Carral - TAXA POR OCUPACIÓN DE TERREOS DE USO PÚBLICO POR MESAS, CADEIRAS E OUTROS ELEMENTOS ANÁLOGOS CON FINALIDADE LUCRATIVA
Artigo 1.º .-Fundamento e natureza
Facendo uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime local e de conformidade co artigo 20, alínea 3, letra l), da Lei 39/1988, reguladora das Facendas locais, modificado pola Lei 25/1998, do 13 de xullo, de modificación do Réxime legal das Taxas Estatais e locais e de Reordenación das Prestacións patrimoniais de carácter público, este Concello establece a "Taxa por ocupación de terreos de uso público con mesas, cadeiras e elementos auxiliares con finalidade lucrativa", da que as súas normas atenden ó prevido no artigo 58 da Lei 39/1988, reguladora das Facendas locais, modificado así mesmo polo artigo 66 da Lei 25/1998, do 13 de xullo.
Artigo 2.º .-Feito impoñible
Constitúe o feito impoñible desta taxa a ocupación de terreos de uso público con mesas, cadeiras e elementos auxiliares con finalidade lucrativa.
Artigo 3.º .-Suxeito pasivo
Artigo 4.º .-Cota tributaria
1. A cota tributaria da taxa regulada nesta ordenanza será a fixada nas tarifas contidas na alínea seguinte, atendendo á superficie ocupada polos aproveitamentos expresada en metros cadrados.
2. As tarifas da taxa serán as seguintes:
Por día: 6 ptas./m2.
Por mes: 180 ptas./m2.
Por trimestre: 540 ptas./m2.
Por ano: 2.160 ptas./m2
3. Para os efectos previstos para a aplicación da alínea 2 anterior terase en conta o seguinte:
a) Se o número de metros cadrados do aproveitamento non fose enteira redondearase por exceso para obter a superficie ocupada.
b) Se como consecuencia da colocación de toldos, marquesiñas, separadores, espetos e outros elementos auxiliares se delimita unha superficie maior á ocupada por mesas e cadeiras, tomarase aquela como base de cálculo.
c) Os aproveitamentos poden ser anuais, cando se autoricen para todo o ano natural; e temporais, cando o período autorizado comprenda parte dun ano natural. Tódolos aproveitamentos realizados sen autorización administrativa consideraranse anuais.
Artigo 5.º .-Normas de xestión
1. As cantidades esixibles conforme ás tarifas liquidaranse por cada aproveitamento solicitado ou realizado e serán irreducibles polo período de temporada ou anual autorizado.
2. As persoas ou entidades interesadas na concesión de aproveitamentos regulados nesta ordenanza deberán solicitar, previamente, a correspondente licencia, realiza-lo depósito previo a que se refire o artigo 5.2 a) seguinte e formula-la declaración na que conste a superficie do aproveitamento e os elementos que se van instalar, así como un plano ou esbozo pormenorizado da superficie que se pretende ocupar e da súa situación dentro do municipio.
3. Os servicios técnicos deste Concello poderán comprobar e investiga-las declaracións formuladas polos interesados, concedéndose as autorizacións de non atopar diferencias coas peticións de licencias; se se desen diferencias, notificaranse estas ós interesados e efectuaranse, se é o caso, as liquidacións complementarias que procedan, e concederanse as autorizacións unha vez subsanadas as diferencias polos interesados e, de se-lo caso, realizados os ingresos complementarios que procedan.
4. No caso de denegarse as autorizacións, os interesados poderán solicitar a este Concello a devolución do importe ingresado.
5. Non se consentirá a ocupación da vía pública ata que se teña aboado o depósito previo a que se refire o art. 5.2 a) seguinte e teñan obtido os interesados a correspondente licencia. O incumprimento deste mandado poderá dar lugar á non concesión da licencia,sen prexuízo do pagamento do prezo público e das sancións e recargos que procedan.
6. Unha vez autorizada a ocupación entenderase prorrogada mentres non se acorde a súa caducidade pola Alcaldía ou o interesado presente baixa xustificada ou os seus lexítimos representantes, no caso de falecemento.
7. A presentación da baixa producirá efectos a partir do día primeiro do período natural de tempo seguinte sinalado no epígrafe da tarifa que corresponda. Sexa cal sexa a causa que se alegue en contrario, a non presentación da baixa determinará a obriga de continuar aboando a taxa.
8. As autorizacións terán carácter persoal e non poderán ser cedidas ou subarrendadas a terceiros. O incumprimento deste mandado dará lugar á anulación da licencia.
Artigo 6.º .-Obriga de pagamento
1. A obriga de pagamento da taxa nace:
a) Tratándose de concesións de novos aproveitamentos da vía pública, no momento de solicita-la correspondente licencia.
b) Tratándose de concesións de aproveitamentos xa autorizados e prorrogados, o día primeiro de cada un dos períodos naturais de tempo sinalados nas tarifas.
2. O pagamento da taxa realizarase:
a) Tratándose de concesións de novos aproveitamentos, por ingreso directo na Tesourería municipal ou onde establecese o Concello, mais sempre antes de retirar a correspondente licencia.
Este ingreso terá carácter de depósito previo, de conformidade co disposto no art. 41.1 da citada Lei 39/1988, e quedará elevado a definitivo ó se concede-la licencia correspondente.
b) Tratándose de concesións de aproveitamentos xa autorizadas e prorrogadas, unha vez incluídas nos padróns ou matrículas desta taxa por anos naturais, nas oficinas da Recadación municipal, desde o día 16 do mes de xaneiro ata o día 15 do mes de febreiro.
Disposición final
A presente ordenanza fiscal, aprobada provisionalmente polo Pleno da Corporación na sesión realizada o 23 de decembro de 1998 e que quedou definitivamente aprobada con data 6 de febreiro de 1999, rexerá a partir da publicación do texto íntegro desta ordenananza e manterase vixente ata a súa modificación ou derrogación expresa.