acometidas, chave de rexistro e contadores, que se chama "Cota particular de mantemento".

1.-Cota de abono: Será o producto da cota de abono base, polo coeficiente particular da instalación de cada abonado.

Cotas de abono base.

Uso Doméstico: 75 pesetas/abonado/mes.

Uso Industrial e Comercial: 175 pesetas/abonado/mes.

Uso para obras: 500 pesetas/abonado/mes.

Coeficiente particular

O coeficiente particular da instalación de cada abonado resultará de dividi-lo contador do abonado polo contador normalizado para cada uso, o que da un de coeficiente particular para os abonados con contador normalizado.

Os contadores normalizados segundo o uso e que serven de base para o cálculo da Cota de Abono, da Cota de Mantemento, así como dos dereitos de enganche de contador, son os seguintes:

-Uso doméstico: 13 mm.

-Uso Industrial ou comercial: 25 mm.

- Uso de obras: 20 mm.

2.-Importe do consumo: Será o resultado de multiplicar o volume de auga consumido pola tarifa aplicable.

 

TARIFAS.

Uso domestico

De 0 a 10 m3: 10 pesetas/m3/mes.

De 10 a 30 m3: 25 pesetas/m3/mes.

De 30 a 90 m3: 50 pesetas/m3/mes.

De 90 en adiante: 75 pesetas/m3/mes.

 

Uso industrial e comercial, excepto actividades económicas clasificadas na tarifa do IAE no grupo 162, division 1.ª, Seccion 1.ª, ou no grupo 416, División 4.ª, Sección 1.ª.

De 0 a 10 m3: 15 pesetas/m3/mes.

De 10 a 30 m3: 35 pesetas/m3/mes.

De 30 a 90 m3: 50 pesetas/m3/mes.

De 90 en adiante: 75 pesetas/m3/mes.

 

Uso industrial e comercial de aquelas actividades económicas claseificadas na tarifa do IAE no grupo 162, División 1.ª, Sección 1.ª, ou no grupo 416, División 4.ª, Sección 1.ª.

De 0 a 10 m3: 15 ptas /m3 /mes.

De 10 a 30 m3: 15 ptas /m3 /mes.

De 30 a 90 m3: 25 ptas /m3 /mes.

De 90 a 15.000 m3: 35 ptas /m3 /mes.

Más de 15.000 m3: 75 ptas /m3 /mes.

 

Uso para obras

De 0 a 10 m3: 15 pesetas/m3/mes.

De 10 a 30 m3: 35 pesetas/m3/mes.

De 30 a 90 m3: 50 pesetas/m3/mes.

De 90 en adiante: 75 pesetas/m3/mes.

 

O Concello poderá calcula-lo consumo dun período determinado en base ó consumo tido na mesma época en anos anteriores ou, de non ter datos, pola media aritmética dos meses anteriores, nos casos seguintes:

- Por se parar-lo contador, no período de paralización.

- Por non ter lectura por imposibilidade física de acceder ó contador.

- Por non existir lectura por causas imprevistas do servicio de augas.

En caso de non ter ningunha lectura actual nin anterior facturaranse no período de cobranza os valores mínimos. Os valores mínimos/mes de consumo serán:

Uso Doméstico: 6 m3.

Uso Industrial: 12 m3.

Uso Obras: 12 m3.

Estes valores de consumo regularizaranse ó final de cada ano, sempre e cando existan lecturas iniciais e finais.

Cando se produzan errores de lectura comprobados que non se podan regularizar a través de posteriores facturacións, deberá emitirse novo recibo polo consumo real e proceder a anular o anterior recibo.

3.-Cota particular de mantemento: O seu concepto, así como a reserva do Concello no tocante a conservación da acometida ven regulado no artigo 31 da Ordenanza Reguladora do Aproveitamento da Auga.

A cota particular de mantemento será o producto da "cota de mantemento base" polo "coeficiente de mantemento particular" do abonado, valores que se calcularán da forma seguinte:

- A cota de mantemento base será proposta anualmente polos servicios técnicos, a partir da resultante de dividi-los custos totais que se estiman para o mantemento destes elementos entre o total de abonados, e será aprobada pola Comisión de Goberno, sendo inmediatamente executivo este acordo sen prexuízo dos recursos que contra o mesmo poidan interpoñerse.

- O Coeficiente de mantemento particular (Cmp) depende das instalacións de subministración de auga do abonado e das características de urbanización da zona. Figurará expresamente no contrato, e acharase mediante a seguinte expresión:

Cmp = [(Cc/2) + Ca x (1+Cla) x (1/Ac)] x Cd x Cp

Sendo:

Cc = Coeficiente de Contador: a división do diámetro do contador do usuario entre o diámetro normalizado para uso doméstico, é dicir, 13 mm.

Ca = Coeficiente de acometida: a división do diámetro de acometida do usuario entre o diámetro normalizado mínimo de acometida, que se fixa en 13 mm.

Cla = Coeficiente de lonxitude de acometida: 0,1 veces por cada metro que a lonxitude de acometida que supere os 2m, é dicir, a expresión: 0,1 x (la - 2). Onde "la" é a lonxitude da acometida do usuario, de valor redondeado a cero decimais.

Ac = N.º de abonados efectivos que se serven da acometida, cun valor mínimo de 2.

Cd = Coeficiente por dificultade de mantemento, de valor 1 para as instalacións normais, e ata o valor 5 para as moi dificultosas.

Cp = Coeficiente de tipo de pavimento baixo o que pasa a acometida, de valor:

0,75 para pavimentos de terra ou inexistente.

1: para pavimento normal de betón ou rego asfáltico.

1,5: para pavimento con baldosa hidráulica ou aglomerado asfáltico.

O "Coeficiente de mantemento particular" figurará expresamente no contrato e poderá ser modificado, a instancias dos Servicios Técnicos Municipais, por resolución da Alcaldía cando se produzan variacións nas instalacións do abonado ou nas características de urbanización da zona. Dita modificación terá efectos económicos do mes seguinte a data da devandita resolución, comunicándose o novo coeficiente ó interesado e incorporándoo ó contrato de abono en substitución do vixente ata dito momento.

Artigo 6.º .-Exencións e bonificacións.

Non se darán aproveitamentos gratuítos a particulares, corporacións, organismos oficiais nin a ningunha outra entidade ou establecemento se non ten dereito a elo de maneira específica.

Artigo 7.º .-Período impositivo e devengo.

1.-No caso da subministración de auga:

A.-O período impositivo coincide co ano natural.

B. Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuir dende o momento no que se inicie a prestación do servicio, entendéndose iniciada, dada a natureza do mesmo, cando estea establecido e en funcionamento o servicio municipal de subministración de auga.

C. Establecido e en funcionamento o referido servicio, as cotas devengaranse o un de xaneiro de cada ano natural, salvo nos supostos de inicio ou cese no uso do servicio, no que o importe da cota prorratearase por días naturais.

No caso de inicio no servicio en data diferente a un de xaneiro, as cotas calcularanse proporcionalmente ó número de días naturais que restan para remata-lo ano, incluído o de comenzo da prestación da actividade.

No caso de cese no servicio, as cotas serán prorrateables por días naturais excluído aquel no que se produza o devandito cese.

1.-No suposto dos dereitos de conexión:

Devéngase a taxa, nacendo a obriga de contribuír dende o momento no que se inicie a actividade municipal que constitúe o seu feito imponible, entendéndose a mesma desde:

A.-que se solicita a acometida ou enganche ou a súa modificación;

B.-que se detecte polos servicios municipais a existencia de acometidas ou enganches á rede xeral de subministración de auga non autorizados, con independencia das sancións e suspensións ou supresións do servicio que se poidan acordar.

Ditos dereitos serán satisfeitos polo suxeito pasivo en cada ocasión que se produza o feito impoñible.

Artigo 8.º .-Normas de xestión e declaración de ingreso.

1.-O cobro da presente taxa realizarase:

a) Tratándose dos dereitos de conexión á rede xeral de subministración de auga, as cotas serán obxecto de liquidación por ingreso directo, unha vez concedidas as correspondentes autorizacións, na Tesourería Municipal ou onde establecese o Concello, pero sempre antes de retira-la correspondente autorización, de conformidade co establecido no artigo 26.1.a) da Lei 39/1988, de 28 de decembro.

b) Tratándose da facturación da subministración, unha vez incluídos nos correpondentes Padróns ou matrículas deste Taxa, as cotas serán obxecto de liquidación de ingreso por recibo nas Oficinas de Recadación Municipal ou Entidades Colaboradoras sinaladas ó efecto e durante o prazo establecido polo Concello no seu calendario fiscal.

2.-A inclusión no Padrón farase de oficio unha vez concedida a autorización de conexión á rede xeral.

3.-Cando se coñeza, xa de oficio ou por comunicación dos interesados calquera variación dos datos figurados na matrícula, levaranse a cabo nesta as modificacións correspondentes, que terán efectos a partir da aprobación da variación polo Concello.

4.-As cotas esixibles por esta taxa liquidaranse e recadaranse cuadrimestralmente, mediante recibo derivado de padrón anual, segundo as necesidades do servicio fixe a Comisión Municipal de Goberno, previo informe dos servicios técnicos municipais.

5.-O Padrón ou matrícula da Taxa expoñerase ó público polo prazo de quince días hábiles, para que os lexítimos interesados poidan examinalo e, no seu caso formula-las reclamacións oportunas. A exposición o público anunciarase no Boletín Oficial da Provincia e producirá efectos de notificación da liquidación a cada un dos suxeitos pasivos consonte co artigo 124 da Lei Xeral Tributaria.

6.-Transcorrido o prazo de exposición ó público, o Concello resolverá sobre as reclamacións presentadas e aprobará definitivamente o Padrón que servirá de base para os documentos cobratorios correspondentes.

Artigo 9.º .-Notificacións das taxas.

Ó abeiro do previsto na Disposición Transitoria segunda da Lei 25/1998, de 13 de xullo, as Taxas de carácter periódico reguladas na presente Ordenanza que son consecuencia da transformación dos anteriores prezos públicos non estarán suxeitas ó requisito da notificación individual a que se refire o artigo 124 da Lei Xeral tributaria, sempre que o suxeito pasivo e a cota da taxa coincida co obrigado ó pago e o importe do prezo público ó que substitúe.

O disposto no apartado anterior será de aplicación aínda no suposto no que a cota da Taxa resulte incrementada respecto do importe do prezo público ó que substitúe, sempre que tal incremento se corresponda cunha actualización de carácter xeral.

Artigo 10.º .-Xestión, liquidación, inspección e recadación.

1.-A xestión, liquidación, inspección e recadación, así como a revisión dos actos dictados na vía de xestión tributaria corresponde a o Concello de Cariño, de conformidade co disposto na Lei Xeral tributaria e demais leis do Estado reguladoras da materia, así como as disposicións dictadas para o seu desenrolo, consonte co disposto no artigo 12 da Lei 39/1988, de 28 de decembro.

2.-As cotas liquidadas e non satisfeitas no período voluntario, faranse efectivas pola vía de constrinximento, consonte coas normas do Regulamento Xeral de Recadación.

3.-Non se consentirá ningunha ocupación da vía pública ata que se teña aboado e obtido polos interesados a licencia correspondente. As autorizacións terán carácter persoal e non poderán ser cedidas ou subarrendadas a terceiros. O incumprimento deste mandato dará lugar á anulación da licencia, sen prexuízo das contías que corresponda aboar ós interesados.

Artigo 11.º .-Infraccións e sancións.

No relativo a cualificación de infraccións tributarias, así como as sancións que as mesmas correspondan no seu caso, estarase a o disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral tributaria, conforme ordena o artigo 11 da Lei 39/1988, de 28 de decembro.

Disposicións finais

1.-Dereito supletorio: No non expresamente previsto na presente Ordenanza, rexerán os preceptos contidos na Sección 3ª, do Capítulo III, Titulo I da citada Lei 39/1988, concordantes e complementarios da mesma, e nas demais Leis do Estado reguladoras da materia, así como nas disposicións dictadas para o seu desenvolvemento.

2.-Vixencia: A presente ordenanza, entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e comenzará a aplicarse a partir do 1 de xaneiro de 1999 permanecendo en vigor en tanto non se acorde a súa derrogación ou modificación expresa.

3.-Aprobación: A presente ordenanza consta de 11 artigos, e unha disposición final e foi aprobada polo Concello en Pleno en sesión extraordinaria celebrada o día 31 de outubro de 1998.