Carral - TAXA POR OCUPACIÓN DE TERREOS DE USO PÚBLICO POR MESAS, CADEIRAS E OUTROS ELEMENTOS ANÁLOGOS CON FINALIDADE LUCRATIVA
ARTIGO 1º.- FUNDAMENTO E RÉXIME.
Este Concello, conforme ao autorizado polo artigo 106 da Lei 7/85 do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e dacordo co previsto no artigo 57 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba ou Texto refundido da Lei de facendas locais, establece a taxa pola ocupación de terreos de uso p¿bulico por mesas, cadeiras, tablaos e elementos análogos com finalidade lucrativa.
ARTIGO 2º.- FEITO IMPOÑIBLE.
1. Constitúe o feito impoñible da taxa a ocupación de terreos de uso público polos elementos propios da taxa, mesas, cadeiras, tablaos e elementos análogos.
ARTIGO 3º.- SUXEITOS PASIVOS.
Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, así coma as herdanzas xacentes, comunidades de bens e demais entidades que, carentes de personalidade xurídica, constitúan unha unidade económica ou un patrimonio separado susceptible de imposición, que se beneficien da ocupación.
ARTIGO 4º.- RESPONSABLES.
En materia de responsabilidade aplicaranse os artigos 42 e seguintes da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.
ARTIGO 5º. TARIFAS.
A cota tributaria consistirá na cantidade resultante de aplicar a tarifa recollida no seguinte cadro, de acordo cos conceptos e importes nel establecidos e atendendo á zonificación do viario municipal.
ZONA | IMPORTE TAXA MENSUAL |
Núcleo Carral | 1 euro por metro cadrado |
Tabeaio | 0,50 euros por metro cadrado |
ARTIGO 6º. - EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS.
Non se recoñece exención ou bonificación algunha, agás as expresamente previstas en normas con rango de Lei e as derivadas da aplicación de Tratados internacionais.
ARTIGO 7º.- DEVENGO.
A obrigación de contribuír nacerá pola ocupación do dominio público local, autorizada na correspondente licenza ou desde que se inicie o aproveitamento, se se produciu sen a oportuna autorización.
ARTIGO 8º.- NORMAS DE XESTIÓN E LIQUIDACIÓN.
O tributo liquidarase por cada aproveitamento solicitado e conforme ao tempo que o interesado indique ao pedir a correspondente licenza.
As persoas naturais ou xurídicas interesadas na obtención dos aproveitamentos regulados nesta ordenanza, presentarán no concello solicitude detallada da súa natureza, tempo e duración destes, lugar exacto onde se pretenden realizar, sistema de delimitación e en xeral cantas indicacións sexan necesarias para a determinación do aproveitamento desexado.
Coa solicitude de licenza abonarase en concepto de depósito a cantidade resultante de aplicala tarifa. No caso de concederse a licenza o depósito será considerado pago da taxa, en caso contrario o solicitante pode esixir a devolución do mesmo.
Cando se realicen aproveitamentos sen licenza ou excedendo do autorizado, se practicarán de oficio as liquidacións que correspondan e se imporán as sancións que procedan. O pago da taxa non supón a adquisición do dereito a realizar o aproveitamento, podendo a administración municipal adoptar as medidas que procedan para evitar a continuación de aqueles que no poidan ser autorizados por non cumprir as condicións requiridas.
Esta taxa esíxese en réxime de autoliquidación.
ARTIGO 9º.- INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.
A calificación das infraccións tributarias e as correspondentes sancións rexiranse polo establecido nos artigos 183 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.
DISPOSICIÓN DERRADEIRA.
Esta Ordenanza, unha vez aprobada definitivamente polo Pleno da Corporación, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial Provincial.