Laxe - ORDENANZA FISCAL N.º 12, REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DE SERVICIOS CONSISTENTES NA UTILIZACIÓN DO POLIDEPORTIVO MUNICIPAL

Publicación provisional: 15/12/1998 BOP Nº: 286
Publicación definitiva: 15/12/1998 BOP Nº: 286
Aplicable dende: 01/01/1999

Artigo 1.º .-Fundamento e natureza.

En uso das facultades concedidas polos artigos 131.2 e 142 da Constitución e polo artigo 105 da Lei 7/1995, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de acordo co disposto nos artigos 15 ó 19 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa pola prestación de servicios consistentes na utilización do polideportivo municipal, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, aténdose as súas normas ó previsto no artigo 20 - apartado 1, letra B) e apartado 4, letra o), - e no artigo 58 da xa citada Lei 39/1988.

Artigo 2.º .-Feito impoñible.

Constitúe o feito impoñible da taxa a prestación de servicios consistentes na utilización do polideportivo municipal.

Artigo 3.º .-Suxeitos pasivos.

Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que sexan usuarios dos servicios do Polideportivo Municipal e as que resulten beneficiadas ou afectadas polos mesmos

Artigo 4.º .-Responsables.

1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.

2.-Serán responsables subsidiarios os Administradores das sociedades e os Síndicos, Interventores ou Liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.

Artigo 5.-Cota tributaria

As bases de imposición e tipos de gravame son os comprendidos nas seguintes tarifas:

 

EPÍGRAFES CONTÍA
1.-ACTIVIDADES DEPORTIVAS E COMPETICIÓN SEN EXP. BILLETES SEN LUZ PESETAS/HORA FRACCIÓN CON LUZ PESETAS/HORA FRACCIÓN
1.1.-ADESTRAMENTOS:    
- VECIÑOS, ASOCIACIÓNS OU CLUBES DO MUNICIPIO 350 500
- VECIÑOS, ASOCIACIÓNS OU CLUBES DOUTRO MUNICIPIO 350 1.000
1.2.-COMPETICIÓNS:    
- VECIÑOS, ASOCIACIÓNS OU CLUBES DO MUNICIPIO 350 600
- VECIÑOS, ASOCIACIÓNS OU CLUBES DOUTRO MUNICIPIO 1.500 2.000
2.-ACTIVIDADES DEPORTIVAS E COMPETICIÓN CON EXP. BILLETES SEN LUZ PESETAS/HORA FRACCIÓN CON LUZ PESETAS/HORA FRACCIÓN
- VECIÑOS, ASOCIACIÓNS OU CLUBES DO MUNICIPIO 1.500 2.000
- VECIÑOS, ASOCIACIÓNS OU CLUBES DOUTRO MUNICIPIO 5.000 5.500
3.-XIMNASIO PESETAS/HORA/PERSOA
- VECIÑOS, ASOCIACIÓNS OU CLUBES DO MUNICIPIO 100
- VECIÑOS, ASOCIACIÓNS OU CLUBES DOUTRO MUNICIPIO 200
4.-ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS PESETAS/ESCOLA/PERSOA
- VECIÑOS DO MUNICIPIO 1.300
- VECIÑOS DOUTRO MUNICIPIO 2.500
5.-ACTOS E ACTIVIDADES ALLEOS Ó DEPORTE, ORGANIZADOS POR PARTIDOS POLÍTICOS, SOCIEDADES E ASOCIACIÓNS DE TODO TIPO
- ATA 3 HORAS DE DURACIÓN: 3.500 PESETAS
- POR CADA HORA MAIS OU FRACCIÓN: 1.000 PESETAS
6.-FESTIVAIS E ESPECTÁCULOS ARTÍSTICOS DE CARÁCTER PROFESIONAL E EXTRADEPORTIVO: 5.000 PESETAS
- POR CADA HORA DE OCUPACIÓN OU RESERVA: 5.000 PESETAS
7.-ACTIVIDADES DE CARÁCTER ESPECIAL ORGANIZADAS POLO CONCELLO
- SEN TARIFA
8.-IMPARTICIÓN DE CLASES DE EDUCACIÓN FÍSICA POLOS COLEXIOS DO MUNICIPIO DURANTE A XORNADA ESCOLAR
- SEN TARIFA
9.-CELEBRACIÓN DE CAMPIONATOS ESCOLARES NOS QUE PARTICIPEN XOVES ESCOLARIZADOS NO MUNICIPIO
- SEN TARIFA

Artigo 6º . Exencións.

Non se concederá exención nin bonificación ningunha na exacción da presente Taxa, agás a prevista en normas con rango de lei ou as derivadas de aplicación dos tratados internacionais, resultando de aplicación, en todo caso, canto se dispón co artigo 9 da Lei reguladora de Facendas Locais.

Artigo 7.º .-Liquidación e recadación.

1.-Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se inicie a prestación do servicio.

2.-O pago da taxa realizarase por ingreso directo na Tesourería municipal.

3.-Este ingreso terá carácter de depósito previo, consonte co disposto no artigo 26.1.a) da Lei 39/1988, do 28 de decembro, modificada pola Lei 25/1988, do 13 de xullo, quedando elevado a definitivo ó concederse a licencia correspondente.

Artigo 8.º .-Normas de xestión.

1.-A utilización do pavillón polideportivo municipal solicitarase no modelo normalizado que se facilitará nas oficinas municipais.

2.-O inicio e duración de cada escola deportiva municipal anunciarase oportunamente nos lugares de costume, facéndose constar no anuncio as escolas deportivas que se ofertan e o seu posible horario,así como o prazo para a prestación de solicitudes de admisión ás mesmas.

Fóra do prazo que se estableza no anuncio, as persoas interesadas poderán presenta-las súas solicitudes de admisión, sempre e cando existan prazas na escola ou escolas deportivas por aquelas elixidas.

3.-Presentada a instancia no Rexistro Xeral co Concello, os interesados deberán ingresar o importe do depósito previo ó que se fai referencia no artigo 7.º . desta ordenanza, segundo liquidación que se practique pola Secretaría-Intervención á vista de dita solicitude.

4.-Rematado o prazo para a presentación de solicitudes de admisión ás escolas deportivas municipais, a Alcaldía aprobará a lista provisional de admitidos e excluídos, que se fará pública no taboleiro de anuncios desta corporación, concedéndose un prazo de cinco días hábiles, ós efectos de reclamacións, contados a partir do día seguinte a dita publicación.

Rematado dito período de exposición, a Alcaldía-Presidencia resolverá as reclamacións que se presentasen e aprobará a lista definitiva de admitidos e excluídos, elevando a definitivos os depósitos previos efectuados polos interesados. No caso de que non se presenten reclamacións, considerarase definitiva a lista provisional e elevaranse a definitivos os depósitos previos efectuados polos interesados.

5.-As persoas que presentasen as súas solicitudes de admisión ás escolas deportivas fóra do prazo fixado serán admitidas por resolución da Alcaldía, só no caso de que existiran prazas na escola ou escolas elixidas polos interesados, e previo cumprimento do requisito sinalado no punto 3 deste artigo.

Artigo 9.º .-Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que as mesmas correspondan en cada caso, estarase ó previsto nos artigos 77 e seguintes de Lei Xeral Tributaria e disposicións concordantes.

Disposición adicional.

Para o caso de que houbera varias peticións para un mesmo día solicitando a utilización do pavillón, seguirase o seguinte orde:

1.-Escolas deportivas municipais.

2.-Equipos federados do Concello.

3.-Equipos non federados do Concello.

4.-Deportes individuais practicados por veciños deste Concello.

5.-Equipos federados doutro Concello.

6.-Equipos non federados de outro Concello.

7.-Deportes individuais practicados por veciños de outro Concello.

En caso de coincidencia de prioridades terá preferencia a solicitude que teña entrada en primeiro lugar no rexistro xeral deste Concello, e así sucesivamente.

Disposición final.

A modificación da presente ordenanza fiscal que foi aprobada polo Pleno da Corporación na sesión do 21 de novembro de 2003, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e comezará a aplicarse a partir do 1 de xaneiro de 2004, continuando vixente en tanto en canto non se acorde novamente a súa modificación ou derrogación expresa. No caso de modificación parcial da ordenanza os artigos non modificados continuarán vixentes.