Laxe - ORDENANZA FISCAL N.º 12, REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DE SERVICIOS CONSISTENTES NA UTILIZACIÓN DO POLIDEPORTIVO MUNICIPAL
Artigo 1.º .-Fundamento e natureza.
En uso das facultades concedidas polos artigos 131.2 e 142 da Constitución e polo artigo 105 da Lei 7/1995, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de acordo co disposto nos artigos 15 ó 19 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa pola prestación de servicios consistentes na utilización do polideportivo municipal, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, aténdose as súas normas ó previsto no artigo 20 - apartado 1, letra B) e apartado 4, letra o), - e no artigo 58 da xa citada Lei 39/1988.
Artigo 2.º .-Feito impoñible.
Constitúe o feito impoñible da taxa a prestación de servicios consistentes na utilización do polideportivo municipal.
Artigo 3.º .-Suxeitos pasivos.
Artigo 4.º .-Responsables.
1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
2.-Serán responsables subsidiarios os Administradores das sociedades e os Síndicos, Interventores ou Liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5.º .-Bases de imposición e tipos de gravame.
As bases de imposición e tipos de gravame son os comprendidos nas seguintes tarifas:
Epígrafes | Contía | |
1.-Actividades deportivas e competición sen despacho de billetes | Sen luz euros/hora fracción | Con luz euros/hora fracción |
1.1.-Adestramentos: | ||
- Veciños, asociacións ou clubes do municipio | 3,30 euros | 4,20 euros |
- Veciños, asociacións ou clubes doutro municipio | 4,20 euros | 7,20 euros |
1.2.-Competicións: | ||
- Veciños, asociacións ou clubes do municipio | 3,30 euros | 10,20 euros |
-Veciños, asociacións ou clubes doutro municipio | 4,20 euros | 13,20 euros |
2.-Actividades deportivas e competición con venta de billetes | Sen luz euros/hora fracción | Con luz euros/hora fracción |
- Veciños, asociacións ou clubes do municipio | 12 euros | 15 euros |
- Veciños, asociacións ou clubes doutro municipio | 33,05 euros | 36,05 euros |
3.-Ximnasio | Non se aluga | |
4.-Escolas deportivas municipais | Euros/escola/persoa | |
- Veciños do municipio | 18 euros | |
- 2ª, 3ª, 4ª, actividade mesma persoa ou outro membro da familia | 14 euros | |
- Familia numerosa, 2ª e 3ª ... actividade mesma persoa ou outro membro da familia | 12 euros 1.ª actividade 10 euros 2.ª actividade 8 euros 3.ª actividade | |
- Veciños doutro municipio | 25 euros | |
- Ximnasio con monitor (3 días/semana) | 30 euros ano | |
5.-Actos e actividades alleos ó deporte, organizados por partidos políticos, sociedades e asociacións de todo tipo | ||
- Ata 3 horas de duración: 60 euros | ||
- Por cada hora máis ou fracción: 15 euros | ||
6.-Festivais e espectáculos artísticos de carácter profesional e extradeportivo | ||
- Por cada hora de ocupación ou reserva: 60 euros | ||
7.-Actividades de carácter especial organizadas polo Concello | ||
- Sen tarifa | ||
8.-Impartición de clases de educación física polos colexios do municipio durante a xornada escolar: | ||
- Sen tarifa | ||
9.-Celebración de campionatos escolares nos que participen xovenes escolarizados no municipio | ||
- Sen tarifa | ||
10.-Piscina municipal | euros/persoa/día | |
- Menores de 8 anos | 0,60 euros | |
- Maiores de 8 anos | 1 euros | |
10.1.-Abonos | 7 días | |
- Menores de 8 anos | 3 euros | |
- Maiores de 8 anos | 5 euros | |
15 días | ||
- Menores de 8 anos | 6 euros | |
- Maiores de 8 anos | 10 euros | |
30 días | ||
- Menores de 8 anos | 12 euros | |
- Maiores de 8 anos | 20 euros | |
Familias numerosas | 50% de desconto en cada modalidade de abono | |
11.-Publicidade estática en instalacións municipais | euro / m2 / mes | |
Publicidade permanente Material: (todala publicidade ten que estar realizada sobre un soporte) metacrilato, lona, taboleiro aglomerado, chapa, aluminio | 7 euros/m2/mes |
Nota: as familias numerosas terán que presenta-lo certificado de familia numerosa a hora de retira-lo abono.
Artigo 6º . Exencións.
Non se concederá exención nin bonificación ningunha na exacción da presente Taxa, agás a prevista en normas con rango de lei ou as derivadas de aplicación dos tratados internacionais, resultando de aplicación, en todo caso, canto se dispón co artigo 9 da Lei reguladora de Facendas Locais.
Artigo 7.º .-Liquidación e recadación.
1.-Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se inicie a prestación do servicio.
2.-O pago da taxa realizarase por ingreso directo na Tesourería municipal.
3.-Este ingreso terá carácter de depósito previo, consonte co disposto no artigo 26.1.a) da Lei 39/1988, do 28 de decembro, modificada pola Lei 25/1988, do 13 de xullo, quedando elevado a definitivo ó concederse a licencia correspondente.
Artigo 8.º .-Normas de xestión.
1.-A utilización do pavillón polideportivo municipal solicitarase no modelo normalizado que se facilitará nas oficinas municipais.
2.-O inicio e duración de cada escola deportiva municipal anunciarase oportunamente nos lugares de costume, facéndose constar no anuncio as escolas deportivas que se ofertan e o seu posible horario,así como o prazo para a prestación de solicitudes de admisión ás mesmas.
Fóra do prazo que se estableza no anuncio, as persoas interesadas poderán presenta-las súas solicitudes de admisión, sempre e cando existan prazas na escola ou escolas deportivas por aquelas elixidas.
3.-Presentada a instancia no Rexistro Xeral co Concello, os interesados deberán ingresar o importe do depósito previo ó que se fai referencia no artigo 7.º . desta ordenanza, segundo liquidación que se practique pola Secretaría-Intervención á vista de dita solicitude.
4.-Rematado o prazo para a presentación de solicitudes de admisión ás escolas deportivas municipais, a Alcaldía aprobará a lista provisional de admitidos e excluídos, que se fará pública no taboleiro de anuncios desta corporación, concedéndose un prazo de cinco días hábiles, ós efectos de reclamacións, contados a partir do día seguinte a dita publicación.
Rematado dito período de exposición, a Alcaldía-Presidencia resolverá as reclamacións que se presentasen e aprobará a lista definitiva de admitidos e excluídos, elevando a definitivos os depósitos previos efectuados polos interesados. No caso de que non se presenten reclamacións, considerarase definitiva a lista provisional e elevaranse a definitivos os depósitos previos efectuados polos interesados.
5.-As persoas que presentasen as súas solicitudes de admisión ás escolas deportivas fóra do prazo fixado serán admitidas por resolución da Alcaldía, só no caso de que existiran prazas na escola ou escolas elixidas polos interesados, e previo cumprimento do requisito sinalado no punto 3 deste artigo.
Artigo 9.º .-Infraccións e sancións.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que as mesmas correspondan en cada caso, estarase ó previsto nos artigos 77 e seguintes de Lei Xeral Tributaria e disposicións concordantes.
Disposición adicional.
Para o caso de que houbera varias peticións para un mesmo día solicitando a utilización do pavillón, seguirase o seguinte orde:
1.-Escolas deportivas municipais.
2.-Equipos federados do Concello.
3.-Equipos non federados do Concello.
4.-Deportes individuais practicados por veciños deste Concello.
5.-Equipos federados doutro Concello.
6.-Equipos non federados de outro Concello.
7.-Deportes individuais practicados por veciños de outro Concello.
En caso de coincidencia de prioridades terá preferencia a solicitude que teña entrada en primeiro lugar no rexistro xeral deste Concello, e así sucesivamente.
Disposición final.
A presente ordenanza entrará en vigor o 1 de xaneiro de 1999, permanecendo vixente ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.
Esta ordenanza foi publicada no Boletín Oficial da Provincia número ..., de data ... de ... de ...