Cariño - Ordenanza fiscal Nº 9 Reguladora da taxa pola subministración de auga
Artigo 1.º .-Fundamento e natureza.
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos
Artigo 2.º .-Feito imponible.
Constitúe o feito impoñible da taxa a prestación do servicio de subministración de auga potable incluídos os dereitos de enganche de liñas e colocación de contadores e instalacións análogas, prestado polo Concello de Cariño, de conformidade co disposto no artigo 20.4.t) do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo.
Artigo 3.º .-Suxeito pasivo.
1.- Son xuxeitos pasivos da presente taxa en concepto de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, que soliciten ou resulten beneficiadas ou afectadas polos servicios ou actividades que presta o Concello, conforme dispón o artigo 20.4.t) do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo.
Artigo 4.-Responsables.
1.- Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refire o artigo 42 da Lei Xeral Tributaria.
2.- Serán responsables subsidiarios as persoas físicas e xurídicas a que se refire o artigo 43 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5.º .-Cota Tributaria.
A cota tributaria que se fixa como "dereito de conexión base" é de 36,06 euros.
Facturación da subministración
b.- Conceptos
1.- Cota de abono: Será o producto da cota de abono base polo coeficiente particular da instalación de cada aboado.
Cotas de abono base.
USO | IMPORTE (euros)/ABOADO/MES |
DOMÉSTICO | 0,450759 |
INDUSTRIAL E COMERCIAL | 1,051771 |
OBRAS | 3,005061 |
TARIFAS
Uso doméstico
De | 0,060101 euros/m3/mes |
De | 0,150253 euros/m3/mes |
De | 0,300506 euros/m3/mes |
De | 0,450759 euros/m3/mes |
Uso industrial e comercial, excepto actividades económicas clasificadas na tarifa do IAE no grupo 162, división 1ª, Sección 1ª, ou no grupo 416, División 4ª, Sección 1ª:
De | 0,090152 euros/m3/mes |
De | 0,210354 euros/m3/mes |
De | 0,300506 euros/m3/mes |
De | 0,450759 euros/m3/mes |
Uso industrial e comercial de aquelas actividades económicas clasificadas na tarifa do IAE no grupo 162, división 1ª, Sección 1ª, ou no grupo 416, División 4ª, Sección 1ª:
De | 0,090152 euros/m3/mes |
De | 0,090152 euros/m3/mes |
De | 0,150253 euros/m3/mes |
De | 0,210354 euros/m3/mes |
Máis de | 0,450759 euros/m3/mes |
Uso para obras:
De | 0,090152 euros/m3/mes |
De | 0,210354 euros/m3/mes |
De | 0,300506 euros/m3/mes |
De | 0,450759 euros/m3/mes |
Artigo 6.º .-Exencións e bonificacións.
Non se darán aproveitamentos gratuítos a particulares, corporacións, organismos oficiais nin a ningunha outra entidade ou establecemento se non ten dereito a elo de maneira específica.
Artigo 7.º .-Período impositivo e devengo.
1.- No caso da subministración de auga:
A. O período impositivo coincide co catrimestre natural.
B. Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuir dende o momento no que se inicie a prestación do servicio, entendéndose iniciada, dada a natureza do mesmo, cando estea establecido e en funcionamento o servicio municipal de subministración de auga.
C. Establecido e en funcionamento o referido servicio, as cotas devengaranse o primeiro día do período impositivo, é dicir, do catrimestre natural, salvo nos supostos de inicio ou cese no uso do servicio, no que o importe da cota prorratearase por días naturais.
No caso de inicio no servicio en data diferente ó do primeiro día do catrimestre natural, as cotas calcularanse proporcionalmente ó número de días naturais que restan para rematar o perídodo impositivo, incluído o de comezo de prestación da actividade.
No caso de cese no servicio, as cotas serán prorrateables por días naturais excluído aquel no que se produza o devandito cese.
1- No suposto dos dereitos de conexión:
Devéngase a taxa, nacendo a obriga de contribuír dende o momento no que se inicie a actividade municipal que constitúe o seu feito imponible, entendéndose a mesma desde:
A- Que se solicita a acometida ou enganche ou a súa modificación.
B- Que se detecte polos servicios municipais a existencia de acometidas ou enganches á rede xeral de suministración de auga non autorizados, con independencia das sancións e suspensións ou supresións do servicio que se poida acordar.
Ditos dereitos serán satisfeitos polo suxeito pasivo en cada ocasión que se produza o feito impoñible.
Artigo 8.º .-Normas de xestión e declaración de ingreso.
1.- O cobro da presente taxa realizarase:
a. Tratándose dos dereitos de conexión á rede xeral de subministración de auga, as cotas serán obxecto de liquidación por ingreso directo, unha vez concedidas as correspondentes autorizacións, na Tesourería Municipal ou onde establecese o Concello, pero sempre antes de retirar a correspondente autorización, de conformidade co establecido no artigo 26.1.a) do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo.
b. Tratándose da facturación da subministración, unha vez incluídos no correspondentes Padróns desta taxa, as cotas serán obxecto de liquidación de ingreso por recibo nas Oficinas de Recadación Municipal ou Entidades Colaboradoras sinaladas ó efecto e durante o prazos de período voluntario que son os seguintes:
PERÍODO IMPOSITIVO | PERÍODO VOLUNTARIO DE COBRO |
Primeiro catrimestre | 1 de xuño a 31 de xullo |
Segundo catrimestre | 1 de outubro a 30 de novembro |
Terceiro catrimestre | 1 de febreiro a 31 de marzo do exercicio seguinte |
4. As cotas esixibles por esta taxa liquidaranse e recadaranse catrimestralmente, mediante recibo derivado do Padrón, segundo as necesidades do servicio fixe a Comisión Municipal de Goberno, previo informe dos servicios técnicos municipais.
5. O Padrón ou matricula do imposto exporase ó público polo prazo de 15 días hábiles, para que os lexítimos interesados poidan examinalo, e no seu caso, formular as reclamacións oportunas. A exposición ó público anunciarase no Boletin Oficial da Provincia e producirá efectos de notificación da liquidación a cada un dos suxetos pasivos consorte co artigo 102 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria
Artigo 9.º .-Notificacións das taxas.
Ó abeiro do previsto na Disposición Transitoria segunda da Lei 25/1998, de 13 de xullo, as Taxas de carácter periódico reguladas na presente Ordenanza que son consecuencia da transformación dos anteriores prezos públicos non estarán suxetas ó requisito da notificacion individual a que se refire o artigo 102 da Lei Xeral Tributaria, sempre que o suxeto pasivo e a cota da taxa coincida co obrigado ó pago e o importe do prezo público ó que substitúe.
O disposto no apartado anterior será de aplicación aínda no suposto no que a cota da Taxa resulte incrementada respecto do importe do prezo público ó que substitúe, sempre que tal incremento se corresponda cunha actualización de carácter xeral
Artigo 10.º .-Xestión, liquidación, inspección e recadación.
1.- A xestión, liquidación, inspeción e recadación, así como a revisión dos actos dictados na vía de xestión tributaria corresponde ó Concello de Cariño, de conformidade co disposto na Lei Xeral Tributaria e demáis leis do Estado reguladoras da materia, así como as disposicións dictadas para o seu desenvolvemento, consonte o disposto no artigo 12 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo. Este precepto enténdese sen perxuízo dos supostos de delegación da xestión tributaria, regulados no artigo 7 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo.
Artigo 11.º .-Infraccións e sancións.
En todo o relativo á calificación das infracións tributarias así como á determinación das sancións que polas mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto na Lei Xeral Tributaria e nas demáis Leis do Estado reguladoras da materia, así como nas disposicións dictadas para o seu desenvolvemento, de conformidade co que ordea o artigo 12 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo.
DISPOSICIÓN ADICIONAL ÚNICA. MODIFICACIÓNS DO IMPOSTO.
DISPOSICIÓN DEROGATORIA
Disposicións finais
A presente Ordenanza fiscal entrará en vigor o día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da provincia, e comezará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2005, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.